O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 08, 2013

DESPOIS DO SUR SÁE Ó FACEBOOK O ESPAZO DA CONF. MAE E FAINO ESTABLECENDO IMAXE CORPORATIVA PARA TODA A MARCA LNB!!











O incendiario arrinque de semana veu alumeado pola brutal irrupción na rede do espazo facebook da Conferenia Sur, un instrumento que de seguro vai darlle moita axilidade e dinamismo á tribo Pincha que iste sábado en Bueu vai ter o seu arrinque. E foi a embestida do gran boi da Chega Carnelao o que acendeu a chama para que tremera a terra na leira da mesmísima Conferencia Mae que despois do seu impactante arrinque en Burela bótase tamén con espazo oficial na república fo "f azul" e faino cunha espectacular imaxe corporativa amosando as equipas participantes sobre nun fondo negro de plastico de silo. Con ista incorporacion todas as conferencias teñen xa o seu espazo facebook , estase tentando que todas elas amosen a mesma imaxe corporativa polo que os coordinadores de conferencia que envíen un correo cos logos das equipas participantes para que dende a oficina de Anti-deseño do Varal se poida facer o plego de portada >> nacho.eiros@gmail.com 













Un facebook que istes días funga como un porco bravo co narigón posto para que os indíxenas de Ex-Tension Agraria invadan o festival Castañazo Rock de Chantada coma banda emerxente , o grupo formado nas pistas da LNB cuxos membros son todos palanadores alineados en varias equipas da Conferencia Mae está a lideras a listaxe de "Gustames" nengun palanador ou palanadora da LNB pode quedar fóra do apoio porque apoiar a Ex-tension é apoiar a filosofía da LNB , ate iste xoves ás 18 h podes darlle ó "Like" ... o gran reto agora é acadar os 1.000 para que o xurado sinta o alento.dos paláns e das billardas na caluga!!