O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 24, 2013

BILLARDA...VIVA A SOCIEDADE ALTERNATIVA!!

















Fai tan só uns días Bruce Springsting estivo actuando en Sâo Paulo e ceibou ó igual que fixo anteriormente en Chile cun tema de Victor Jara un brutal cover do mítico estalo do deus do rock brasileiro Raul Seixas , o Boss sempre gostou de misturarse e mergullarse na cultura do sitio no que toca, dende aquel espectacular e improvisado set acustico nas rúas de Dinamarca ate os días de hoxe executando temas dos grandes referentes locais con pegada internacional. E isa mesma filosofía é a que guia as navallas do Boss da Billarda , de Nova Iersei a Tapia hai un treito pero faise moito máis curto escoitando a Springsteen e golpexando nas  Billardas-Bonito, as espectaculares novas creacions coas que Muriego celebra o incio de tempada na Conf. NorLeste coas que a súa equipa , oficialmente declarada Equipa Carnelao na competicion ,  agarda levarse o Bonito e todo o que se poña diante nisa de seguro xornada máxica en Burela.




















E uns veciños do Boss van estar tan só unhas horas antes quentando o ambiente , será o venres cando do universo Liriu cheguen a Burela para descargar sobre as táboas do Xebra as explosivas caixas de Bonito-punk os Infeccion de Navia acompañados de "Alvarito" cantautor protesta de Pola de Siero. Afía as billardas e prepara o curricán !!