O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 18, 2013

30.000 NEN@S VÍTIMAS DO DESAFIUZAMENTO DEPORTIVO DA XUNTA ...NON CHOREDES XOGADE Ó FUTBOL GAÉLICO E Á BILLARDA!!
















Cando un tifón en Flipinas ou na Galiza marcha  representado pola LNB está en marcha non hai pavillón nen pabellón en Bayona ou Baiona que poida resistir o trebón, de pronto xa se levou por diante  30.000 nen@s que formaban parte do entramado do futbol base galego  ó que a xunta paralizou a competicion por mor da negativa a custear o seu seguro validaba a súa competencia

















E mentras deportes coloniais e represivos coa cultura galega coma o futebol esmorecen ....a billarda e toda a súa bola de lume contra-cultural que envolve cada a aberto continúa a medrar e facerse mais potente en cada recuncho do país como aconteceu o pasda sábado en San Miguel de Reinante donde setenta palanadores e palanadoras invadiron o pavillón da vila para desputar o xa mítico Aberto de Flores donde ó carón do carismático e referencial selecionador nacional estivo tamén a mítica Carmiña desfrutando dun Aberto no que os Billardeiros Musicais pasaron o rodillo para facers cun pleno no pódium presidido por Mrkitos que recollou o espectacular Xamón de Flores custodiado por Geni e Coedo respectivamente.


















E como sóe pasar nistes fervedoiros de paixón mentras as billardas bruaban as cabexiñas traballan tan rápidas e precisas coma as mans do palanador Dominicano-Galego da Ekipa Bítere Michael Matos que foi quen artellou o espectacular modelo de Galadnha Móbil desmontábel para que os gadanheir@s de Ex-tension Agraria poidan sempre abrir os concertos dista impactante banda indíxena de PunkRock xermoalada nas pistas da LNB.


















Acudirá algun día Ex-tension Agraria coas gadanhas de Michael ó plató do Luar apresentar os seus incendiarios temas? iso non se sabe , o que de momento si se puido escoitar foi o paso venres o anuncio da festa dos callos no que o gran Aberto puntuábel da Conf. RíasBaixas estaba inmerso , un sucesso brutal que tivo o seu desenlace na listaxe de clasificados que tendes diante dos fuciños.

















E despois dos Callos rebaixar a tripada ó día seguinte no Aberto de Salcedo , alí a gran palandora e cociñeira Bero puxo a tixela a funcionar e a lume lento fíxose co triunfo na clasificacion absoluta amosando unha vez máis a potencia e precision das palanadoras da LNB.

















E para ises 30.000 nen@s que choran porque non teñen fútebol pola incompetencia do governo galego , que non se preocupen que collan o palán e xoguen á billarda e se teñen mono que faigan coma Marta a palanadora do faisca que estivo en San Miguel no Aberto de Flores e que iste semana xa se incorpora ó adestramentos de futbol gaélico da franquia viguesa, unha equipa ademáis adestrada por un dos grandes da LNB Rubérn Otero....Contra o desafuizamento desportivo futbol gaélico e billarda!!