O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 31, 2013

ZARRAPASTRÓN E BIRYA SEMENTAN DE LIRIUS O PYONGYANG CANTÁBRICO!!




















Por un raposo cuidar o galiñeiro ten os seus inconvintes mais se se trata do primo irmán da espectacular creación do ilustrador Antón Romero RuAn que no páis veciño se lle coñece xa multitudinariamente coma  Zarrapastron o que fai é por alerta á gran galiña amarela da oficalidá para que en Xixón se vaia mutando nise Pyongyang Cantábrico que no canto de misís dispoña os lirius para o ataque...



Fai unhas semanas en Muimenta os activistas da LNB adiantándose á tension que se vive na peninsula de Korea dispuseron as billarda e os paláns ó servicio da integridade da filosofíía LNB nunha nova edicion do xa mítico Billarda All Stars  como podedes ver no espectacular video realizado polos activistas de Tele-Varal , alerta guerrillas, Muimenta foi o sitio e Ismael ,  un palanador da equipa local Carabullo foi o primeiro que fixo realidade o mito de incendiar unha billarda abrindo a fenda para que o escrache billardeiro pida visualizarse xa no horizonte!!


Fai un par de semana na television nacional asturiana ( TPA) emiten cada sábado ás 15 h. un programa adicado ó desporto tradicional chamado La Bolera , algo inaudito niste noso país no que a TVG2 está centrada na difusión de desportos antigalegos para tentar  acurralar  ós deportistas galegos de seu nun limbo de aramios de espiños , mais ó igual que come os coscos das leitudas BIRYA , a irmá xemelga de Pincha , a persosaxe de creada por RuAn da que todo o mundo agarda xunto a Golpiño a súa de seguro histórica primeira tira  ilustrada . Menttras  BIRYA sáe  a escea para correxir a ZARRAPASTRON  e alartar a toda a tribo Liriu de que a quedada é en Xixón o vindeiro 14 de abril...os posuidores da Copa Cantábrica amosan de novo os dentes das súas machorras!!  

sábado, março 30, 2013

TRIVES INSCRIBE O SEU NOME COMA REFERENTE MUNDIAL DA BILLARDA E DO BARATHÓN!!














Exitazo sen paliativos, o pasado xoves Trives e Montevideo unidos por un mesmo grolo xa que son os dous grande referentes mundiais do Barathon , un xeito diferente e análoga á LNB de entender o desporto , un Barathon que rematou no lusco e fusco cun Abertinho de Bilharda que venceu Alejandro que agarra co puño o valiosísimo trofeo , unha victoria que o ven a reconcilar coa billarda despois da súa particiación no mítico Aberto do Ancares do Fegalcat donde quedou á portas da gloria e de abrazar cheque.















Ambientazo en todo o percorrido no que os Baratletas non deixaron nen un intre de hidratarse , o pobo de Trives viveu unha xornada histórica e acende a mecha para que outras vilas e cidades do país se animen a combatir a crise e o desastío como fixeron istes emprendedores e billardeiros ourensáns.















O barathón un desporto que coma a billarda é por esencia radicalmente mixto, amosou ás claras a forza e puxanza das barathetas que rendiron a un nivel fantástico .
















A entrega de premios e diplomas converteuse nunha auténtica e incontrolábel festa que deu paso á desputa do Abertinho diante da porta do Bar Vía Nova , un intre no que moitos barathelas co bico quente e o corpo morno decidiron recuncar o circuito pero inxerindo cubalibres. Unha aposta fortísima cara ó absimo mortal do Ultra-Barathon que non puido ser completado por nengun dos particiantes.














Éxtase total que producíu case o desfalecemento de varios Baratletas-palanadores que retaron a proba ó lime das forzas , aquí podemos ver a extremecedora imaxe do campión do Abertinho pensando se pedir outra ronda ou gardar os cartos para mercar un libro que proximamente editará xerais. Barathon sempre, Adiante co Varal!! 

quinta-feira, março 28, 2013

CADA BARATHON A SÚA BANDA SONORA!!!



Todo Barathon necesitta a súa banda Sonora ..e que  mellor que o brutal estoruido de Ex-Tension Agraria acompañando os grolos atléticos dos activistas que iste xoves apartires das 16 h. como se puido sentir na espectacular entrevista ó palanador Xosé Miguel Blecua nos micros de Galicia por Dainte de Radio Galega arrincará da Praza do Pilón para desafiar o feixe de bares inscritos no gran desafío. Un desafío temén que os Ex-tension lanzan ó programa VClips de VTelevison que ten secustrado iste video que istes días para celebrar a semena anti-santa destapan para tamén denunciar publicamente o linchamento ós grupos galegos de seu que dende iste programa se produce dándo cancha a grupos de dudosa calaña e condeando ó abstraccismo ós que falan alto , claro e en Arxina.

