O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 04, 2013

PONFERRADA VOLTA A SITUARSE COMA ALTERNATIVA POSÍBEL PARA ISTE GRAN FIND DE PUENTING E BILLARDA!!














Alviscase no horizonte un longo fin de semana que por suposto os palanadores e palanadoras da LNB alegres e combativos poderán desfrutar de xeito pleno , e cunha brutal alternativa billardeira que se abre de novo no Bierzo porque iste sábado de novo o espectáculo volta ó Centro Cívico das Dehesas de Ponferada , organizado polo Tío Migui apartires das 16 h as billarda voltarán bruar e ó final do Aberto haberá espectaculares premiso para os primeir@s clasificados e churrasco para tod@s os participantes. Contacto: 608876489


















E vindo dunha find. tan intensa na que a Auténtica de Flores se reicindicou cunha gran actuacion na Copa Cantábrica e outro Auténtico coma Chupi fixo o propio en Cangas cunha gran victoria nunha final de infarto contra o ex-Bulls Andrés non queda outra que nista fin seguir coa nosa xeira anti-constitucional para seguir facendo camiño ó palanear co Aberto de Castrofeito iste sábado ás 16:30 puntuábel para a Conf. Centro , iste mesmo sábado no pavillón de Vilalonga ás 16:30 h. novo Aberto puntuábel para Conf. Rías Baixas e o domingo apartires das 12 h. no Toxo Verde de Cádiz nova enganchada puntuábel para a referencial Conf. Andaluza ...Billarda Auténtica Sempre!!