O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 16, 2013

A ANTI-GUAGUA DE EX-TENSION, CARNELAO E DA LNB...UN VERME QUE SE CONVERTE NUNHA AVELAIÑA NA BUSCA DA LUZ!!
















Ö remate do xa mítico primeiro concerto de Ex-Tension Agraria no Rockuncho de Ribadeu , un activista Carnelao achegouse a un dos membros da banda indíxena e entr egrolos e petiscos de ar cometou emocionado..a LNB recupereou a Billarda e agora con iste grupo ides recuperar o Bravú!! E rumbo á salvacion dixíxese pois a Anti-Guagua que partirá iste vindeiro sábado 2 novembro dende Ribadeo ate Chantada con Ex-tension Agraria e os Anti-Fans que queiran compartir e desfrutar dista expereicia única de salvacion indíxena . A saía será entorno ó medio día para no caso que se confirme realizar o xantar de irmandade Carnelao e posteriormente dirixirse á desputa do Aberto de Billarda que iste ano posíbelmente se realice na Praza do Cantón no corazón da zoa vella chantadina no epicentro ademais do percorrido cantos de taberna , e o retorno da Anti-guagua será ó remate dos concertos que arrincarán con Ex-Tension Agraria riba do esceario.



















É o momento, aquí e agora. Tomemos o testigo! O Castañazo 2013 comezou realmente iste pasado luns coa reafirmacion do xurado á vontade popular  e continuará a xestarse iste sábado no de seguro multitudinario Aberto da Terra Non se Vende da Ponte de Outeiro ( Muimenta ) coordiando polos referenciais carabullo , a Terra xa ferve agardando ás novas franquicias que como os Cruzados da Chainza van debutar na pista de herba ceive , un berro o dos nosos paláns que van por a banda sonora ó espectacular percorrido histórico que o gran palanador e activista total Ismael Outeiro realizou no brutal artigo "Que se repita a história ...Volve o bravú" Fai uns anos. Ismael formou parte da equipa Madia-leva en furgo-ambulancia  que chegou a Mongolia , iste sábado estará co carabullo preparado para xestar iste referencial Aberto e xestionar os pasaxes da metamorfose do verme en avelaiña ...