Un final incerto tento o do Barathon coma o de Ex-tension Agraria en VClips , o único certo é que ista tarde de xoves os corpos e gorxas piden guerra e en Trives vaina haber e da boa , e atencion porque os palanadores e palanadas inscritos no Barathon xa avisan que van ir acompañados dos seus paláns e billardas para no ultimo bar do desafía O Bar Vía Nova realizar diante da porte un Abertinho cuxo campi@n será premiado cumo mellor agasallo posíbel para un Barathela ...unha espectacular botella de licor kafé!!

quarta-feira, março 27, 2013

"SONHOS DE JAZZ" O ESPECTACULAR CARTAZ REALIZADO POR UN PALANADOR DA LNB PARA O FESTIVAL DE JAZZ DE DONOSTIA!!


































A poderosa e indomábel fronte contra-cultural da LNB dispárase intratábel cara diante cunha forza que racha fronteiras adentrándose nas terras da Txirikila con parada xusto fronte á praia de Concha . Se hai un festival de Jazz refeencial non só en europa senón no planeta , ise é o Jazzaldia de Donostia , ó caron do de Montreux é un dos puntos clave para os afeccionados do xánero que polo menos unha vez na vida teñen que estar e para elo nada mellor ca un cartaz tan atrainte coma o que apresentamos en exclusiva mundial realizado polo gran palanador de ExtenSion Billarda Nacho Eiros que despois do pasar as primeiras cribas está a competir na finalísima para ser o cartaz ofiacil da edición 2013 do Jazzaldia. Carteis tan espectaculares coma os das ultimas edicions do Festival da Chaira , os das actuacións da súa banda Ex-Tension Agraria e mentras prepara o que será o gran cartaz do primeiro Aberto das Freces de Bretoña podemos toda a tribo LNB votar coma posesos na páxina do festi  para que "Sonhos de Jazz " que se convirta no cartaz oficial dista edición xa ..... se é así garantimos que Nacho incorporá unha seccion no mesmo que anuncie o I Aberto Jazzaldia Txirikila-Billarda !! 












E naturalmente como as billardas son os primos-irmáns dos paxaros e rapiñas non podiamos esquencer a reivindicacion dun discazo dun dos referenctes fundamentais do poderoso cosmos do jazz galego . Falamos do contrabaixista Kin García que artellou o seu ultimo traballo entorno á súa outra paixón paralela ás catro cordas que non é outra que a cetraría ou mundo das aves de rapiña. Unha pàsada absoluta na que cada tema leva o nome dun águia á que Kin García e a súa banda fan a seu retrato sonoro .


Non sabemos se KG Trío van estar no festival de Donostia diste ano , o que si sabemos é que se tocan preto de ti tírate ó local coma unha rapiña se tira ó rato correndo no prado e ogallá que Kin nunha das súas futuras intervencions sonoras se fixe no vóo da estornela na procura do Varal.. Billarda Sempre, Adiante Sonhos de jazz!!

segunda-feira, março 25, 2013

ISTE SÁBADO EN MUIMENTA CARABULLO EXECUTA A GRAN MUTACIÓN ANTI-IMPERIALISTA DO VARADO Ó HOME-RUN!!
















Xusto acaba de rematar o Clásico Mundial de Beisbol-2013 que reuníu ás mellores seleccions do mundo diste deporte fillo da billarda na fase final desputada en Estados Unidos . Unha competicion na participou a selección española plaganada de mercenarios nacionalizados , de feito ningún e excepcion do pitcher canario era nado no estado , curiosamente un lugar donde a billarda ten tamén unha fortísima implantacion.














Os irmáns de Carabullo que maxistralemente coordiaron o pasado Billarda All Stars como xa nos teñen dito en algunha ocasion confirman coa posta en marcha diste novo encontro de Beisbol Muimenta-Outeiro a súa firme querencia por iste deporto irmán cuxa desenrolo mais profecional ten lugar en terras Americanas , do Caribe e o Xapón. Fai un tempo a LNB xa estableceu contacto con membros da Comunidade Dominicana asentados na Galiza e por medio dusn clinics en Ribadeo de ViTilla-Billarda , tentar achegar posturas cara un futuro encontro bilateral no mais alto deputando un partido internacional de Billarda e Beisbol coa Auténtica coma aglutinadora de desexos. Pois ben , Ismael , Charly e demáis tribo carabulla iste sábado emularán ó Comandante nos seus tempos de plenitude física tentando realizar un home- run ó capitalismo salvaxe.

















