O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 14, 2013

IMPRESIONANTE CAMPAÑA EX-PANSIVA DE BILLARDA , ROCK E EX-TENSION!!
















Iste sábado a tribo estornela estreaba espazo na piste de Boqueixón ó carón do Bar Portugués , un Aberto puntuábel no que venceu e convenceu a forza emerxente das palanadoras da LNB , Raquel de Furabolos asaltou o máis alto do pódium coma mesma forza que tan só uns poucos km da pista de e tan só unhas horas mais tarde activistas da LNB acompañados por palanadores tamén da Conf. Centro se abalanzaban sobre todo ser vivinte no festival Trazo Rock para esixir e ó xurado do Castañazo Rock a eleccion de Ex-tension Agraria para encabezar o explosivo cartaz diste 2013.



















Porque no esterco nacen as mellores flores ...en todos os Abertos da LNB iste fin de semana foi un brutal estrondo que acompañou ó golpexar da madeira contra a madeira a esixencia do Castañazo Rock Indíxena, para mostra a impactante imaxe dos 13-14 sostendo na man a imaxe de Carnelao e de Ex-Tension Agraria.



















Non será na sintonía dise pozo mouro de sons que chamamos radio galega a que déa a gran nova no caso que os Ex-Tension sexan os elexidos para asaltar ó esceario e realizar a súa chuvia de óso de churrascos , senón que serán os irmàns da Radio Música en Galego , emisora oficical da LNB , os que transmitan a terríbel nova nova ó mundo atraveso da súa emisión dixital de música en galego 24 h. ó día.














Brutal a imaxe da posíbel cartaz oficial do Castañazo 2013 xa rotulado e sostido polos irmáns John Deeres...medo , pánico , terror ante un posíbel futuro Castañazo Indíxena!!