O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, fevereiro 27, 2013

É HORA DE MOBILIZARSE..ISTE SÁBADO CACEROLADA E BILLARDA ALL STARS!!



















Ferven as rúas de Galiza co avanzo do espectacular cartaz criado polo irmáns de Carabullo que iste sábado dende as 12 da mañá estarán en Muimenta coordinando e recibindo a todos os palanadores e palanadoras que decidan desfrutar da sen dúbida máis indixenista edicion dos Billarda All Stars nunca antes celebrado. All Stars en Muimenta e Cacerolada en Burela ambas se retroalimentarán e bruarán parello para alzar a voz contra o xenocio social que o poder político está a executar contra a pobo.

















Unha festa a do Billarda All Stars que é claramente un oasis de luz no entramado lúdico actural dominado pola tiranía e a sen razon do colonialismo musical , deportivo e gastronómico. A reposta firme e precisa apartires das 12 iste sábado en Muimenta donde os callos , o churrasco e o licor café imporán a súa poliritmia e os foguetes collerán unha dimensión nunca antes imaxinada nas mans duns palanadores e palanadoras que están dispostos a arriscar incluso a súa vida por criar espectáculo no desporto da billarda....A história , a bandexa de uños, rabos e a cachucha do All Stars agardan por ti no concurso de habilidades, triplas , mates!! 

NON PODES FALTAR Ó "BILLARDA ALL STARS MUIMENTA_ 2013"....CARABULLOS ,BILLARDAS E QUIMBUMBIAS!!



Tele-Varal súmase ós comandos LNB para sementar de billardas anti-persoa os prados e leiras do país para que cando un pise, colla ou mesmo pense nunha estornela o lance directamente ó pavillón de Outeiro en Muimenta donde dende as 12 h . comezarán os espectáculo brutal do Billarda All Stars.Unhas alebrestradas imaxes tomadas no esceario da cada da cultura de Bretoña na homaxe ó gran Lois pereiro donde fixeron o seu debú mundial os Quimbumbios . Unha intervencion sonoro-billardeiro que tan só uns intantes despois do remate da canción e xusto ó carón da barra ó calor dunhas cervexas orixinou o que hoxe se coñece coma os semi-akusticos de  Ex-Tension Agraria.

















Son pois Ulträqäns os auténticos padriños da criatura e xuntos de novo estarán no micro-festival festival de rock Indixenista Galego que alumeará coma as estrelas alumean o ceo de Muimenta a noite do incendiario Billarda All Stars 2013. Ide afiando as billardas e sobre todo confirmando ós irmáns de Carabullo a vosa presenza para o xantar de irmandade ( 676.597050 ) donde ademáis se tecerán as grandes estratéxias cara ó Play Off Nacional 2013 de Marrozos ( Compostela ) e demáis certezas coma as que van dende Belfast a Andalucía pasando polo Bierzo...Quimbumbia e Billarda Sempre , Carabullo, Carabullo polo ar!!

terça-feira, fevereiro 26, 2013

"BILLARDA ALL STARS 2013"...LUME INDIXENISTA NOS NOSOS PALÁNS E NAS NOSAS GORXAS ISTE SÁBADO EN MUIMENTA!!


Se fas memoria podes recordar perfectamente e incluso con tenrura cal foi o primeiro disco que mercache , isa cancion que acendeu o teu mais primario impulso cara amar iso que se dá en chamar música popular contemporanea, pois ben , no intre que un grupo coma Ex-Tension Agraria se cruce na túa vida todos ises sentimentos quedarán enterrados con cal viva na máis profunda cuneta do teu ser. Iso foi o que lle aconteceu ás dúcias de persoas que iste pasado 23 F asistirón en Mondoñedo ó concerto que se abríu coa brutal leituta do Manifesto Golpista feito polo guitarrista Alex  e escupido con lume pola boca do Profeta do Indixenismo galego Tonho Randeeira.










 Iste sábado en Muimenta o banda de Bretoña estará de novo riba do esceario xunto cos irmáns Ulträqäns  no que será o primeiro  festival de Rock Indixenista galego nun marco tan brutal coma unha nova edicion do sempre incendiario Billarda All Stars coordiando polo irmáns da Asociación Carabullo, un micro-festival no que Ex-Tension abrirá a súa intervención sonora da man do propio Tonho Randeeira coa leitura do primeiro e histórico Manifesto Indixenista Galego directamente do seu puño e letra...Moral Alta, Moral Alta!!!

segunda-feira, fevereiro 25, 2013

MONDOÑEDO , CASTROFEITO E CAMBRE ....APOLOXÍA DA BILLARDA E DO TRIATLON GALEGO!!

