Espectacular cartaz anunciador do evento que toma coma referencia o Clásico do Mundial de Beisbol 2013 cuxa final de desputou en San Francisco  donde a República Dominicana venceu nunha desputada final contra a poderosa selección de Puerto Rico . Carabullo Sempre, Adiante co Varal!!

NA FIND. DO CORRALIÑO CHIPRIOTA .....A LNB RESPÓSTALLE Á TROIKA CON VIÑO E BILLARDA EN BARRANTES!!

















Viño e billarda ... o coctel molotov máis perigoso que se pode xerar istes días de confusión estourou iste sábado nas terras do Umia , sen tregua e sen pausa a Conf. RíasBaixas non se atemorizou ante a cuivia e o mal tempo , quentou o corpo cos mellores brevases brancos e tintos e baixo as euralitas do pavillon de Barrantes despachou unha a nova e emocionante engancha puntuábel.

















Nunha find. de tension máxima na eurozoa coa Troika amizando ós irmáns Chipriotas a LNB lanzou billardas contra o corraliño que hoxe azouta á illa mediterranea e que mañá amiaza xa con por o nó o noso pescozo.

















Casilledin confirmase coa xestion e organizacion diste Aberto coma unha das referencias fundamentais e referenciais a nivel nacional da LNB xa que afianzan o seu proxecto billardeiro nas terras do Umia sobre o pilar de ser un unha das franquicias con máis palanadores e palanadores militando activamente en cada torneo .

















Xogaban na casa e ante o seu público e os Caselledin non defraudaron o coparon o pódium por completo con Fariña no máis alto respetando ós seus adversarios e compañeiros non como aconteceu iste domingo no desporto irmán da Formula1 donde Vettel e Webber ambos de red bull case se lían a paus primeiro no asfalto e logo no pódium . Casilledin, Billarda Sempre!!

sábado, março 23, 2013

LigaNacionaldeBillarda.com >> UN DOMINIO E UNHA IMAXE POSTA A SALVO!!

















Iste pasado xoves celebrouse de novo a gala dos premios do deporte galego 2012 , foi en lugo donde os premiados recibiron os seu galardón e a consabida palmadiña dos responsábeis máximos do deporte galego. Mais un aterrador suceso acontecido cando nas pantallas xigantes do pazo da cultura apareceron imaxes  de palanadores e palanadoras da LNB fan que lamentemos enormemente a falta de respeto  e sensibilidade institucional para utilizar sen  permiso nengún a nosa imaxe. Nun país civilizado calquera isto non tería acontecido xa que para emitir isas imaxes  teríase pedido falado cos palanadores e palanadoras utilizados nos sports .Un feito iste de define á perfeccción a nosa indefensión total ante a utilizacion e difusion interesada da nosa imaxe , é por elo que dende xa e para a defensa da nosa imaxe coma ente intregral xa está rexistrada  marca e dominio "LigaNacionaldeBillarda.com" . Pola dignidade do noso deporte nacional , Billarda Sempre!!

sexta-feira, março 22, 2013

O SÁBADO FACHENDA BILLARDEIRA EN BARRANTES E O XOVES BARATHON E ABERTINHO EN TRIVES!!
















Cando o río soa ...auga leva e se soa coma o Umia iste sábado 23 de marzo é que viño e chupiños tamén leva , será pois unha ocasion perfecta de aproveitar a nova xonada da Conf. RíasBaixas para mergullarse de xeito total no intenso  universo furancho por activa  e por espasiva...

















xa que a equipa local dos Caselledou das terras do Umia que coordiana iste sábado apartires das 16 h. o gran Aberto de Billarda na praza do alto do carballeira de Barranteres , unha accion que terá un arrinque espectacular coa quedada previa e pequena xeira polos Furanchos antes dun xantar de irmandade entre os que queiran ir preparando o corpo cara o gran desafío do Xerro do Salnés fronte ás sedentas unidades do hemisferio norte da LNB. Info e contacto: 637.564377

O I BARATHON DE TRIVES ESTUDA REMATAR CUN INCENDIARIO ABERTINHO DE BILHARDA!!











É innegábel que o impulso das billardas ten que vir da forza do palanador ou palanadora , un impulso e punteiria que se afina moito mellor se se lle meten ó corpo unhas tazas nun furancho e moito mellor aínda depois de participar nun explosivo Barathon coma o que se vai celebrar iste próximo xoves en Trives. Nun intre no que máis ca nunca se precisan de fórmulas imaxinativas para defenderse atacando dos xostregazos da crise a idea sacada adiante por un grupo de rapces de trives , e entre eles un dos referenciais activistas da LNB da Conf. Sur militante da Faisca.

















