O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 30, 2013

BANCOS SI....PERO DE SALAR!!!



Cando de xeito incomprensíbel os responsábeis de VTelevison secuestran nun caixón o espectacular video do single Arxina e non o emiten no seu programa VClips , é de supor que se iste incendiario video-estalo do "pagaralo coa salú" chega ás mans dalgún dos seus directivos disa canle do tdt party pode que ate cursen  unha  denucia xudicial contra a referencial de banda de rock indíxena galego , porque ante a parálise social menos mal que hai un grupo que sinte as cores e cando sube ó esceario e cando colle os paláns nas pistas da LNB... benvidos ó brutal baño de realidade con auga fervendo verquido por Ex-tension Agraria!!














Mais OVaralRecords xa ten firmes aliandos como é a discográfica ribadense de música dance  HSrecords , co referenciacisl palanador dos Outros Eric coma un dos capos do selo xa anuncian unha impactante irrupción sonoro-billardeira coa que apoiar a oficialidade do noso desporto nacional e coa que  invadir as pistas de baile europeas e do continente ameiricano. Adentrate no seu novo web oficial donde podes atopar toda a info por se queres contratalos para a túa festa privada ou evento social incendiario. E coma guinda de pastel , fai uns días comantabamos o premio que Miguel Alonso , o cantautor irmán da LNB acadara co seu tema do República Billarda , aquí deixamos a entrevista verquida nun xornal na que fala do gran sucesso entorno ó xa  mítico tema " Días Raros!


Hai uns días celebrábase no teatro Jofre a entrega de galardóns do certame Lidera Ferrol 2013. En total, foron 120 proxectos presentados en oito categorías. O gañador, na especialidade de música foi Miguel Alonso. Como primeiro clasificado recibía 600 euros.
-Presentouse ao concurso co tema «Días Raros», ¿de que fala nesa composición?
- É unha canción un pouco curiosa no repertorio que eu fago porque está incluida só nun recopilatorio que fixo unha asociación lucense que se chama República Billarda. Eles pedironme un tema e así naceu está composición que fala dese xogo, pero tamén doutras moitas cousas.
-¿Cando estará listo o novo traballo?
-Espero que esté rematado no verán. No sei cando se editará, iso está no aire, pero espero que sexa o antes posible. A cuestión económica é o que pon máis trabas así que os 600 euros deste premio van servir para rematar o vindeiro proxecto. Vai a ir integro para iso.
-¿Que diferencia hai entre o anterior disco «A noite dos cans» e no que está traballando?
-Este disco vai a ser unha especie de recopilación e o outro estaba composto integramente por temas inéditos.
-¿En que se inspira á hora de compoñer?
-Un pouco en todo, eu teño 28 anos así que falo un pouco dos temas que lles pasan e preocupan aos rapaces da miña idade. Nestes tempos é imposible obviar os temas sociais ou a precariedade laboral.
Música de autor
www.miguelalonso.tk /  miguel_alonso_fdez@hotmail.com

segunda-feira, abril 29, 2013

XOSÉ MIGUEL DA FAISCA.... INTRATÁBEL EN CARBALLO DENTRO E FÓRA DA PISTA!!

















Cun palán nunha man e no outro unha estrela o sub-comandante Serxio Caamanho coordinou unha histórica accion na vila de Carballo para nun  futuro inmediato invadir a comarca de Bergantiños toda coas perigosas charamenas billardeiras da LNB. Case trinta palanadores e palanadoras organizados en catro equipas  Faisca , Asociacion de Veciñal Monte Pío , Coristanco e Furacáns foron os encarregados de abrir lume nista histórica tarde do xa mítico 28 de abril en Carballo que o sub-comandante Caamanho inmortalizou nise seu espectacular crónico directamente verquido do seu puño e letra...Conferência Bergantinhos , contra a mina e pola soberanía alimetar e desportiva sempre!!



















CRÓNICO>>  Numha jornada histórica botava-se a andar a LNB na comarca de Bergantinhos, forom 26 os palanadores e palanadoras que tentaríam erguer o copo da vitória entregado na Taberna de Maruxa, mas sería o palanador da Faísca Xosé Miguel, quem demostrando que os prémios gastronómicos som um incentivo para que dea o melhor de si arrasou na pista. 


