Cando un palanador ten unhas necesitades básicas que cubrir e a súa Conferencia continúa aletargada ate os  primeiros quentes primaverais , é normal que busque fóra o que non lle poden dar na casa . Ledica absoluta na pista da Alamenda de Mondoñedo cando se achegaba o gran palanador Gil e mito da Conferencia Sur acompañado da representante LNB nas Pontes a competiren nunha nova edicion do Aberto da Tarta autóctona.  

















[  foto: Nachok.net  Un arrinque de tarde en Mondoñedo que mataría á noite cunha brutal apoloxía sonora da Billarda e do Triatlon Galego [comer, beber e foder ] durante a incendiaria actuacion do grupo deformado nas pistas da LNB Ex-Tension Agraria. 
















Golpes coordinados iste 23 F que tiña á tribo estornela competindo simultaneamente na pista de Castrofeito na que a forza das palanadoras se víu de novo reforzada co retorno á competicion de Ana , a gran palanadora de Cospeiro, chimpou de novo á gran lagoa billardeira da conferencia centro coma unha das espectaculares ras da súa poderosa terra mae.
















A xelidez dunha tarde que fixo lucir na pista s billarda laranxa cando unha tromba de granizo fixo acto de presenza diante da igrexa dos Remedios dende onde a tribo Norleste lanzaba a paus.
















Un frío que non botou para atrás tampouco á tribo  estornela que desafíou á friaxe na mítica pista a ceo aberto da Madalena , espectacular a imaxe do gran palanador Basilio mutado en temíbel Tigre Blaugrana.



















Sen dúbida un dos momentos máis intensos da xornada en Mondoñedo foi a entrega de premios donde naturalmente nengún membro do governo local se atreveu a pasar , no seu lugar auténticos indíxenas mindonieneses exerceron de "zumbador@s do caneco" , Carlos Aguiar palanador de Troitas Bravas e Merce Teijeiro , activista LNB e licenciada en linguas mortas , conduciron unha histórica entrega de premios á que curiosamente faltou o gran seleccionador nacional Flores que nise intre estaba difrazado ó seu can Pinto , unha perfomance que moi pronto poderemos desfrutar. Marcos dos Bulls , Eric dos Outros 3º 2º respeitivamente asistiron á "goiada" protagoniaza por Merce ó entregarlle a Charly de Carabullo o gran campión do Aberto , a espectacular Tarta de Mondoñedo acompañado da gran botella XXL doada polo activista LNB Txomin do Baleco que estaba destinada para a equipa campioa que foron os poderos Os Outros.
















Pillado directamento do facbook dos referenciais Furabolos iste é o pódium do 23 F en Castrofeito >> Os premios ante a crise da 5ª xornada de liga da conferencia centro foron para: 1º posto Rubén López dos Trouleiros, 2º posto Rubén de Trouleiros, 3º Xan de Furabolos, e para 1ª muller Carmela de Trouleiros. (arrasaron os trouleiros)

















E no lusco e fusco impresionte accion na praza do Concello de Mondoñedo co Abertinho do Botelo mentras Ex-Tension Agraia cargaba as armas para a brutal Foliada-Rock da noite. Moito máis ca un deporte , unha infranqueábel alianza se xesta nas pistas da LNB , despois do Abertinho repor forzas cunha táboas no Baleco e coa Moral polos aires todos para o Bar Porriño!!




















Ate a madrugada durou o lume billardeiro en Mondoñedo que alumeo o arrinque o domingo pola mañá dunha nova xornada puntábel na Conferencia NorOeste anunciada por un dos máis impactantes cartaces de cantos se teñen feito na LNB. Final tres carreiros entre dous non-nativos , Daniel e Franco de Roteiros diputáronse a gloria , cunha carreira gañada por cada un, Daniel dende a saída deixa a súa billarda ás portas do varal , mais a sangue fría do italo-galego fixeron que a súa resposta fora das que fan história , un Varado e para a Ribadeo co triunfo baixo o brazo. O problema é que quen o tiña que levar ó campión de volta era o propio Daniel no seu carro , pena de non termos contratado a Método-3 para poder sentir a conversa.















Ate o de agora non se inventaron as pantallas que transmitan olor. mais ista espectacular imaxe do premio acadado polo palanador e productor Eric de Os Outros , unha tarta de Mondoñedo producida pola espectacular pasteleiría Cabaleiros de Lourenzá , amiga e colaboradora da LNB. Uns durísimos 23 e 24 F dos que saimos con forza a feixes e Moral Alta!!

sexta-feira, fevereiro 22, 2013

23 F, MONDOÑEDO E CASTROFEITO , VENTE PREPARAD@ COAS BILLARDAS E COITELOS AFIADOS... PORQUE VAI HABER MÁIS CA PALABRAS!!



































Todo listo , carros cos bois xunguidos con cadeas nas rodas e nos pescozos para dende todos os puntos do pais desembarcar en Mondoñedo , un sitio mítico coma A Alameda que iste ano si , ten todas as papelas para convertirse no marco perfecto da loita a morte polas tres espectaculares tartas da Pasteleiría Cabaleiros de Lourenzá . Un Aberto puntuábel para a Norleste que se converteu no argumento perfecto para desenrolar un programa brutal que arrincará cun explosivo Abertinho do Botelo do Golpe a iso das 20:30 h. no corazon da zona vella da vila Mindoniense e que seguirá cunha Foliada-Rock no Bar O Porriño.
