Falamos e Falamos en Galego por supoto do referencial Xosé Miguel Blecua , un dos principais armadanzas do proxecto do primeiro Barathon na Galiza que iste vindeiro xoves irromperá nas tascas e bares dista vila Ourensán . Arrincará a iso das 16 dende a Praza do Pilés e só o diaño sabe como remará porque como nos comuncaron xa dende o colectivo de emprendedeores un dos xeitos que matina para retar o Barathon é coam celebracion dun explosivo Abertinho de Billarda . Sumerxete na espectacular entrevista que GaliciaConfidencial lle relaliza a Xosé Miguel e vai preparando o fígado porque unha das ideas coa que parte ista Barathon é ademáis de desfrutat a tope o de Trives espallas a idea polas vilas . aldeas e cidades do país. Inscripcion >>  696.782606

terça-feira, março 19, 2013

TAZAS NO UMIA QUE ALIMENTAN OS POSÍBEIS VARADOS NAS EXTREMAS E DURAS TERRAS DO "VAL DE ELLAS"!!
















Sabido e empiricamente demostrado ultimente está que que a auga estraga os camiños , é por elo que os membros do referencial equipa CASELLEDIN artellan para a celebracion do próimo aberto na Conf. RíasBaixas un podersoso cortalume líquido a inxerir nunha de seguro espectacular quedada nun Furancho de Barrantes para un gran xantar de irmandade antes da enganchada puntuábel nas míticas terras do Umia .

CASELLEDIN ORGANIZA A PRE-COMPETICIÓN DO ABERTO CUN XANTAR NUN FURANCHO DE BARRANTES!!











Unha brutal irrupcion furancheira en Barrantes que será a antesala perfecta para o xa mítico Xerro do Salnés e xira de furanchos en Xil  que xa se alvisca no horizonte e para o que a tribo do NorLeste xa anda alterada quentando os motores da Guagua - Transcribimos a nota oficial sobre a gran quedada furancheira >>  
Como xa sabedes a próxima xornada vaise disputar en Barrantes, e o equipo local, Casilledín, vai facer un xantar pre-competición nun furancho da localidade, a pagar a escote. o prezo será de 12€ persoa, ( nenos gratis ), e o menú constará de calamares, tortilla e churrasco en forma sólida, e líquidos variados, a saber, café, licor-café, caña de herbas e, sobre todo, Tinto Barrantes... Os interesados, apuntarse niste  facebook ou no telf. 637.564377  a ser posible antes do Xoves noite...




Uns varados e unhas tazas de Barrantes que de seguro nun futuro poderán reasoar e beberse en terras do Val de Ellas en Extremadura  donde a nosa lingua e cultura xesiste rexiamente adaptadas a ise paralelo peninsular. E mais agora que o grupo de estudo lingüistico da universiade de Vigo dirixido polo referencial Quique Costas vai levar entre as súas pesquisas a pé de campo o análise da actividade billardeira pasada e actual  nas terras  tamén coñecidas coma do Val de Xálima, un estudo no que se baseará a posíbel futura irrupcion da LNB niste enclave de fala galega na provincia de Cáceres no que podería constituír a Conferencia Ultra-Sur da LNB

segunda-feira, março 18, 2013

XERAIS ULTIMA O LANZAMENTO DUNHA BOMBA DE RELOXERÍA CONTRA A ESENCIA DO XOGO E DO DEPORTE TRADICIONAL!!















Refregade os ollos porque o que estades a ver non é froito dunha alucinacion polo inxesta masiva de licor café  senón que é a realidade pura e dura coa que a editorial xerais se atreve a lanzar a campaña promoción do libro "Tastarabás" , unha suposta enciclopedia de mais de 1.000 páxinas entorno ós brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. O do autor carece totalmente de importancia cando o prezo dista obra é de 48 euros se se pide por adiantado e 80 se se merca na libraría cando iste brinquedo literairo esteña nas súas estanterías. Con ista publicacion xerais dá un perigosísimo paso cara ó precipicio situando ós xogos e deportes de esencia tradicional nun inaudito estatus de elitismo ó caron do padel ou golf ó cal só poden aceder ises imbéciles e escuros cuxo peto llo permita , un insulto a todos os activistas reais "dos que se mollan" de verdade cando xogan ou practican o seu deporte tradicional preferido de xeito regular cada fin de semana
















