O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 30, 2013

DAS PISTAS DA LNB ÁS FERVENZAS DO ROCK GALEGO, "CORZO-BOI" , O SER MITOLÓXICO DO PUNK-ROCK INDÍXENA IRROMPE EN ESCEA DA MAN DE EX-TENSION AGRARIA!!













[ Pintura : Luis Pirucha ] - Cando a LNB decidíu dar un firme paso á fronte apostando pola Coroza coma inequívoco simbolo da máxima gloria que un palanador ou palanadora pode obter no brutal contexto billardeiro moi poucos ou mais ben naide podía imaxinar que das pistas da LNB o poder da coroza se transladaría ás fervenzas da música galega do século 21 , activistas do palán abrazan sen temor o imaxinario colectivo que se acocha baixo as xestas para artellar un pleninurio ser , Muriego , artista total e indíxena dos Remourelle Bulls é a constelacion da cal surxíu o que só uns privilexiados ollos van poder ver iste sábado ás 21 h no mercado gandeiro de Chantada. Ex-Tension Agraria chega ó Castañazo non para pasar unha tarde senón para marcar un punto de inflexión cunha infernal e alebrestrada opa hostil ó entramado do Rock Galego...Demos , trasnos , Meigas , lobishomes , chucabras, mouras , corvos, urcos e avelaiñas...todos istes seres da mitiloxía galega confúen na arrepiante figura do CORZO-BOI , a metástese billardeiro-carnelao que ó carón dos Gadanheiros no esceario do Castañazo vaise abrir paso entre as trebas para escupirche na cara e activar o teu sentimento indíxena ...PARCELARIA NOM, CORZO-BOI SEMPRE!!