O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 10, 2013

XOGA Á BILLARDA...ATRÉVETE A PROBAR UN DEPORTE QUE TE FAI DIFERENTE!!



































Son vairos os palanadores e palanadoras que iste 11S estarán formando parte da cadea humana que percorrerá catalunya de punta a punta , paláns e gadañas unidas formando un todo pola lexitimidade dos pobos a decidir libremente o seu futuro , unhas gadañas e paláns que estiveron acariñando a pedra de afiado iste luns nun dos actos máis salvaxes que se celebraron na mariña de lugo en moitos anos . Un luns , unha banda de punk chegada de Barcelona e un centro social Xebra de Burela sedento de watios , berros e billarda , un coctel molotov que deixou pegada no subconsceinte colectivo de todos os aforutanad@s que estiveron alí suando e bailando coa intro do Fari e as brutais embestidas dos Mandanga!!

















Os Xebr@s non quixeron deixar pasar a oportundade de tornar para a casa cunha K7 , un cd atoeditado e reciclado polo mesmo grupo ou vestir unha das camistas da banda coa que recordar sempre iste máxico luns que congregou á raiba e á paixón desmedida baixo a sombra imposíbel da figueira.

















Comezou o concerto co tsunami do anti-cantautor Aitor Nieve , temas adicados ós cans policía , á necesidade de xuntarse para odiar a xente en comun...un espectacular abano de hits que rematou cunha actuacion de uns 20 minutos e a guitarra coas coardas rotas e coa pastilla de amplificado polo chan mais amosando un espectaular poder de atraccion xa que vendou tres copias dos seus CDs autoeditados por el xusto ó retame do seu pase. Pese ás encendiadas peticion de " outra " Aitor co instrumetal abatido pola batalla decidíu sentarse e ós mandos da batería preparar o arrinque de Mandanga! , banda da que el tamén forma parte.















Non houbo mellor xeito para agardar o concerto da banda catalá que coller os paláns e billardas cos que a equipa LNB Xebra adestra e comezar a darlle uns golpexos ante os aplausos dos siareiros que agardan xa con entusiasmo o inicio de tempada iste 28 de setembro na mesma Burela. Silencio tenso diante do esceario , soaba un sampler do Fari e despois ...Mandanga! - Non foi nen media hora , os cataláns dérono todo nun concepto musical que arrinca chantos en todas as direccions ...Pero máis ca un grupo en si, a propsta totalmente rachadora é a de Xebra e a de toda a xente que forma parte disa marabillosa trama, os Mandanga iste martes esta´n na Gentalha en Compostela e despois segurn ruta na súa xira galáctico-peninsular. Xoga é billarda e fala coa xente, porque non están os tempos para deixar pasar istas oportunidades...Dálle Mandanga , Sen Diferente!!

1 Comments:

  • At 5:13 PM, Anonymous Anônimo said…

    Gracias por este post y por acogernos tan maravillosamente en Burela.
    Esperamos volver pronto y poder darle al licor-cafe un poco mais!

    un abrazo!
    Marc (Mandanga!)

     

Postar um comentário

<< Home