Cada colexio , centro de ensino ou biblioteca pública que pense en adquirir iste Corán para pudrir nas súas estanterías que reflexione antes se non lle sería mellor realizar un Aberto de Billarda ou calquera outra actividade coa que a comunidade se sinta viva e partícipe dun proxecto lúdico-deportivo propio e contemporaneo e sobre todo que para realizalo non sexa necesario linchar centos de árbores para imprimir máis de mil páxinas.Ti decides , podes ir xa reservando o libro no seu correo ( xerais@xerais.es ) ou amosar o teu malestar dirixíndote á editorial ou deixando no seu Twitter ou facefook oficial  o estalo  : Pola dignidade do xogo e do deporte tradicional , Billarda Sempre!!

domingo, março 17, 2013

"LACÓN E BILLARDA" , AS VERBAS CLAVE NO DESENROLO DA OPCIÓN DO IDIOMA GALEGO NO XOGO DE APALABRADOS!!



A serpe muticor da LNB arribou iste pasado sábado á cidade das murallas para desputar un novo aberto puntuábel , torneo no que o ano pasado estivo desfrutando canda toda a tribo o gran palanador e activista billardeiro Isaac González , Sak , mais ista find mergullado na boráxie brutal da presentación do Apalabrados en Galego da cal el á fronte da referecial empresa compostelá Cilenis é o máximo responsábel. Niste espectacular video realizado poe CodigoCero Sak fala do paso de xigante que supón ista acción para a lingua galega , un chimpo que arrincou nun xantar no LaconNetwork e que cita incluso o éxito de propostas coma o programa da Galega "cifras e letras" donde moitos palanadores e palanadoras pasaron pola pedra os seus coñecementos linguisticos e matemáticos para explicar o impacto e exitazo que está a ter en tódolos frontes a aplicacion do Apalabrados Galego . Polo procesamento da linguaxe natural e a inxeñería lingüistica e social ... Apalabrados e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

A BILLARDA E A FORMULA -1 , DOUS DEPORTES IRMÁNS UNIDOS POLO HOMENAXE Ó COMANDANTE CHÁVEZ!!












Por unha vez a billarda e a formula 1 dan un poderoso paso ó fronte enfundados nunha camisa vermella , agarrados da amn e co puño en alto .  Lugo e Melbourne unidos iste fin de semana unidas polas referenciais escudeirías MadiaLeva e Williams que obraron o milagre de deixaren ós seus palanador@s e piloto expresaren o seu mais fondo sentir polo falecemento do lider bolivariano. Nun acto absolutamente inesparados para moitos e que pode incluso reprantearnos a vision que sobre iste pseudo-deporte ( curiosamente definicion que moitos tamén aplican á billarda) , a accion do piloto venezolano Pastor Maldonado colocando unha espectacular pegatina no seu casco coa mensaxe" Hasta Siempre Comandande CHAVEZ " vai facer coando menos que iste domingo moitos desaxamenos lancemos os nosas billardas cando o seu monoplaza para que acade a victoria nis primeiro premio da tempada.


















As chuvia no circuito de Albert Park e na pista da Piringalla obrigaron tanto a pilotoso coma palanadores e palanadoras a por neumáticos de mollado e refuxiarse na espectacular Pista cuberta do colexio Anxel Fole donde a revolucion bolivariana e o Indixenismo Billardeiro se deron a man para homanaxear á Comandante que definitivamente non vai ser embasamado senón enterrado no seu pobo natal e sobre o seu corpo prantar unha árbore.


















Unha árbore que de seguro sairá firme e rexa coma os varados dos planadores e palanadoras da LNB que iste sábado se deron cita nun dos Abertos máis multitudiarios e intenso de toda a tempada na Norleste.

















Ademaís dos activistas aborixes ate a pista do Anxel Fole se achegaron comandos Gharabotos e Corredoiras do Hemisferio sul galego que non quixeron perder a ocasión de compartir unha nova xornada insequecíbel cos irmáns da Conf. Mae . Un Aberto no que de novo o bulir da fronte artistica da LNB botou lume con proxectos de tal embergadura coa a posíbel posta en marcha daprimeira exposicion itinerante de artistas LNB . Foi tan a intensidade que ate o propio Alfredo Pirucha comezou a preguntar que órgano do seu corpo desexaría a xente que cortase en actitude desafiante ó mesmísimo Van Gogh.

