Assim depois de que varado tras varado demostrase que nom tem rival na cancha também demostrou que nom o tem nos bares, na referencial Taberna de Maruxa foi onde a presidenta da Asociación de Veciños de Monte Pío lhe entregou o trofeu, que a Maruxa se encarregou de encher rápidamente de licor café, e as sardinhas e a bola de pam que reivindicavam a soberanía alimentar com productos da terra neste aberto.
















Muitas caras novas cortarom o ar de Carvalho coa potência das suas bilhardas, dos 26 participantes tam só 6 jogaram algumha vez à bilharda, mas de seguro que o ambiente que reinou na pista de Carvalho fará que muitos destes palanadores e palanadoras engordem a serpe multicor da LNB em vindouras ediçons. E mais quando o espírutu da LNB estivo presente desde o primeiro momento, na prévia do aberto onde como nom num bar tinham lugar as primeiras apostas, o que bebese mais rápido duas taças de vinho estaría exento de jogar em manga curta, e como nom Xosé Miguel mostrou o seu poderío, intratavel fosse qual fose o reto.

















Isto notouse nas pistas onde Xosé Miguel com 3 varados demostrou o animal que leva dentro, podemos destacar também ao Carlos Piñeiro que sendo a primeira vez que jogava logrou plantar-se na final. E quem volve a copar os postos mais altos da clasificaçom por equipas, postos que nunca debeu abandonar, é a Faísca que conseguiu meter a 3 dos seus palanadores nas meias finais para arrasar coma nos velhos tempos.
















A celebraçom por todo o alto malia a ser domingo rematou a altas horas, cousa que tem que fazer pensar aos organizadores do aberto no erro cometido para futuras ediçons. / Contacto LNB Bergantiños>>  695.446713 - martin-leonado@hotmail.com  

domingo, abril 28, 2013

GENI E XOSÉ MIGUEL (BLE) . ..AS GRANDES ESTRELAS DA FIND. BILLARDEIRA!!



















O sábado en Pontevedra , os Roteir@s Geni e Daniel respectivamente coparon o máis alto do podium por diante de Xan Rodiño que non puido co poderío da referencial parella ribadense. A Monteira mais ca nunca reivindícase feminina , a pasada semana no Xerro e iste sábado en Pontevedra as palanadoras falan na pista e fanno alto e claro...




ññ












E iste domingo en Carballo no I Aberto de Billasrda da historia nas terras de Bergantiños , outro mito do noso desporta nacional e da autoxestion alimentar , Xosé Miguel do Faisca arrasou literalmente co case medio cento de particiantes que loitaron polo exquisito premio Carnelao ( Bolo de pan de Carballo e media dícia de Sardiñas ) . Unha explosiva entrega de premios que tivo lugar no Bar Maruxa e na que a entrega da copa chegou co agallo brutal de vir chea de licor café co que o gran campion compatíu cos palanadores e palanadores . Atención ás panatallas porque en breve chegará o histórico e incendiario crónico da primeira irrupcion billardeira no hemisferio bergantiños...Aire puro sen arsénico nen cianuro e con Billarda Sempre!! 

sexta-feira, abril 26, 2013

NON ME TOQUES O CARALLO... ISTA FINDE DE ENGANCHADA DE PONTEVEDRA A CARBALLO!!






















Sen pausa nen tregua , a Conferencia RíasBaixas volta á carga iste sábado na pista de Terra de Pontevedra e faráo nas  instalacions do Instituto da Xunqueira fronte a donde se apresentara o disco República Billarda naquel mítico Culturgal de fai uns anos. Fai tan só unha semana palanadores dista conferencia estiveron desputando o Xerro do Salnés na pista das Angustias de Xil cos referenciais Casilledou coma única franquicia da conferencia que se atreveu a participar no referencial Barathon de Furanchos, un feito que de seguro lles dará forza e impulso a cada un dos seus golpexos para de novo repetir no mais alto do podium da Xunqueira. A cita iste sábado apartires das 16:30 / Contacto: 659.553543