Un 23 F no que as estornelas sairán tamén á rúa esixindo urxente rexeneración democrática na mítica pista da Madalena en Castrofeito , un novo Aberto puntuábel na Conferencia Centro que promete refolos de lume e emocions que faigan ferver os corpos.

















Impresionate imaxe a da superebanda de Rock-Indixenista Ex-Tension Agraria que serán os encargados de por a guinda á explosiva Foliada-Rok no Bar Porriño de Mondoñedo. Pensas que estás preparad@ para afrontar tamaño desafío?? porque como din os irmáns de Bacotexo " Os licores  fríos e as decisioes tómanse mellor de noite" iste sábado 23 F mentras a infanta lle lambe a caralla a Urdangarín colle a gadaña, o palán e o sacho e tira para Mondoñedo porque alí vai haber máis ca palabaras....Billarda e Foliada Sempre !!

quarta-feira, fevereiro 20, 2013

"A FOLIADA-ROCK" , O NOVO XÉNERO MUSICAL IMPULSADO POLA LNB IRROMPE NAS NOITES DE LOITA E TROULA NA GALIZA!!



































SON CENTOS E MILES AS FOLIADAS QUE DE XEITO IMPARÁBEL SE ESPALLAN POLA GALIZA ADIANTE COMA COLOFÓN BRUTAL DE CALQUERA ACTIVIDADE COMPROMETIDA COA CULTURA DO PAÍS, UN XEITO PERFECTO PARA DESFRUTAR EN COMUNIDADE DUNHA FESTA QUE MANTÉN A FLOR DE PEL O MÁIS PURO ESPÍRITO TRIBAL DO POBO ALEBRE A COMBATIVO DO QUE A SEPRE MULTICOR DA LNB FORMA PARTE. É POR ELO QUE ISTE 23 F EN MONDOÑEDO NO BAR O PORRIÑO DE MONDOÑEDO A LNB LANZARASE A UN NOVO PRICIPICIO DE SILVAS E ESTRUGAS DÁNDOLLE UNHA NOVA VOLTA DE TORCA Ó CONCEPTO DA FOLIDA TRADICIONAL....














REFREGADE OS OLLOS ANTE O ESPECTACULAR CARTAZ QUE ANUNCIA ARRUPCIÓN DU NOVO XÉNERO NA MÚSICA GALEGA IMPULSADO POLOS PALÁNS DA LNB, ISTE SÁBADO NON PODES FALTAR Á INCENDIARIA E HISTÓRICA PRIMEIRA "FOLIADAS ROCK" QUE SE CELEBRA NA GALIZA XESTADA GRAZAS Ó ATREVEMENTOS DAS RESPONSÁBEIS E ARMADANZAS DO ENTRAMADO SOCIO-CULTURAL DO PORRIÑO-BAR, ANA E MARIOLA DESAFIARON A SEMPRE MALDITA LÓXICA E PUXÉRON O SEU LOCAL Á DISPOSICION DISTE PEQUENO PASO PARA O CAN DE PALLEIRO PERO UN ENORME PARA A CIVILIZACION BILLARDEIRA.















Un local , O Porriño-Bar, cunha especular historia sobre as súas lastras e paredes mais cun presente e futuro absolutamente raiboso e arrebatador que se vai fraguando coa intensidade dos días e as noites dende que a nova xerencia colleu as rendas diste carro xunguido a bois desbocados.














E fronte ó Bar Porriño atopamos a espectacular praza do concello donde fai uns meses en pleno verán os irmáns Cuchufellos estiveron dando un explosivo concerto, unha praza que acollerá apartires das 20 h o agardadísmo Aberto do Botelo do Golpe - Unha incendiaria acción no corazón mesmos da zona vella da vila de Cunqueiro coa que se serpe multicor da LNB comezará a surfear no lusco e fusco Mindoniense para adentrarnos nunha noite histórica cuxo colofón será a iso das 23 h. coa leitura do Manifesto Golpista polo profeta do Indixenismo Galego , Toño Randeeira, que dará paso ó impredecíbel e alebrestrado concerto semi-akustico de Ex-Tension Agraria...se non podes estar , recapacita porque senón pagarálo coa salú!!

segunda-feira, fevereiro 18, 2013

A REBELIÓN DAS PEDRAS , DAS TARTAS E DAS ESTORNELAS!!

