Mais non só o pulso artistico estivo totalmente acelerado , pro primeira ves na hostória que se saiba , a LNB servíu como plaraforma fianceira e o broker foi como non podía ser doutro xeito o noso seleccionador Nacional Manolo Flores , que aproveitando o Aberto da Tarta de Mondoñedo pegou en varios bares da vila  o cartaz de " Vendese Monte" un aviso que os mesmísimo Ex-tension Agraria lanzaron no seu brutal concerto no Bar Porriño, pois ben , no medio do bruar das billardas en Lugo Flores comunicounos que a venda do Monte se fixo efectiva e o comprador era un veciño de Mondoñedo que recibira a mensaxe pola irrupcion da LNB na vila de Cunqueiro

















Fantástico ambiente en Lugo que fixo posíbel vencer a xélida tarde que nos atrapou na cidade das murallas , unha tarde que se inicaba co extremecedor hastag #billardatimes do gran palanador e productor dos Outros, Eric e vaia se aproveitou o tempo xogando á billarda xa que foi o único plano da tarde polo que se fixo coa espectacular botella de auténtico Ron da República Bolivariana de Venezuela , segundo foi o Italo-Galego Franco que ó contrario do seu país natal el si é capaz de formar governo e en coalicion co seu palán realizou un maxistral aberto que o deixou ás mesmírimas portas do ceo, e terceiro foi o gran Martiño dos Remourlle Bulls que segue a aciñando a gloria que polo momento se lle resiste....MadiaLeva , ate a vistoria sempre!!  

sábado, março 16, 2013

AS CORES DA BANDEIRA VENEZOLANA PRESIDIRÁN O VI ABERTO CIDADE DE LUGO!!

















A dor do pobo venezolano tralo falecemento do Comandante Chavez percorreu o mundo enteiro ate as grandes estrelas de Hollywood coma Sean Penn  lle renderon sentida homenaxe ó lider bolivariano desaparecido en cada vez máis estranas circunstancias.

















Iste pasado martes en Ribadeo , celebrouse o xa mítico I Aberto Bolivariano de Billarda coordianado polo clube de Anti-fans de Ex-tencion Agraria e os irmáns de Amodiño TendaBar que acendeu a mecha para que iste sábado en Lugo as cores da bandeira Venezolana , o faciana do gran lider indixenista latinoamericando enfundado na camisa vermella e unha espectacular sesion de musica revolucianrio-bolivariana acompañe cada un dos golpexos na pista da Piringalla niste MadiaLeva VI Aberto da cidade de Lugo....Nabos , Ron , Billarda e Indixenismo Sempre!!

quinta-feira, março 14, 2013

VI ABERTO DA CIDADE DE LUGO....NABOS , RON E BILLARDAS!!

















Todo listo e disposto para iste sábado deslizar as billarda sobre a leira de navos sintéticos na Piringalla no novo Aberto da cidade de Lugo , un luxazo de espazo que no caso de termos dificulatades metereolóxicas haberá agocho no pavillón do I.E.S Anxel Fole a escasos metros da debandita pista . Será de novo un Aberto dises que deixan pegada e mías ainda porque os activiasta do MadiaLeva andan metinando no deseño dun mural xigante ó pe da pista con motivos billardeiros para deixar claro ante os ollos da cidadanía que unha outra muralla art´sitico bilalrdeira é posíbel. E non só iso xa que depois do exitazo do I Abertinho Bolivariano celebrado o martes en Ribadeo a xente de MadiaLeva vai incluir no lote de premios unha espectacular botella de Ron Venezolano para homenaxear ó gran comandante Hugo Chavez  falecido por mor da bacina letal docapitalismo salvaxe tal e como afirma o presindente Nicolás Maduro.

EX-TENSION AGRARIA COS PALÁNS NUN BATUXO DE FONMIÑA A BRAGA!!



















E coma previo de absoluto luxo ista quinta feira tando Nicolás Maduro dende o seu despacho presidencial en Caracas coma ti na túa casa estexas donde esteñas poderás sintonizar aparitres das 20 h . ( hora galega e portuguesa ) o referencial programa da Radio Univerdiaria do Minho que se emite dende Braga donde os Ex-Tension Agraria , grupo de rock Indixenista formado nas pistas da LNB que fartos do boikote da radio pública galega e dos medios nacionais en xeral , fai uns días depois dun ensaio no seu zulo en Bretoña camiño de Meira para rebaixar as botellas de Licor café inxeriadas botéronse a beber en FonMiñá en aparecerán iste xoxes en Braga nas ondas da Radio Universiataria do Minho >>  www.rum.pt ( sintoniza o seu dial)

...E DE BRAGA A DUBROVNIC Ó GRAN TORNEO DO NIÑO DA CIGOÑA!!













