O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 21, 2013

TOD@S SOMOS SITO...










Os negociados como ten que ser nun deporte serio e responsábel como a billarda fanse na sobremesa mentras se soben usn grolos de licor café despois dun bó arroz caldoso mollado con viño do páis...porque polo andar e polo comer xa se vé cando un "Palaneiro" coma Sito apunta maneiras de estrela ou de estrelado...


















Na precision do Bicheiro co bolígrafo e do Txirikilari en cada golpexo ...iste sábado en Pasaia na nova edicion do Aberto de Txirikila-Billarda estará toda a esencia e condensacion internacionalista do noso desporto unindo loitas e desexos comúns cara un horizonte de billarda e liberdade.

















E canda o evento billardeiro en EuskalHerria xa comeza a ferver tamén no facebook a nova edicion da Copa Cantábrica de Liriu-Billarda que iste vindeiro sábado 30 de novembro enfrontará en Piedras Blancas ( Asturies) ás seleccions nacionais de Asturies e Galiza . Atencion porque o seleccionador galego Flores está a punto de facer pública a lista de convocad@s para un partido que será transcendental tanto para o futuro do seleccionador coma da Auténtica xa que de non recuperar a Copa Cantábria de seguro que a afeccion agardartá na Ponte dos Santos con sachos e gadañas afiadas para facer que alguén pague coa salú dúas derrotas consecutivas..máxima tensión pois ante a nova irrupcion internacionalista da Auténtica!!