Nunca un subcampionato tivera tanta repercusión nen uns trofeos foran tan unanimemente alagados dende todos os frontes billardeiros . O importante non é que venzas senón que volvas e iso é o que levan facendo os aborixes do Umia ate que iste sábado en Bueu lograron invadir de ribeiro o podium na estacada. A dureza dos Abertos na LNB nista tempada reflecten un espectacular abano de vencedores e primeir@s clasificad@s que imprimen un indiscutíbel e marabilloso caracter de imprevisibilidade e emocion cando a rebolta da estornelas arrinca en cada unha das pistas de billarda do país. Noraboa ó gran Manuel Abuín e a toda a súa referencial franquicia de " Case lle dou" .


















E outras que estan moi preto de dar son as pedras que gardan os espectaculares mails do socio do Duque em-palma-do á súa maxestade  . O delirio e a podredume dunha famila real postos ahí polo mesmísimo caudillo e para acompar ás pedras as billardas estarán en Mondoñedo nunha data tan sinalada coma o 23 F en Mondoñedo bruando polo ar buscando os Varais para facerse coas espectaculares Tartas autóctonas criadas polo único rei , xunto ó xíbaro , que a LNB recoñece que levarán os tres primeir@s clasificad@s no Aberto do sábado na Alameda da cidade de Cunqueiro. E atención porque unha vez finalizado o Aberto tod@s á praza do concello para deputar o Abertinho do Botelo e desfrutar da espectacular festa do Golpe do 23 F no Bar Porriño con concerto semiakustico dos Ex-Tension Agraria . Hai billarda e festa... EU QUÉDOME!!   

domingo, fevereiro 17, 2013

CASE LLE DIN ..... E CASE QUE GAÑO NA ESTACADA EN BUEU!!!




Impresionante o poder premoritorio do meigo do Varal que antes de cada aberto espalla os seus meigallos na pista de xogo , iste sábado xa nos anuciara que moito ollo coa xente de "Case lle din" que os espíritos indíxenas estaban alterados escoitando a rebelión das estornelas o temazo que Fachenga Galega facturou para o República Billarda e vaia se tivo consecuancias xa que no campo da estacada Manuel Abuin acadou a espectacular pedra que o acredita coma segundo clasificado no Aberto da Estacade de Bueu un peldaño detrás de Xan Rodiño que se reivindica niste transcendental tramo da competición no que xa se alviscan os varais de Marrozos  no que se desputará o explosivo Play Off Nacional .


Un campo da Estacada cunha superficie perfecta e esixente que serve para ver o novel real de cada palanador ou palanadora nsita altura da tempada no que as franquicias se reforzan coas fichaxes de inverno , se fai us días falabamos dos Bulls que van apresentar a súa nova gran adquisicíón iste 23 F en Mondoñedo , uns ex-Bulls " Ginés e Andrés " saltaron ás pista da Estacada coma reforzos da equipa liderada por Rodiño , uns palanadores gregarios de auténtico luxo que chegan co transfer na man dos Furabolos 



Un Aberto Entroideiro que levou á pista de xogo ás culturas máis diversas e ás expresions culturais máis cmbativas que abre a fenda para que a LNb abra fenda nos territorios irmáns de Andalucía cunhl da Conf. a xa máis ca posíbel nova conferencia LNb funcionado regularmente e en Portugal donde a LNB estuda facer un Aberto puntuábel da Conf. Sur con tres opcións riba da mesa ( Braga. Monçao ou Valença)  


E saltándose o loito da sardiña co que Ribadeo se tinguíu o sábado pola tarde a tribo Roteria desembarcou en Bueu disposta a todo , coas frechas e os arcos preparados para desenterrar a machada de guerra no espectacular esceario do campo da estacada , só ó final do Aberto con Geni no mais alto do pódium da clasificacion feminina se puido fumar a pipa da paz tanquilamente e sen a tension  da alta competicion.


Non se pode pasar por alto, nen moito menos , a espectacular factura dos trofeos utilizados para iste Aberto de Bueu , pedras , pinas e demáis elementos naturais perfectamente presentados cargan dunha forza e pegada ós mesmos que nengunha copa doada por calquera institucion pode chegar a soñar . Noraboa ós premiados pero sobre todo ós que idearon istes fabulosos e referenciais premios. 

Foto de irmandade que sela un novo exitazo na Conferencia RíasBaixas que preludia un brutal furacán billardeiro sonoro para iste vindeiro sábado 23 F celebrar a procura dun novo Golpe na Pista da Madalena en Castrofeito na Conf. Centro e en Mondoñedo na NorLes...Billardas e Tanques á rúa, a loita continúa!!

sexta-feira, fevereiro 15, 2013

BILLARDAS FURIOSAS NA ESTACADA E NO CANTALÍNGUA!!