De seguro que depois do bautismo de sangue billardeiro no ar de Braga perpetrado pola accion de Ex-Tension e do pintor Pirucha que foi quen preparou o fogueira o bruar das bilalrda virán en breve nise tan desexado e agardadísmo primeiro Aberto da LNB en terras lusas , unha ansia de encontro e irmandade entre civilizacions billardeiras que nos leva de novo á entrada de Bretoña , a vila luguesa donde nun poste da luz aniña unha cigña que de seguro será o emblema que porte a LNB cando nun futuro próximo poidamos xestionar a presentacia dun comando billardeiro na gran competición do universo Pandolo que se desputa na  cidade Croata de Dubrovnik e leva o nome de " Torneo do Niño de Cigoña". 

quarta-feira, março 13, 2013

A LNB ABRE DE NOVO O "CASO CAMPI@N" EN LUGO CUN NOVO GRAN ABERTO PUNTUÁBEL ISTE SÁBADO NA PISTA DA PIRINGALLA!!


















Foi Lugo co espectacular Aberto do San Froilán quen acolleu a gran previo antes do inico da tempada regular na Conf. Norleste, os polbos e as billardas copetiron aquela tarde polo protagonismo que sen dúbida  remataron consguindo os palanadores e palanadoras da LNB acadado sobre todo pola impactante conexion coa pista de xogo que fixeran ao vivo as cámadas da galegas cunha intervencion do gran  Joam Bagaria , activista dos referenciais MadiaLeva que xestionaron e xestionarán iste novo gran e agardadísmo Aberto na cidade das Murallas.


















Se a metereoloxía non é excesivamente adversa será a pista de herba artificial da Piringalla donde se viñeron celebrando os anteriores anos donde se desputará o Aberto mais se a cousas se pon fea e en vistas da crudeza extrema distas ultimos días os MadiaLeva xa teñen o Pavillón do IES Anxel Fole ( rúa Angelo Colocci ) que está a escasos metros do campo a ceo aberto preparado para acoller á gran serpe multicor da LNB.


















Son xa un feixazo de edicións do referencial Aberto na cidade das Murallas , desputándose en diferentes pistas ate que nistas ultimas edicions se consolidou o pista da Piringalla como o espazo axeitado e foi en Lugo donde ondeou por primeira vez a bandeira portuguesa ó carón das billarda da LNB , un feito que semella ter efecto bumarang iste días xa que iste xoves ás 20 h. na irmá Radio Universitaria do Minho estrearán no ar luso as cancions do grupo Ex-tension Agraria , porque no esterco nacen as mellores flores - dende Lugo berraremos .... Baixa roxo o Minho,  Adiante o primeiro Aberto LNB na vila de Braga!! 

A LIGA DE PANDOLO DA CROACIA E SLOVENIA DESAFIA Á LNB COMO A MELLOR LIGA DE BILLARDA DA EUROPA!!
















Dende fai tempo levamos pondo os ollos nas competicions irmáns espalladas polo mundo , sobre todo dende que Ângelo , un dos mítico fundador do decano do Bélit barcelones "Casus Bélit" que fai unhas semanas celebraron na cidade condal por todo o alto a seu segundo aniversario. Ângelo está de volta no universo billarda e xa argalla a súa incursion nunha das franquicias da NorOeste xa que é a cidade da Coruña donde resiste coma todos nós os embites do capitalismo salvaxe. Foi el quen de novo conectou o radar para pornos sobre o aviso da espectacular saude que ten o noso deporte irmán nas terras Croatas e da Slovenia . Coñecer Dubrovnik ou calquera das cidades e vilas nas que de practica o Pandolo pode ser unha alternativa perfecta para unhas posíbeis vacacións inesquecíebis fóra dos malditos circuitos do turismo estandar. Cousas coma istas fan cada vez mais necesario o nacementos dunha axencia de viaxes travel-tour LNB que organice os viaxes cara ós paraisos billardeiros internacionais.

















Unha xestion Internacional da que falou o gran selecionador nacional Flores en profundidade na espectacular reportaxe do novo programa da galega " de quen ves sendo" que se gravou iste martes de chuvia a caldeiros durante a celebracion do gran Abertinho Bolivariano en Ribadeo . Un Aberto no que os irmásn da TendaBar Amodiño puxeron uns magníficos premios que encheron de solás os corpo do tres primeiros clasidicados , 3º Lucía dos Bulls-botella de Sidra ecolóxica, 2º Juan de B.Musicais - botellad e aceite galego e 1º Daniel de BM botella de viño ecolóxico galego. Imperdíbel as espectacular imaxes no espazo facebook do clube anti-fans de Ex-Tension Agraira que coordianaron iste emotivo aberto en recordo ó comandante embalsamado.

terça-feira, março 12, 2013

PERO DE QUEN CARALLO VES SENDO??

















