O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 25, 2013

BRUTAL ANTI-ROLDA DE PRENSA E CARREIRIÑA BILLARDEIRA NO MERCADO DE RIBADEO!!

















Espectacular impulso co que a serpe multicor da Norleste está artellando o seu explosivo arrinque de tempada . Unha tempada que será a 9º edicion da liga regular da LNB que foi naturalmente nista Conferencia Mae na que se sementou o inxerto billardeiro que medra hoxe en todo o país adiante incluida a nosa irmán conferencia andaluza. Impactante imaxe dos activistas LNB na anti-rolda de prensa disertando sobre o presente , futuro e pasado dun gran proxecto global billardeiro que iste venres vai invadir de novo a contracapa da Mariña do Progreso , un dos espazos mediáticos que sen dúbida foron claves para o gran big-bang billardeiro que deu orixe á estructura e dimensión nacional e internacional que hoxe ten a Liga Nacional de Billarda.

















Mais non todo quedou ahí , despois de atender ós medios os activistas da LNB decidiron realizar a 1º Carreiriña Billardeira e percorreron o ateigado mercado e as rúas de Ribadeo amosando ós incrédulos viandantes as lengüetas cos cartaces do gran Aberto do Bonito en Burela co que se incia a accion na Conf. NorLeste e da festa posterior co concerto de Ex-Tension Agraria e o Komandante na Sala Xebra . Daniel de BM e Nacho de ExTension Billarda os dous creadores distas auténticas obras de arte en formato cartel que foron exibidas sen complexos a un público que pide billarda a berros. E se queredes velas expostas están á vosa disposicion nas mesmas lengüetas no Bar Amodiño de Ribadeo  ...Non te escondas , dá a cara , sen creativo e xoga á billarda!!