O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 04, 2013

SÚMATE ...FAI PARTE DA NOSA EQUIPA , FAI PARTE DA NOSA REVOLTA!!
















Iste sábado en Vigo continúa a competición regular na Conferencia Sur , un esceario perfecto para que a sangue torne ó rego nista gran conferencia da LNB que xa ten a unha das súa franquiias históricas facendo campaña de captación de activistas en Marin e Komarca. Coma @s Almuinha todo o resto das equipas da sur afían as pinchas e acariñan o palán para iste sábado en Vigo abrir a fume de corozo.



















E co frío pegado nos ósos coma indicador inequívoco o comboio imposíbel da LNB xa quenta motores para iste vindeiro sábado 23 de Novembro volta invadir Pasaia da mans das Txirikilas dos irmans do Fato Castelao que xa teñen o evento funcionando e reventando o facebook . Un comboio que unha semana despois , 30 de Novembro,  voltará a coller rumbo pola costeira cantábrica para desputar en Piedras Blancas ( se chove ) ou Piarnu se o tempo o permite unha nova edicion da Copa Cantábrica Liriu-Billarda. Un reto que subxace no ar é tentar que nun futuro Euskalherria-Asturies-Galiza confúen xuntas e enfrontadas nunha mesma pista no que sería a gran edicion da Copa Cantábrica de Txirikila-Liriu-Billarda..Súmate , fai parte da Auténtica!!.

1 Comments:

  • At 10:35 AM, Anonymous Anônimo said…

    Iste sábano non arrinca... xa arrincou... trátase da 2ª xornada

     

Postar um comentário

<< Home