O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 09, 2013

DENDE PONFERRADA UN BRINDE CON CAÑA DO TÍO MIGUI PARA QUENTAR O CORPO E PREPARSE XA PARA OS INCENDIARIOS ABERTOS DO GALO DE RIBADEO E DO CANCELINHAS EN MOS!!

















Mentras Metálica realizan o seu primeiro concerto na Antártida , os espectaculares galos no galiñeiro Carnelao da NorLeste ultiman a súa preparacion atabiados con prendas especiais para sobreviver no medio do inferno ártico de Chantada para que un dises fenomenais exemplares autóctonos pase a mans do vencedor ou vencedora do próximo Aberto do Galo de Ribadeo que xunto co I Aberto homenaxe a Cancelinhas en Mos da Conf. Sur auguran xa un fin de semana vindeiro dos que rachan moles.

















E se espectaculares son as imaxes amosadas polos irmáns de Carnelao do Galiñeiro Antártico no sur Lugués non menos impactantes son as instantáneas que nos chegan dende as terras do Bierzo amosándonos o laboratiro ilegal do Tío Migui en Ponferrada , material co cal se desputou o gran Aberto no Centro Cívico das Dehesas sobre o cal agardamos famentos as imaxes e as novas do alí acontecido para ó igual que o que sucedeu no Toxo Verde de Cádiz , no Pavillón de Vilalonfa na Conf. Rías Baixas e na pista de Castrofeito na Conf. Centro desfrutar e compartir a ledicia inmensa c@s vencedores e vencidos.














Mais os irmáns da LNB-Bierzo dirixidos polo Tío Migui e o subcomandante Copi tiveron como se pode ver nista imaxe combustíbel extra xa que o propio coodinador do Torneo elaborou un licor e caña para regar xunto co churrasco da cea os esforzados atletas que desfrutaron diste de seguro espectacular nova accion billardeira en Ponferrada.



Un licor de país que dende logo ten que presidir o vindeiro ano o Stand da LNB no Culturgal para quentar aínda máis o ambiante como o fixo nista edicion Xurxo Souto , o mestre estivo ó carón do noso estand apresentado a posta de longo do proxecto Bravú XX e coincidencias ou non do destino alí estaban os activistas LNB para posicionar á billarda como o que é, o gran desporto nacional e bravú que de seguro vai estar presente nista gran xeira de estalos conmemorando o 20 aniversario do movemento. E que mellor mestre de cerimonias billardeiro que o Músico e Palanador de Marin e dos de Marin Luis Camiña para dirixirse ó famento público bravú e explicarlle a nosa loita e a nosa teima ....Billarda e Bravú Sempre, Adiante co Tío Migui e coa LNB no Culturgal!!