Apartires das 16:30 h. iste martes no Vaticano arrinca o cónclave para elexir un novo Papa , simultaneo é encerro previo ó fume branco un outro lume vermello e puro acenderá sobre a terra baixo o barruzo na Alameda Ribadense para lanzar as súas lapas anti-imperialistas e Bolivarianas ó mundo enteiro,
















De quen ves sendo?? é a gran pregunta que relizarán a pé de pista os enviados da productora responsábeis dun novo programa da Galega que ousou por os ollos nas revolución billardeira. Somos orgullosos deportistas galegos fillos da furia a da carraxe...pola oficialidade, Ate a victoria sempre!!

segunda-feira, março 11, 2013

"MECOS DO SALNÉS" , CONFÍRMANSE COMA A GRAN EQUIPA-LNB NA LIGA GALEGA DE FUTBOL GAÉLICO!!
























Por fin podemos dar unha moi nova nova. niste universo de reveses continuos,  os irmáns do Futbol Gaélico que impulsados polo bafo atlantico dos referenciais Fillos de Breogán que fai un tempo xa pasaron pola Cantina da LNB para certificar o impulso brutal co que iste desporto está a brotar na Galiza e que foi unha das sementes principais para que se lograse constituir a primeira Liga Galega de Futbol Gaélico que está chamada a ser a vangarda das seleccions nacionais galegas en competicion oficial.

















Unha liga que por varios motivos non vai contar con varias equipas nas que militan moitos dos palanadores e palanadoras da LNB mais son varios os que decidiron integrarse nista competicion nas filas dos Mecos , a equipa do Salnés que ten coma grandes estrelas ós Gharabotos Cristian e ó Tommy N´Kono do Futbol Gaélico Luis tamén coñecido por Alfredo Pirucha, pois canda eles vai integrarse na equipa o Cristiano Ronaldo Gaélico . é dicer , Xosé Miguel P. Blecua cun polémico transfer da Faisca vai formar dos Mecos na franquicia xa coñecida coma a LNB do Futbol Gaélico na que todos temos moitísmas espectativas de como mínimo unha clasifiacion para Champions....Billarda Gaélica Sempre, adiante cos Mecos e co Varal!!

domingo, março 10, 2013

BRAIS EN MEIS E MARKITOS EN CULLEREDO PROTAGONIZAN A GRAN FIND. DA REVOLUCIÓN DOS "IOGURÍNS" DA LNB!!
















Arrincaba a find. billardeira con Tonho Randeeira riba do esceario con Zënzar na Capitol chamando á insulxéncia indíxeno-billardeira , un poderoso berro que resoou nas pistas de Meis e Culleredo iste sábado e domingo e que se espalla imparábel en cada golpe da madeira contra a madeira nas pistas da LNB do país enteiro...
















Foi sen dúbida a find .  dos ioguríns como ben ilustra  Luis Camiña no seu gran crónico foto-literario >>  como Chegou a revolución dos biberóns, Brais con 10 anos gañou o aberto da 11ª xornada da Conferencia Rias Baixas, converténdose deste xeito no xogador de menor idade en gañar un aberto oficial da L N B.





A xornada de Brais foi de autentico luxo, quedando 2º de grupo na fase clasificatoria, e desfacéndose nos cruces, de xogadores/as do top tem nas diferentes conferencias.

















En oitavos desfíxose de Andrés, en cuartos apartou a Geni, en semifinais tumbou a Luís Camiña, e na final rematou a Gelín e Fariña, con desempate a billarda máis lonxe, con éste último.

















1º Brais de Corredoiras,  2º Fariña de Corredoiras, 3º Gelín de Gharaboto foi o podium da clasificación absoluta e  1ª Geni de Roteiros, 2ª Lu de Corredoiras, 3ª Begoña de Corredoiras foron as tocadas pola gloria na clasificacion feminina niste novo Aberto da Conf. RíasBaixas.




















E en sesion de mañá iste domingo a Conf. NorOeste limpaba as lagañas a golpe de palán en Culleredo nun Aberto no que de novo os Roteiros acapararon a gloria , ista vez e seguindo a estela marcada polos ioguríns en Meis o día anterios foi o máis novo da SAGA Saavedra quen lle arrebatou ó seu "compañeiro" Daniel o primeiro posto . Dende a conferencia atlantica xa hai movementos para os días de Aberto na NorOeste pechar todas as vías de comunicacions posíbeis entre A Coruña e Ribadeo. E atención porque Lugo preparárase xa para recibir á gran serpe multicor da Norleste iste próximo sabado mais haberá un previo de luxo iste martes ás 17 h. na Alameda ribadense...Billarda Sempre!!