O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 23, 2013

BURELA NORLESTE_2013/14 ....CARABULLOS POLO MAR E BONITOS POLO AR!!














BURELA 28 DE SETEMBRO .... NAIDE PODE FALTAR Á GRAN LONXA BILLARDEIRA QUE ISTE SÁBADO VAI CONVERTER O VILA GALAIKO-CABO VERDIÁ DA MARIÑA DE LUGO NO GRAN EPICENTRO MUNDIAL DA BILLARDA E DA MÚSICA INDÍXENA . O PEIRAO DE BURELA SERÁ O LUGAR ELEXIDO PARA A GRAN POSTA DE LONGO NA CONFERENCIA NORLESTE E O CENTRO SOCIAL XEBRA A TAN SÓ UNS METROS DA PISTA XOGO O TEMPLO NO QUE OS PALANADORES E PALANADORAS CONVOCARÁN ÓS ANTI-DEUSES INDÍXENAS PARA OFRECER O BONITO DOADO POLOS IRMÁNS DE BURIL 
















Os bonitos viven en augas cunhas temperaturas medias de entre 14 a 20 graos , un paraiso se o comparamos coas xeadas que xa está a soportar nas mesmas portas do autorno o gran planador dos Carabull@s Tino que se atopa de novo en Beltfast , enfundado na camiseta dos Ex-tension Agraria , preparando o novo asalto da Auténtica no Ulster e que seguirá as evolucions da súa equipa na arrinque de tempada polo referencial web-blog da súa equipa , da súa conferencia , polo f- do Varal e tamén polos comentario no anti-Punto Pelota de IrmandadeTV. Con Xavi de Gharabotos arrasando iste pasado sábado na Praza do Mar de San Xenxo no 2º aberto puntuábel da Conf. RíasBaixas , as brosas afían as billardas para asaltar o pódium situado no peirao de Burela...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!