O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 28, 2013

NUNHA MAN A NAVALLA DA PONTENOVA E NA OUTRA A DE TARAMUNDI ...A AUTÉNTICA ÁRMASE PARA O 30 DE NOVEMBRO RECUPERAR A COPA CANTÁBRICA!!

















Espectacular análises nos diferentes espazo facebook da rede billardeira , da pota fervendo que describe o face-oficial da NorLeste aferruado o lume polas estelas en forma de atinadas declaracións de Marcos dos Bulls no tocante ás máis que polémicas estratexias de alguns palanadores para acadar os plenos nas 10 carreiras á publicacion no face-oficial da Conf. Sur do calendario refererido a novas xornadas puntuábeis para o ano 2014. Un bombazo de ledicia inmensa que planadores da Sur coma Chefa e Manuel Outeiro transladaron á praza do Fornos da Pontenova., un emprazamento brutal que á par de celebrar novos emprazamentos billardeiros no hemisferio Sur coma A Guarda deu pé para aproveitando o achegamento xeográfico co país asturiano confirmar para o vindeiro 30 de Novembro a desputa da nova edicion da Copa Cantábrica en Piedras Blancas mentras que moi preto da Pontenova se pechaba a primeira gran accion billardeira conxunta entre a LNB e o CNL no tan desexado Aberto de Taramundi que non ten data concreta mais si espazo , será no brutal marco do complexo rural das Veigas donde dende fai centos de anos un cabozo galego e horreo asturiano se desafían .Chegou pois a hora ... nunha man a navalla da Pontenova e na outra a de Taramuindi!!