O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 03, 2013

A AUTÉNTICA CON FLORES Á FRONTE E GRAZAS A UN DEMOLEDOR SPRING FINAL RECUPERA A PRESTIXIOSA COPA CANTÁBRICA DE LIRIU-BILLARDA!!


Cando a forza , a paixón e a credivilidade a proba de bombas camiñan xuntas aferradas unha mesma machorra e a un mesmo palán pasan cousas tan brutais e intensas coma foi a sétima edicion da Copa Cantàbrica de Liriu-Billarda desputada iste pasado sábado 30 de novembro en Piedras Blancas ( Asturies ) .



O intercambio de banderís é so para os cobardes , a Auténtica e a Selección Nacional del Liriu coma entidades ambas valentes , atrevidas e que ollan fronte a fronte ó rival e ó horizonte intercambiarion fluidos para contaminarse mutumante do andacio que alimenta a Copa Cantábrica para o que non existe cura algunha , o Licor Café correu a regos polas veas asturianas e sidra polas gorxas e corpos aterrecidos dos deportistas galegos liberad@s.


Arrincou a histórica loita pola Sétima Copa Cantábrica o gran palanador dos Carabullo Ismael , case sen pegar ollo a noite anterior pola trancendencia do enfrontamento para o presente e futuro da Autentica, recén chegado de pasar unha semana concentrado en territorio Txirikila , o de Outeiro que viña do Botanic Garden de Belfast de vencer a Irlanda do Norte sabía da importancia suprema de cada punto , de cada impulso para confimar o retorno da Auténtica á élite Europea xuntos á poderosa Slovenia dos Pandolasi á que máis cedo que tarde todo staff-billarda desexa e adoece por enfrontarse.


Pese a todo Asturies como aconteceu o ano pasado na Llaboral de Xixón comezou pisando o acelerador e deixando a unha Auténtica aínda xeada a velas vir e sempre a rebufo tentando aclimatarse á xélida temperatuda do "Castru".



E ó igual ca o seu compañeiro de equipa, Andrea , a gran palanadora de Carabullo e activista audiovisual que tan só unha horas antes do gran dasafío internacionalista estaba ó caron de Xabarin no Culturgal de Pontevedra espazo no que a billarda tamén tivo un espazo propio coa localizacion do espectacular Stand-LNB no que segundo a segundo se seguíu a loita da Auténtica polo sétima orelleira.

















Fumegaban os palán e as machorras e pese a comezar os corpos da Auténtica a aclimatarse o desexa Atentica-Style non chegaba e o noso Iceberg continuaba á deriba nas augas do pavillón de Piedras Blancas. O que era a arma segreda de Asturies escondida nas botellas verdes tornouse na menciña perfecta que a Auténtica necesitaba para enderezar o rumbo cara a terra fertel das profundiades do Castru.




E sen dúbida o golpe de timón que levou ós de Flores a trocar o rumbo definitivamente foi o berro do indíxena e palandor dos Ex-tension Billarda Rodrigo " Como me gosta metela no furado!!" ....


Isa brutal declaracion de intencions saída da gorxa do cantante de Ex-tension Agraria máis o incremento do ritmo na inxesta do líquido espirituoso asturiano fixo que a Auténtica por fin se centrase e afinara a punteiría para cruzando o ecuador da competición e pese a seguir a remolque tentar asaltar a tan desexa Orelleira.


Foi na recta final  e despois de todo o partido indo por detrás no marcador cando A Auténtica colleu o ritmo e meteu a sexta marcha para conquerir o que en Xixón un ano antes e baixo a chuvia previa ó Liet International se nos escorregara entre as dedas das mans. 27-30 foi o resultado dun spring final que deixou extenuados ós palanadores e palandas de Auténtica.


















Espectacular e emotiva cerimonia de entrega de Copa Cantábrica , Hevia , o Comandante do Liriu e home clave para que iste soño internacionalista siga adiante , representando a Asturies depositou nas mans do noso seleccionador nacional Flores a Copa que durante un ano estivo no Bar Timo de Avilés e que xa descansa na Taberna de Lola de Remourlle ate dentro dun ano cando as machorras e os paláns volten entrar en loita.


















E se na pista de xogo os xogadores e xogadoras galegos e asturianos estiveron fronte a fronte aferrados á disciplina de xogo dictada por cadanseus seleccionador@s , á hora do xantar todas as tensions se relaxaron para defrutar ó redor dunha espectacular fabada no Restarante Pelayo xestionada e localizada polo gran referente da revolucion Liriu chamado Hevia.




















Non faltaron as fluidas conversas e mostras de cariño e aprezo entre os seleccionadores nacionais de ambos paises , Flores pola Auténtica e Pepa pola Nacional do Liriu demostraron que outros técnicos e eutras tácticas tamén son posíbeis!!



















Rivalidade mortal fronte ó Castru mais irmandade absoluta fronte ó vaso que conten o Licor Café , así se mostraron as dúas grandes estrelas de Asturies e Galiza...e así en comunion absoluta co medio se pechou un xantar que naide poderá esquencer xamais.



















E naturalemente isas Fabas e demáis compango había que dixerilas e nada mellor que voltar á pista de xogo para desputar o xa mítico Abiertu del Llacón Internacialista co que se pechaba xa ben caida a tardiña iste novo paso ó fronte do Conceyu Nacional del Liriu e da LNB conxuntamente.



















E como a Auténtica lle colleu o gusto á modalidade do Castru , por aclamación se desputou tamén o Abiertu niste xeito do CNL que desembocou nunha espectacular final a 5 na que Sergio por Asturies e Xerman pola Galiza transformaron a pista de xogo nun taboleiro de xadrez xigante no que as partidas de Karpov e Kasparov polo título mundial semellaban un xogo de nenos. Ó final foi o palanador da Ekipa Bítere quen executou o xaque mate no Castru de Piedras Blancas que lle valeu para facerse do Lacón Internacionalista e mutarse ó cruzar a Ponte dos Santos nise temido e abobinábel ser de alma Carnelao chamado LacónBoi...Liriu e Billarda Sempre, Adiante Copa Cantábrica 2014!!