Iste sábado Bueu convértese no epicentro absoluto do universo billardeiro acollendo no campo de futbol da Estacada un novo Aberto puntuábel da Conferencia RíasBaixas , unha conferencia que ten nos seu seu referentes absolutos da mñausica galega coma Manuel Abuín que abducido nun dos xerros do salnés despois saír da mítica Taberna da Cancela de Xil decidíu coller alento e compaxinar o activismo musical coma alma mater de Fachenda Galega coa militancia billardeira vestindo a camisola dos poderosos " CASE LLE DIN" . A cita en Bueu apartires das 16 h. / Contacto: 658.491908 

NO ESTERNO NACEN AS MELLORES FLORES!!






















Billarda e activismo sonoro que avanza a pasos axigantados depois do punto e inflexion brutal que supuxo a edicion do celebrado República Billarda , unha semente que medra firme nas leiras máis diversas coma a recente irrupción sonora dos Ex_Tension Agraria , o grupo de  RockIndíxena formado por palanadores da Norleste , no Cantalingua2013 , a forza da nosa música e a forza das nosas billardas xunguidas apoiando a inmesion lingüistica nas aulas e a introduccion da billarda coma asignatura obrigatoria en tódolos ciclos...porque no esterco nacen as mellores flores , #FaiteAntiFan!!

quinta-feira, fevereiro 14, 2013

A ESPECTACULAR E DELIRANTE METAMORFOSE PAPAL DUN PALANDOR DA LNB!!
















Non é só Leo Bassi que istes dias anda pola Galiza o único que intensifica a campaña cara á súa campaña para convertirse en Papa depois da recente renuncia de Bieito. Nunha rúa do país un membro da LNB realizou ista espectacular e delirante perfomance-antroideira que fixo saltar as alarmas no revolto Vaticano , a metamorfose do palanador convertido en Santo Papae sostendo nunha man un monicrecre sen dúbida lanza unha desacougante ós católicos e sobre a súa actitude de pasividade absoluta para converterse ne  suxeitos activos ante o inminente preceso de eleccion do seu novo gran lider.

















Unha peregrinaxe a do gran Papae Billardeiro que nos leva ate o máis profundo do noso ser interior e nos reconduce inexorabelmente a refacernos de novo a pregunta ...de donde vinos?  e sobre todo ..a donde carallo imos??

quarta-feira, fevereiro 13, 2013

AS XEÓRXICAS DO PAN BILLARDEIRO!!

















Cunha rúa forneada ó máximo , coma o pan de centeo poético que esgrime o espectacular novo poemario de Otero Pedraio extraido dos seus diarios e cadernos persoais ,  polos sucesivos agravios socio-políticos de acoso e saqueo ó pobo galego e coa desconfiaza instalada en cada un dos poderes , son cada vez máis os palanadores e palanadoras que ollan cara a LNB coma a único referente posíbel para sair dista situción de colapso absoluto .


















Coa palabra afiada , unha cervexa, mate , licor café ou un moquelo de pan de centeo e touciño na outra e os paláns sempre prestos para actuar cando a situación ou os xuices de pista o requiran,  agora máis ca nunca é necesaria a presencia dos activistas LNB no labirinto  de Abertos das conferencias donde dende fai anos se coce e organiza a Auténtica estrutura da Resistencia.



















Unha fronte de accion con face políedrica e que busca por tódolos xeitos camufarse na sociedade civil para vacinar á sociedade co noso aguillón da paixón billardeira , coma a espectacular obra de arte do bonito-billardeiro de Muriego se desliza no mar embravecido das pistas , utiliza o seu directorio para construir unha billarda de toxo e dá o paso á fronte para particar nun Aberto porque é continuo o goteo de novos activistas que chaman á porta das franquicias para militar na primeira liña de fogo , está acontecer cos propios Remourelle Bulls que ultiman a apresentacion en Mondoñedo dun novo fichaxe do mercado de inverno e nisa mesma conferencia son dúas as novas que xa estudan o seu ingreso na competicion regular a Indixenista Ollomao e  un poderoso colectivo cos dentes afiados en Fornea ( Trabada ) . E atencion que outro xeito de entrada no universo LNB é por medio da participacion na Noites Abertas que organiza o Concello de Pontevedra e donde a billarda é cabeza de cartel das actividades deportivas, info directa: 659.553543 / Billarda e pan de centeo sempre!!

domingo, fevereiro 10, 2013

DISFRACES E PALÁNS ...UNHA ECUACIÓN MOI PERIGOSA AGORA E NO FRANQUISMO!!

