E coa forza indíxena do máxico líquido das tazas no corpo durante o Barathon celebrado no Xerro do Salnés cando surxíu dun xerro ante varios palanadores e palanadoras o deus Billarda para encarregarlle a Serxio unha mision divina, realizar iste domingo o I Aberto de Billarda nas Terras de Bergantiños , é pois que apartires das 16 h. tes unha cita coa história no campo de futbol de Gontade, alí se darán cita tod@s os activistas LNB da zona para organizar o asedio con paláns e billardas ó responsábeis da masacre ecolóxica de Corcoesto , será pois unha xornada de festa e exaltación vitalista do entorno e dos manxares que iste nos ofrece polo que serán os irmans da referencial asoación de soberanía alimentar CARNELAO , os encargados da entrega e xestion do maxestuoso premio para o campión ou campioa do Aberto que será nada máis e anda menos que un espectacular Bolo de pan de Carballo e media dúcia de sardiñas , productos ambos típicos e definitorios ó máximo dista poderosa vila da ogallá futura Conferência Bergantinhos / Contacto:  695.446713 

quarta-feira, abril 24, 2013

CARBALLO ACOLLERÁ ISTE DOMINGO O PRIMEIRO GRAN ABERTO LNB , UN PERIGOSO ANDAZO QUE AMIAZA TODA A TERRA DE BERGANTIÑOS!!















REFREGADE OS OLLOS E PREPÁRA OS PALÁNS E BILLARDAS PORQUE ISTE DOMINGO TES UNHA CITA HISTÓRICA COA PRIMEIRA IRRUPCIÓN DA LNB NAS TERRAS DE BERGANTINHOS , SERÁ EN CARBALLO DONDE SE POÑA A PRIMEIRA PEDRA DUNHA FUTURA CONFERENCIA E SOBRE TODO SERÁ NA PISTA DE FUTBOL DE GONTADE DONDE APARTIRES DAS 16H. SE POÑA EN MARCHA A IMPARÁBEL MAQUINARIA PARA QUE NUN PAR DE SEMANAS SE REALICE O " I GRAN ABERTO CONTRA A MINA DE CORCOESTO" . CALQUERA COLECTIVO OU PERSOA QUE QUEIRA INFORMACION DIRECTA SOBRE O ABERTO E SOBRE O PROCESO DE ASENTAMENTO BILLARDEIRO NAS TERRAS DE BERGANTIÑOS  SE POÑA URXENTEMENTE EN CONTACTO CON SERXIO>> 695.446713 / martin-leonado@hotmail.com  














Trátase dun gran coñecido de toda a tribo billardeira , Serxio Caamanho , que o pasado ano debutou coma man derieta de Flores dirixindo á Auténtica en Marin contra EuskalHerria quen se converte no gran eixo do entramado LNB en Bergantiños. un eixo perfectamente engraxado durante o Barathon de Furanchos do Xerro que foi precisamente o de desatou ista imparábel espiral billardeira que vai estercar de billardas a Costa da Morte , Coristanco e todas as vilas, aldeas e concellos da área que se poñan diante.

















O xerro activou tamén a Conferencia Sur que iste 1 de maio terá unha nova enganchada en Marin , moitos descoñecían que Serxio era un palanador cuxa terra mae é a de Bergantiños e non Vigo polo que o seu contacto co tinto das tazas de Xil fixo emerxer nel o Carvalho que leva dentro e porse mans a obra e xa hai un feixe de asociacions da zoa organizando o entramado que iste domingo vai porse en marcha .Atencion porque haberá espectaculares premios acompañando ós tradicionais bolos de Pan de Carballo...Billarda Sempre , Corcoesto Stop!!

DA TERRA DA PATACA A LJUBLJANA....E TIRO PORQUE ME DÁ A GANA!!


















