O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 22, 2013

CONTRA OS TABÚS NO DESPORTO E NA LITERATURA...ADIANTE A LNB E A CANDIDATURA CARVALHOCALEIRIANA PARA AS LETRAS GALEGAS!!


















Parello ó descurrir do Aberto da terra Non se Venda ista pasad o sábado en Outeiro , varios palanadores decidiron apoiar o berro co seu palán que os irmáns de Artabria levan reivindicando dende xa hai varios anos , Día das letras galegas para Carvalho Calero xa!! . Nun intre ademáis no que a polémica sobre as medidas de billardas e paláns utilizadas polos planadores e palanadoras na NorLeste voltan a saltar á palestra , a LNB sen dúbida recrudecerá na pista de xogo os controis de medias do materail utilizado ó par que exixirá como amosa Martinho dos Remourelle Bulls á RAG a figura do profesor Carvalho coma homenaxeado no días das letras 2014.



Simultáneo ó abrazo ó Carvalho , na Conf. Rías Baixas desputábase un novo Aberto puntuábel no Parque Eguren de Marin. Aquí un espectacular video-estalo resume da xornada guindado no seu web-blog oficial.


















No anti-fotokol pro Carvalho coordianado polo Varal.Facebook participou o mesmísmo campion actual da Norleste que ña postre foi tamñen o campión do Aberto de Outeiro , Charly compartíu Carvalho con Joam de Madia-Leva que estreábase maxistralemente na competicion niste multitudinario torneo.




















Iste luns facíase público a nómina de profesor@s que imparirán aulas na Universidade Rural de Barreiros , Xosé de Tropa Lixeira que posou a prol da inciciativa Carvalho da LNB, ó gual ca Suso dos Remourelle Bulls e Bernardo de Xebra formarán parte do profesorado da UR donde por desfraza existe analoxía co resto das univerdiades galegas que marxinan sistematicamente a Semente Billardeira.



















E outros que arrimarion o palán ó Carvalno en apoio da candidatura ó profesor ferrolán foron membros de Ex-trension Agraria , falta lles fará toda a forza e sabedoría do autor de Vieiros para afrontar o reto brutal de rachar o xeo no esceario do Castañazo Rock 2013...Carvalho Sempre, Adiante co Varal!!