O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 25, 2013

REGOS DE SIDRA E LICOR CAFÉ ATEIGAN OS CORPOS DOS PALANADORES E PALANADORAS DA AUTÉNTICA...FLORES XA TEN ÁS SÚAS ORDES ÓS CONVOCAD@S PARA A CANTÁBRICA_2013!!









Todo en marcha a un e outro lado da Ponte dos Santos para un ano máis deputar a Copa Cantábrica que xungue fronte a fronte ás seleccions nacionais de Asturies e Galiza , unha competicion que invadirá de novo Piedras Blancas de Lirius e Billardas famentos de gloria e do respeto da equipa rival...sidra e licor café correrán a regos polas veas dos palanadores e palanadoras asturianos e galegos que iste próximo sábado 30 de Novembro apartires das 11:30 na praza de Europa se o tempo o permite e senón no pavillón da vila do concello de Castrillón desputen na modalidade de castru-CNL  iste gran torneo de nacións que  despois do xantar de irmandade nun restaurante ó carón da pista de xogo ( fabada + carne asada + postre + café / 15 euros ) terá unha explosivo epílogo coa celebracion dun gran Abiertu a prol da oficialidá da llingua asturiana e do deporte do liriu e da billarda.


















Iste medio-día na hora Carnelao das 14:30 h. a máis de un se lle atrangaban os ósos de churrasco na gorxa ó coñecer mediante o Facebook do Varal a lista que o Seleccionador Nacional Flores facía pública para que o páis coñeza o nome dos palanadores e palanadoras que a Auténtica vai utilizar para tentar recuperar a Copa Cantábrica e a honra perdida fai un ano na pista da Llaboral de Xixón:

- Billardeiros Musicais: Daniel, Juan, Coedo e Geni
- Carabullo de Teixo: Charli, Isma, Santi e Javi Morán
- Troitas Bravas: Carme, Maricarme e Regueiro
- Remourelle Bulls: Suso, Martinho, Lucia e Milio
- Tropa Lixeira: Richard, David e Pepe
- Extensión Billarda: Lola, Adrián, Diego e Rodrígo
- Ekipa Bítere: Xermán, Ana, Servando, Toño e Flores
- Carabullo de Buxo: Irea e Tomás
- O Cadaval: Mario e Pepe Vidal
- Carabullo de Toxo: Andrea e Paula
- Cruzados: Alejandro e Tonecho
- Gharabotos: Luis, Cristian e Luis Caminha
- Corredoiras: Outeiro, Chefa e Carolo
- Cochikeiros: Alberte e Berdillo
- Filloas de Sangue: Roi e Lois Fontán
- Furabolos: Toño e Xosé Antón
- Trouleiros: Carmela e Basilio

                       A pola Cantábrica, Adiante coa Auténtica !!!