O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 04, 2013

NADA PODERÁ SER XA IGUAL NA LNB DESPOIS DO DESPROPÓSITO E LAMENTÁBEL ESPECTÁCULO DO ABERTO DE CHANTADA

















O Castañazo2013 diste pasado sábado era o marco perfecto para a LNB realizar a perfecta cuadratura do círculo. A implicación total e absoluta de todos os colectivos paralelos e afíns á billarda para catapultar ós Ex-Tension Agraria , grupo nado nas pistas da LNB , ó esceario principal do Castañazo ía ter na pista de terra ó carón da Praza de Santa Ana e no propio esceario do mercado gandeiro de Chantada o seu gran esturido de celebracións compartidas polo acadado co esforzo de tod@s. Mais algo inesperado tronzou de pleno todo o ate entón realizado, forón centos e miles de veces as que denunciamos o acoso externo para tentar exterminar a billarda mais nunca puidemos imaxinar que o trebón ía vir dende dentro e de xente que ate iste pasado sábado 2 de novembro foi un referente absoluto para toda a xente da LNB. É inconcenvíbel para alguén que ademáis vestíu a Coroza da LNB poida ser quen de tomar a broma iso que e é absolutamanete sagrado para tod@s os pisamos unha pista de billarda "O Respeto total e absoluto ós participantes" . Foi o sábado 2 de Novembro para min o día máis triste da miña vida coma palanador , mentras no mercado gandeiro pensabamos que na pista de billarda se estaba desfrutanto dun Aberto Histórico , "eu persoalmente" cunha ilusion brutal e coa emocion a flor de pel colocaba axudado por outro pioneiro , Tonho Randeeira, a bandeira da LNB no esceario donde unhas horas máis tarde Ex-Tension Agraria ían realizar o seu gran Varado impulsado polos 1018 paláns. Sobran as palabras , feitos e actitudes coma ás do Aberto de Chantanda faltando ó respeito e insultando á xente na pista a palanadoras e palanadores e incluso fóra dela lixan á LNB, a nosa história e cangrenan o noso futuro . Só de nós depende!!

3 Comments:

  • At 5:24 PM, Anonymous Anônimo said…

    Pois a min non me molestou para nada, é máis, pareceume moi riquiño.

    Dende logo, hai xente que lle molesta calqueira cousa!

     
  • At 12:59 AM, Anonymous Ismael. said…


    Ademáis de quedar persoas sen xogar e de variar o ritmo do xogo sacandonos os papeis das mans non se pode faltar ao respeto da xente.
    Polo menos a compañeiros/as e a min si que nos molestou.

     
  • At 1:38 AM, Anonymous Anônimo said…

    Si ben puido molestar, eu entendo, pois o aberto non foi un aberto ao uso! Descoñezo o detalle de "sacar os papeis das man" asi como o de " faltar ao respeto" (entendo que de forma personal). Tamén descoñezo quen era o encargado máximo de levar a diante ese aberto, pero se hai persoas que non poden facelo/organizalo/arbitralo, por estar en outras actividades, e ademais o alcohol descordina todo (inclusive a min e os meus propios tiros), pois estas persoas deberian deixar noutras man estas tarefas, e non excusarse na frase "xa fixemos moitos destos" (que non dubido, pero hai momento para todo). Por outra parte o horario nocturno no que deu comezo non daba espazo temporal a un aberto nen medio nen longo, quedandose a cousa nun "proba a atinarlle", o cal non digo estea mal (todos comezamos asi). Se alguen quedou sen xogar ( e eu vin o detalle, pero descoñezo a causa), habia que darse conta de que eso era ChinaTown! daba igual tirar polo medio, cando che acordara, como tirar tres veces seguidas polas que se olvidaron de chamarte, xD. mais que billarda parecia pataca quente, jeje. Esto é como eu o vin, descoñezo se houbo falta de respeto máis alo de que o xogo "variase". Non falei con ninguen desto despois, durante os concertos, igual haberia que facelo, non sei. Ademais as persoas implicadas, mais ou menos imos cadrando porahi, deberian meditalo, e no caso de que non sexa necesario un perdón, sacarlle ferro ao asunto. Non poño nomes nen falla que fai.Poño o meu que ben chega. gende. BILLARDA O LA MUERTE!

     

Postar um comentário

<< Home