Xoaniña , a xovencísima palanadora dos Xarutos , puido desfrutar do seu primeiro entroido en paz e harmonía cos seus papaes e amigos mais non sempre foi así . Ser un palanador ou panadora na Galiza e disfrazarse nos tempos do xeneralísmo tiña unha cota de dobel perigosidade , e recordao unha que veciña de Xoaniña , a Coruñesa Teresa Alvajar no espectacular libro que recolle as súas vivencias baixo o título " Memorias dunha Republicana".O mitico palanador indixenista,  Tonho Randeeira , estivo na presentacion do libro en Ribadeo e púxonos sobre a pista dun espectacular e sobrecollerdor estalo billardeiro verquido nas súas páxinas....
















"Xogábamos tamén ao diábolo, á buxaina, ao aro, ás bólas, ao gua, á billarda ... Por certo, no Entroido escribiran unhas coplas: "No permitir jugar a la billarda,/ni permitir tampoco ningún cantar./No permitir que anden burros por las calles,/a no ser que sea el burro de algún concejal."
Palabras da republicana Teresa Alvajar López, recordando a súa nenez na Coruña e recollidas no libro "Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana" de Aurora Marco (edicións LAIOVENTO, 2012)




Son tempos de crudeza extrema en tódolos frontes , os mapas e estructuras  socioculturais coloniais e represivo-billardeiras trazados por franco e que invariabelmente se manteñen ate os tempo do sobrecolledor rajoy e feijoó , fan máis necesairo ca nunca que a LNB continúe con forza rexa no proceso de liberacion e normalizacion billardeira iniciado fai uns anos. Polos nosos antergos , por Teresa , por Xoaniña,  pola República Galega...billarda sempre , Adiante co Varal!!

quarta-feira, fevereiro 06, 2013

ANTON ROMERO (RuAN) APRESENTA AS ESPECTACULARES "CAROUTAS INTERACTIVAS DE GOLPIÑO E PINCHA" , RECORTA , FURA E COREA.... ADIANTE O ENTRUDO BILLARDEIRO!!























OS IRMÁNS DE DISQUECOOL , ACABAN DE GUINDAR UNHA MOSTRA DE POSÍBEIS DISFRACES PARA CULTURETAS , MAIS NEN DENDE DISQUECOOL NEN DENDE NENGUNHA INSTANCIA SE AGARDABA QUE A LNB PUIDERA CONTRATACAR CUNHA ALTENATIVA TAN BRUTAL PARA ISTE ENTRUDO COMA A ARTELLADA POR ANTON ROMERO ( RuAN)  CO LANZAMENTO DAS IMPACTANTES CAROUTAS DE GOLPIÑO E PINCHA QUE FACERÁN TREMER OS CIMENTOS DOS ENTROIDO GALEGO.






















E NON SÓ QUEDA AHÍ A COUSA XA QUE DESPOIS DO EXITAZO SEN PRECEDENTES DAS LÁMINAS PARA COREAR DE "GOLPIÑO E PINCHA" CON IMPACTO ADEMÁIS INTERNACIONAL CHEGAN AGORA AS CARUTAS PARA QUE AS PROPIAS CRIANÇAS CONSTÚAN E INTERACTUEN COAS SÚAS MANS AS SÚAS PROPIAS CARANTOÑAS CON PERSOAXES PROPIOS DO PAIS CUNHA IDEA EXPANSIVA COMA AS LÁMINAS PARA COREAR E AS DAS CAROUTAS QUE AMOSAN UNHA FIRME APOSTA  POLO PRODUCTO " GOLPIÑO E PINCHA"  QUE RACHA COA DISLÉXIA LINGUISTICA DE MONTAXES PARANORMAIS COMA A DOBLAXE DOS BOLECHAS NA GALEGA E  CO OLIGOPOLIO COMERCIAL DOS CENTROS COMERCIAIS . RECORTA , FURA E ENGADE COR ÁS CAROUTAS DE " GOLPIÑO E PINCHA" E PREPÁRATE PORQUE A FEBRE GOLPIÑO E PINCHA NON FIXO MAIS QUE COMEZAR...ENTRUDO E BILLARDA CON GOLPIÑO E PINCHA , SEMPRE!!

terça-feira, fevereiro 05, 2013

O GORDO , O FRACO E O MERDEIRO.....OS REFERENTES ABSOLUTOS DO INCENDIARIO ENTRUDO BILLARDEIRO!!



Dende as trincheiras da Conferencia Sur os maxins arden coma as formigas de Laza cando sintes o vinabre nos seus corpos , pensaches no que te vas disfrazar iste entrudo?? unha das opcións que nos lanzan dende o planeta Pincha é a dos míticos Laurel e Hardy para homenaxear ós persoaxes na espectacular secuencia billardeira incluida no clásico " Babes in Toyland" do 1934 .



