O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 27, 2013

PARCELARIA NOM , CABO VERDE SEMPRE...ADIANTE OS AIRIÑOS MAREIROS DE MARÍN , PRAIA , BURELA E CÁDIZ!!






















E chegou o gran día , Burela é o sitio as 16 h. a hora , todo listo no Peirao para que as billardas bruen no ar coma os bonitos no espectacular collage artistico que Daniel realizou para o cartaz anunciador do primeiro Aberto puntuábel da tampada na Norleste. Como se anuciou polo Varal-Facebook , en caso de chuvia extrema a sepre multicor transladarase ó Pavillon do Colexio dos Castros.


















Mais non será o único facho billardeiro que isa tarde laumeará Burela , no lusc e fusco xa dentro do C.S Xebra no corredor da Figueira realizarase un explosivo Abertinho de Irmandade Gz-Cabo Verde cuxo campión ou campioa recibirá unha botella de Grogue ( Ron Cabo Verdian ) .
















Unha vez desputado o Abertinho do Grogue co pulso xa a mil proxectarase na sala de concerto o video "O Gran Estalo de Burela a Cabo Verde" a história dunha billarda golpexada en Burela que aterra en Cabo Verde. Un brutal sucesso que abrirá os peitos para que os indíxenas de Ex-Tension Agraria tomen o esceario no arrinque dunha noite que de seguro será máxia cuxo broche de ouro porá o Komandante, o anti-bluesman de Fazouro que non vai deixar indiferente a naide...


















E o domingo a loita billardeira continúa e faino nise paraiso terral chamado Toxo Verde de Cádiz xa que arrinca tamén a competicion regular na referencial Conferencia Andalucía que terá ademáis unha espectacular banda sonora que poderás sentir se acendes a radio sintonizando o mítico lume na palleira . Alí estarán Luis Camiña e Gelín falando apartires das 17 , pon a roda na Radio Galega Música e dálle voz ó transistor porque por alí sairán as míticas agrupacions dos anos 60 Airiños Mareiros e a Banda de Gaitas Os de Marín....Billarda Sempre , Adiante Airiños Mareiros  de Marin , Burela e Cádiz!!