O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 11, 2013

ISTE DOMINGO EN REMOURELLE ENCADÉATE A CALVETE!!














Unha vez máis a LNB racha os aramios de espiños na Galiza para unír o seu poderoso gran de area nun outro páis chamado Catalunya que espanta as panatamas cos paláns e aporrea coas billardas de bélits as portas da soberanís real. Espectacular imaxe do estand en Barcelona dos irmáns de @ACGGcn que en plena boráxine de encadeamentos nista Diada13 ceiban á brisa do mediterraneo os productos da resitencia galega , á fronte Suso López palanador dos Remourelle Bulls e membro do Clube de Anti-fan dos Ex-Tension Agraria que se viste coa camiseta do grupo insignia do Rock Indixenista Galego .














De seguro que ista marabillosa visión dos paláns de billardas da LNB presidindo o stand da  @ACGGcn  en Barcelona non podería ter sido posíbel de non ser da forza e paixón que o gran referente Calvete nos transmitíu a toda a serpe multicor , é por elos que iste domingo a Conferencia Norleste , tamén coñecida coma conferencia Papae en homenaxe a Calvete , vai celebrar en Remourelle unha nova edicion do Aberto do Vermú ( II MEMORIAL CALVETE ) , unha data de respeito absoluto polo gran lider e festa para entre todos os activistas da NorLeste impulsar o inidio dunha nova tempada regular. A folla de ruta da xornada é 13:30 Xuntanza para calendario e normas 2013-14 cun vermú polo medio na Taberna de Lola (Remourelle)  - 14 h. Xantar de Irmandade do Año Mouro da LNB ( confirmar asistencia  / 607.630364 ) e polas 16:30 h. Aberto de Billarda " II Memorial Calvete " na pista polideportiva de Remourelle. Calvete Sempre , Adiante co Varal!!