Un entrudo no que de novo estarán presentes nas rúas de Vigo os referencias MERDEIROS , os míticos persoaxes dos cales se está a ultimar un video-documental que moi pronto che golpexará os fuciños coa súa vara de mau , e prepárate porque a LNB non pode deixar pasar un entrudo máis sen que teñas unha carantonha coa que saír á rúa e desfrutar da festa en plenitude billardeira... Merdeiros e Billarda Sempre!!

segunda-feira, fevereiro 04, 2013

CHALI DE CARABULLO , CO LACÓN NA MAN E A RESTRA DE CHOURIZOS Ó PESCOZO PERFÍLASE XA COMA O CANDIDATO PERFECTO PARA SER O PRIMEIRO EURODEPUTADO DA LNB EN BRUXELAS!!

















Credivilidadea feixes na LNB ...mentras a podredume mais absluta se apodera dos estamentos futbolísticos internacionais con arranxo e compra de partidos, a dopaxe escorrega a regos polas estradas , campos , rings de boxeo e o presidente do estado e toda a súa comitiva gubernamental se arrastra pedindo clemencia ante en Alemaña , unha metáfora magnificamente representada pola restra de chourizos á que Charli , o campion do Lacón de Meira , lle mete o dente diante diante da para algúns delirante imaxe dunha bandeira da Europa cunha estrela marcada polo cané da LNB co se evidencia a marabunda que esixe a berros á Galiza como novo estado d´europa xa!!. Un sucesso brutal nun Aberto do Lacón de Meira cuxo impacto e exitazo total escorrega por fóra das marxes , imperdíbel as crónocas no Dioivo, no web-blog oficial da Norleste, no web oficial de Carabullo , no xornal A Chaira, No dixital da mariña Crónica 3 ...



Unha credivilidade e audacia a da LNB baseada en pilares tan potentes coma o de Moncho Valcarce , o Cura das Encrobas cuxa imaxe e teoloxía da liberación galaika é un dos referentes básicos para o devir actual e futuro da gran serpe multicor. Impresionante ademáis o prato coa súa imaxe gravada en releve que ven a consolidar a teima histórica na LNB de buscar trofeos diferentes con entidade e simboloxia propia fóra da pantomima dos "trofeos de postín" que non digan nada. Lacóns , restras de chourizos , queixos de Casa Anxel e a forza da obra e imaxe de Moncho Valcarce ....ise ó o empurre que necesita iste puto país e non a morralla que se amontoa nos concellos, deputacions e no parlamentiño...LNB golpe de estado e asalto ó parlamento europeo xa!! 

domingo, fevereiro 03, 2013

A DISTRIBUCIÓN DOS CARNES DA LNB LANZA NO ABERTO DO LACÓN DE MEIRA A IMPACTANTE CAMPAÑA >> "GZ-REPÚBLICA BILLARDA , NOVO ESTADO D´EUROPA XA!!"















Sabedores que nengunha organizacion social nen política do país é capaz de atreverse a dar o paso ó fronte para esixir o referendo no que os galeg@s poidamos elexir libremente o noso futuro , é unha vez máis a LNB quen ten que acender o chisqueiro para fumarlle as tripas ó can e lanzar as sinais de fume para que na Europa escoiten alto e claro o buar do pobo galego. Sen intermdiarios e ó carón dos irmáns cataláns , a LNB arrincou coa distibucion dos carnés de billardeir@ oficial un proceso sen volta atrás para que nun futuro a GZ-República Billarda poida ingresar por motu propio coma estado de pleno dereito na unión europeia, unha campaña que se extenderá ademáis ás embaixadas da LNB en Europa cuxa presentacion terá lugal na sede-LNB en Beltfasf cunha explosiva accion billardeira . E atencion porque no set de Tele-Varal a pé de pista produciuse a primeira video mensaxe billardeira da história en Alemá dirixida polo gran palandor Italo-galego Franco á chanceler Angela Merkel para pedir o ingreso inmediato da Gz-República Billarda coma estado de pleno dereito na comunidade europea ..ou senón que se ateñan ás consecuencias.

















Alerta máxima non só no estado español senón en toda a zona euro ante a posíbel irrupcion billardeira no contexto mafioso que a día de hoxe dirixe a presidenta alemá Merkel. A mensaxe dunha única identicacion billardeira e a posíbel queima xeralizada de DNIs na galiza implica un importántisimo toque de atención cara á construccion dunha plataforma galega cara ó dereito a decidir ceibemente. Un varado pois en Meira de toda a tribo LNB para construir un futuro digno , tan potente coma o que conseguíu o gran palanador de Carabullo, Ismael Outeiro, que celebrou así por todo o alto o seu cumpreanos e que culmirá no explosivo Billarda All Stars 2013 en Outeiro ( Muimenta ) pasando antes polo explosivo 23 F , co Aberto da Tarta de Mondoñedo e posterior Aberto nocturno do Golpe e traca final coa incendiaria FoliadaRock no Bar Porriño da vila de Cunqueiro          

















Ambientazo na pista do Pavillón Municipal de Miera , unha parcipiación histórica que rozou os 75 participantes nun día que pese a non poder desfrutar dun Aberto ó ar ceibe no marco imcomparábel da praza do Convento congregou a toda a tribo da Norleste nun dos puntos claves para a súa poderoso e imparábel expansión chaireira.















