O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, dezembro 14, 2013

MOS , CERDEDA E RIBADEO...CERCADOS POLA BILLARDA , O APALPADOR E OS BOLETOS DA LOTARÍA DA GALIZA!!
















Todo listo e disposto en Mos para isa agardadísima e senlleira homenaxe de toda a LNB á figura do fuxitivo galego Cancelinhas cuxa lenda xa está á altura doutro mito como pode ser o noso admirado Vaquilla. Será iste sábado ás 16 h. no pavillón do Ceip Pena de Francia (Tameiga )


















E ó día seguinte a xornada do domingo 15 de decembro arrincará apartires das 11 h . no Pavillón do Piñeiro en  Cerceda donde a Conferencial Cemtro desputará outra nova enganchada puntuábel que será un previo de luxo para que ás 15:30 h. Mandela , o Galo da Norleste, presida dende o palco de honra no campo de futbol da Faxarda de Ribadeo unha nova edicion diste mítico Aberto presidido polo Apalpador que ademáis de entregar os premios como é norma será o encargado de distribuír os boletos entre todos aqueles que desafíen a sorte adquirindo os números da Lotaría da Galiza 











Unha Lotaría da Galiza posta en marcha por tres colectivos galegos totalmente autoxestionados ( Carnelao-LNB-IndixenismoGZ ) que istes días destapou o figura do producto estela da Cesta do Apalpador , O Bacorinho Celta é dende xa o simbolo da resistencia do pobo galego ó sometimento colonial e consumista niste tempo de Nadal - No teu bar, na túa tenda , no teu centro social , nos campos de futbol gaélico e nas pistas da LNB ..esixe o teu boleto de Lotaría da Galiza e que a sorte e a forza do Bacorinho te acompañen!!

4 Comments:

  • At 10:54 AM, Anonymous Anônimo said…

    Gora Cancelinhas!

     
  • At 11:09 PM, Anonymous Anônimo said…


    AMAÑOS NA CONSUR
    Actitudes caciquís dos que se autodefinen defensores da liberdade
    A saber:
    Hoxe, sábado día 14 de decembro, con motivo da 4ª xornada da Conferencia Sur, ven de acontece-lo seguiente:
    Nun primeiro lugar, un sortedo de grupos a escondidas, pese a que, na minha calidade de delegado de equipo, tinha anunciado que quería estar presente no mesmo. Pero... sorpresa,fixeron o sorteo fóra do terreo de xogo e apareceron coa composición de grupos sen máis... E aí está a sorpresa (como así desconfiaba):
    Grupos totalmente desiquilibrados. Dacordo que podería aconteceder así, pero o que non é normal que nun mesmo grupo falten a xogar dous palanadores e outros dous abandonen as primeiras de cambio, En consecuencia, un grupo de 13 ¡¡¡ queda en 9 !!!, e, por si esto non fora bastante... entra un novo xogador, pero nun grupo de 13, sen respeta-la orde de grupos nin o número dos mesmos. Ou sexa, que ó final un grupo de 14 e outro de nove, clasificándose igual número (6). Vaia equidade!!!
    De aí a minha indignación, a máis de non estar presente no sorteo, estas actitudes sen lóxica algunha...
    E por si fora pouco, desautrízase totalmente ós árbitros, sendo somentes monicroquis ás ordes dun mandamáis.
    En resumidas contas, optei pola retirada non sólo nesta xornada, senón que non penso acudir as seguintes da CONSUR.Unha pena que a maior parte de xogadores me deran a razón, pero non seguiron os meus pasos.... así nos vai... incluso cos do meu propio equipo cos que me sinto cada vez mais distanciado.
    Alguen quere acaber coa billarda e, se non estamos unidos, vanno a conseguir.
    A miña concienza non me permite continuar nesta conferencia.
    Un saúdo a todolos billardeiros
    Asdo: Carolo

     
  • At 7:46 AM, Anonymous Anônimo said…

    Boas,

    é absolutamente falso TODO o que dis.

    Primeiro non dixeches que querías estar en sorteo ningún, só que tiñas un método que era a hostia por se a organización precisaba axuda (nós fixemolo polo noso método como levamos facendo sempre) e deuse a casualidade que quenes fixeron os grupos foron os máis perxudicados (por certo, sen ningunha aspiración deportiva).

    Teño as actas diante e tamén é mentira o do número de participantes, como se acordou na reunión da Conferencia Sur (na que non estiveches), os participantes que chegasen tarde entrarían a participar no grupo correspondente perdendo os tiros que se levasen realizados (cousa que se respectou en todo momento), é absurdo os números que sacas porque teño as actas no meu poder (os catro grupos son 13-14-13-14 sen contar os que non xogaron estando apuntados).

    Non sei o que fixeches, de feito nin me enterei do que pasou, só da suposta desautorización e é por unha absurda norma que quixeches impoñer ti, non sei a conto de qué, que non foi aprovada na reunión de principio de tempada (faltaría máis) sen vir a conto de nada e porque che deu a gana. Con bo criterio os teus compañeiros de equipa supliron o teu berrinche de non querer arbitrar máis.

    Igual foi un mal día e falas en quente, pero entras aquí a meter merda de forma absurda e sen argumento ningún.

    Espero que recapacites, e se queres veñas a xogar á Sur, pero non esperes que porque te enfades poidas facer o que queiras e falar de forma gratuíta.

    Serxio.

    PD: É unha pena que me teña que enterar por aquí disto e que se tes algunha queixa (de feito sobre o que fago eu) do que pasa no aberto non mo digas.

    Saúdos.

     
  • At 12:10 AM, Anonymous Anônimo said…

    Creo que rematado un aberto non debemos saltar en quente porque se ó final dos torneos houbera roldas de prensa Mourinho igual se quedaba á altura dun cativo con perrinche por unha lambetada, sobre todo debemos respetar e valorar ó máximo a funcion de tod@s aqueles que dan o paso ó fronte para realizar as tarefas de arbitraxe e xestión de táboas sen recibr nada a cambio nos abertos sen os cales nada dista salvaxada chamada LNB sería posíbel. Unhas veces os erros ou acertos , a sorte nos cruces nos favorece ou perxudica pero todo iso penso é parte do xogo e da tension que nos manten vivos e permanentemente alerta. Sirva isto para enviar o meu recoñecemento absoluto ás equipas de arbitraxe e xestion deportiva de tódalas conferencias LNB. Billarda Sempre!!

    xermán - EkipA Bítere

     

Postar um comentário

<< Home