O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 06, 2013

CONTRA A PROHIBICIÓN DO TRÁFICO DE GUÍAS....BILLARDA E CANIBALISMO EN LOUSEIRO ( SARRIA ) !!


















A emisión de berros e grolos compartidos atroou o mercado gandeiro de Chantada nista edición do Castañazo Rock donde o único que se prohibía era o paso ou tráfico de guías entre os porcos dise espazo cara calquer outro recinto feiral , mais como é norma a LNB unha vez máis desafía o imperio da lei emitindo unha guía polo cal todos os porcos e porcas que así o desexen poderán particiar iste sábado en Sarria no espectacular Aberto do San Martiño Caníbal de Louseiro apartires da 18 h. Contacto > 687.055065



















Porcos foi tamén un dos temas que o grupo de Punk Rock Indíxena arrebolou canda ós Bocadillos de Cartón reivindicativos , Ismael de Outeiro , o gran palanador dos Carabullo de Muimenta encapuchado foi quen de perpetar ista impactante  accion dende o esceario que deixou a contra as cordas ó público do Castañazo mentras soaba o gran hit " pagaralo coa salú" 
















Un collage de berros brutal que resumen o grao de compromiso total dista banda indíxena formada por activistas da LNB con iste terra , iste tempo e ista sociedade do malestar..
















Restos dun lume sobre o chan do mercado gandeiro que estourou no esceario e que xunto ás proclamas contra os xenocidas económicos tamén pedían a oficialidade do noso desporto nacional ó carón do apoio ós irmáns comuneiros que loitan contra o aldraxe no Porto Cabral.. A billarda coa Terra e co Monte Sempre!!

1 Comments:

  • At 12:14 PM, Anonymous Tonho Randeeira said…

    http://moreabaleira.blogspot.com.es/2013/11/sermos-galiza-outra-voz-de-galicia.html

     

Postar um comentário

<< Home