Un compromiso absoluto co presente e futuro do país que ó igual que o refencial Moncho Valcarce , a LNB ten en cada un dos seus movementos . Foi pois unha magnífica elección a da tribo do NorOeste , a da imaxe do Cura da Encrobas ...



















para ilustrar o seu Aberto celebrado iste domingo 3 de febreiro en Culleredo do que saíu vencedor o gran Billardeiro Musical  Daniel de Roteiros.

















Un palanador Daniel , que estivo o día anterior no Pavillón de Meira quentando a boneca xa que non puido acceder ó podium , unha escaleira de tres pés que tivo a NOÉ de Troitas Bravas coma terceiro clasificado , á actual campioa nacional Lu de Corredoiras como segunda clasificada e ó gran Charly de Carabullo de Muimenta no máis alto da escaleta agarrado a un espectacular lacón e a unha restra de chourizos en repulsa ante  insostiobel situacion que se vive nas máis altas instancias do podrido estado español . Atencion ó espectacular crónico no web-oficial de Carabullo porque seguro que agora Charly non se identificará coa incríbel imaxe de Federer esnaquizando unha raqueta , falta saber sen embargo se ise lacón rematá coma Bárcenas agachado nunha conta dun banco Suizo mais coñecendo a dignidade de Charly e da súa franquicia Carabullo sabemos que isto é imposíbel . Carabullos e Lacóns polo ar de Muimeta , Gz-República Billarda novo estado d´Europa xa!!

sexta-feira, fevereiro 01, 2013

A DISTRIBUCIÓN DO ALMANAKE-LNB E CARNÉ DE BILLARDEIR@ OFICIAL O SÁBADO NO ABERTO DO LACÓN DE MEIRA E O DOMINGO EN CULLEREDO SUPON O TIRO DE GRAZA PARA DENOSTADA "MARCA ESPAÑA"!!


































Tal como están as cousas por ahí arriba como anuncia o espectacular cataz do Aberto do Lacón de Meira o mellor que pode facer a sepre multicor da Norleste iste sábado pola tarde cando se dirixa a deputar o mítico torneo da perna de diante do porco é correr cara ó Pavillón Municipal porque a cousa vai esta dura de carallo...mais non tanto coma para todos ises que aínda a istas alturas seguía pondo bóa cara ante o descalabro da denominada "marca españa ", coa xefatura do estado , os tribunais , os estamentos deportivos e o goberno en pleno convertido nun estercoleiro sen dúbida é o intre de que tod@s ises ilusos queimen o seu DNI e abracen por fin a nova identidade billardeira , iso se producirá tamén no marco diste agardadísmo aberto do Lacón xa que como é norma na conferencia mae coa inscripcion de 2 euros para a desputa do aberto cada palanador e palanadora recibirá o seu espectacular carné de billardeir@ oficial , unha nova identidade que liberá ó seu portador da inxuria e do xugo colonial dun réxime democraticamente dictatorial e podrecido en todas a súa estructuras. A cita ás 15:30 h no Pavillon Municipal de Meira / Contacto: 605.316896

DOMINGO 11:30 H / PISTA CASTRO-LAXE ( CULLEREDO ) 
















E non só será a serpe multicor da norLesta a que dsafíe o temporal ista find, senón que a do Noroeste tamen se pon en marcha para o domingo en sesion matinal invadir a pista de Castro-Laxe no concello de Culleredo , precisamente nun punto estratéxico do país para continuar co tecido de alianzas  billardeiras xa que nise punto se acaba de montar a terceira franquicia da PizzBur baixo e denominacion de Galippiza&cia  . Atención pois porque o terceiro tempo pode ter lugar sexa niste aberto ou en futuras enganchadas da NorOeste niste espazo liberado pola Galipizza que chimpa dende os emprazamentos de  Ribadeo e Vivieiro ás bravas terras de Culleredo . Contacto: 679.908773


















Non sería a primeira vez nen moito menos que as Galipizzas alimentan os golpexos dos palanadores e palanadoras da LNB , no circuito da LNB nas festas patronais de Ribadeo o ano pasado celebrouse o espectacular I Aberto da Galippiza cun impresionante exitazo,



E xa que nen da xunta nen do seu iliustrísimo presidente agardamos máis cousas que represion e xenofobia galego-billardeira  non sería de extranar que ista gran irmandade coa exquisita e poderosa Galipizza se reforzase con sucesivos chanzos e se Ex_Tendera incluso cara albrestradas alianzas ... Parcelaria Nom, Galipiiza e Biharda Sim!!