O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 21, 2013

POBO QUÉ CARALLO ESPERAS?? , TRANSMUTA , COLLE O CARABULLO E ADIANTE CO VARAL!!


















Sementes de victoria en cada varado indíxena , a LNB reivindízase en cada Aberto e faino parello ó amor e respeito á terra que pisa ó ar que respira, foi ista nova accion celebrada iste sábado na Ponte de Outeiro en Muimenta donde se constatou a ecuacion brutal que fixo xermolar fai un tempo nas pistas da LNB a Ex-Tension Agraria a banda de Punk-Rock Indíxena que iste vindeiro 2 de novembro estará en Chantanada asaltando o esceario do CastañazoRock grazas ó impulso dos paláns da LNB , das figueiras e das esculturas atoxestionadas dos Carabullo e naturalmente ó espírito indomábel e Resistente do Gardarríos presente cada acorde imposíbel do grupo de Bretonha.

















Ó mediodía as Maulas de Mondoñedo amiazaban chuvia como acontecera o día anterior na ciade do Rei das Tartas , o suspensión dos concertos do venres nas San Lucas pula chuvia inxectabas a besta que a LNB leva dentro para superar calquera adversidade metereolóxica e abrazar a lóxica de desputar o Aberto nun marco tan potente e brutal como o do Campo da Festa de Outeiro donde ó final se celebrou o embite.

















Un embite que algun palanador utilizou para estear as espectaculares sudadeiras da Universiaade Rural de Barreiros , Xose de Tropa Lixeira lucia explandoroso e comantou polo miudo os pormeros dista gran iniciativa posta en marcha polos compañeir@s de Ollomao , a sociacion con sede en Celeiro de Mariñaos é a que xestona e coordiana ista gran proxecto ubicado na antiga Escola de Celeiro que ten a todo o país cos ollos chantados e para o cal a LNB ten a Tonho Randeeira coma catedrático billardeiro á disposicion do comité universiatario para cando así o estimen oportuno comezar a repartir paus entre os alumnos e alumnas nas Sementes Billardeiras da Universidade Rural.

















E simuláneo á deputa do Aberto da Terra Non se Vende de Outeiro en Vigo elexíanse os premios da Crítica de Galizia 2013 cuxo galardón na cetegoría de poesía recaeu na obra "Transmuta" creada por ise gran referente billardeiro chamado Xabier Cordal . Transmuta cando se editou chegou ás pistas da LNB e dahí ós premios nacionais , ás billarda cárgaas o diaño polo que de xeito alebrestrado varios palanadores e palanadoras arrimarion os seus paláns ós carballos ó carón da pista para reivindicar o día das letras para Carvalho Calero. Atencion ó impactante fotocol apoiando a candidatura de Caravalho que vai estoural no VaralFacebook.


















E quen se reivindicaron dun xeito pleno e total foron os palanadores locais, nistes dous primeiro Abertos da Norleste pleno de presenza chairea no máis alto do podium. En Outeiro Charly de Carabullo acadou a victoria acompañado no pódium por Kiko de Cadaval e Noé de Troitas Bravas , premio tamén para a mellor equipa que fai para os lokais Carabullo . Segue a raibosa actualidade no facebook da Norleste e no da Conf. Rías Baixas donde iste sábado a tribo Lipi Lape voltou tomar Marín- Pobo que esperas , Transmuta e adiante co Varal!!

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home