Aloia,  a gran palanadora de Xinzo que iste sábado estivo desfrutando do Xerro do Salnés durante o Barathon de Furanchos lanzou a gran pregunta que tod@s nos fixemos algunha vez na vida dende que a LNB comezou a bruar -Porqué carallo a billarda non acaba de asentarse en Ourense pese a existir comandos-lóstrego da LNB funcionando aleatoriamete cando a situación o precisa? . A palanadora da terra da pataca non puido evitar ollar con emoción incontida cara a pista de xogo de Xil reflexionado sobre o porqué dos dragóns da bandeira sueva do pioneiro billardeiro Tonho Randeeira non espallan o seu lume billardeiro ó caron do asubío d@s afiador@s. Mais dende nun lugar tan perigoso coma a deputacion de Ourense a LNB atopou un aliado , atencion porque en breve guindaremos no espazo de Ovaral E-books en exclusiva mundial o espectacular traballo realizado polo activista billardeiro Aurelio Prado sobre a billarda realativo ó seu desenrolo e variantes na provincia de ourense.



















Donde os dragóns si botan lume para azuar as billardas son en slovenia donde os irmáns da Tribo Pandolo teñen situado un explosivo Aberto na mesma capital do país , será en Ljubljana o vindeiro 5 de Maio donde as grandes estrelas do deporto da billarda da europa do leste se enfronten nun dos máis importantes torneos do PREKMURSKI PANDOLASÏ . Dende a LNB xe se tenta que  Lufthansa entre coma patrocinadora oficial da Auténtica para que Galiza poida ter representación nistas importantísimas citas da billarda continental....Pandolo Sempre, Adiante co Varal!!

terça-feira, abril 23, 2013

MIGUEL ALONSO ACADA O PREMIO "LIDERA FERROL" CO MÍTICO TEMA "DÍAS RAROS" DO REPÚBLICA BILLARDA!!
















Arrincábaos a semana co doce sabor aínda das tazas do Xerro nos beizos e coa fenomenal nova do premio "Lidera Ferrol" na categoría de música para o cantautor urbano Miguel Alonso con tema "Días Raros" , unha auténtica xoia que formou parte do disco dóbel República Billarda . Hoxe martes ás 14:30 h. Miguel Alonso estará nos micros de RadioVoz  comentando a história dista xa histórica cancion da música galega de temática intimo-billardeira con adicatoria especial para toda a tribo LNB sen a cal Días Raros nunca tería existido- M. Alonso >>  “ Lidera Ferrol” é un certame que organiza o Concello de Ferrol dende o ano pasado, ao estilo un pouco dos Galiza Crea (agora Xuventude Crea), con diferentes modalidades. Estou moi contento de recibir o primeiro premio este ano, xa que o pasado presentei unha canción de “A noite dos cans” e nada me deron!!! Así que é maravilloso que o premio o leve “Días raros”, que é unha auténtica rareza do meu repertorio pero que cada vez se abre máis paso tamén nos directos. O premio tamén é un pouco da xente que fixo “República Billarda” xa que sen eles non a tería escrito fai un par de anos, un inverno en Granada. Graciñas a todos!
















Miguel Alonso incorporou Días Raros ó seu myspace oficial mais no bandcamp do República Billarda podedes desfrutar con iste tema e co resto dos incluidos no referencial puzzle sonoro billardeiro que deixou fonda pegada no subconsciente colectivo...Días Raros e República Billarda Sempre, adiante o Varado Indixenista!!

segunda-feira, abril 22, 2013

O FUTURO NON É DOS VALENTES , SENÓN DOS QUE CONSIGAN ERGUERSE DESPOIS DA MÁXICA XORNADA DO XERRO 2013!!


Unha espectacular nova edición do Xerro do Salnés que fixo que o brilo se apoderara dos nosos ollos , a cálida cor violeta dos nosos dentes e a cor marela sueva das nosas billardas e dos poderosos dragóns que tod@s levamos dentro.


Ás 8 da mañá do sábado 20 a Guagua da LNB partía da estacion de Buses de Ribadeo cargada de ilusions para ó medio día , despois da parada técnica na estación de buses de Compostela incorporar á tripulacion os activistas LNB  que habitan na estornópolis , arribar fronte á mítica Capela das Angustias donde Abel , detras do mostrador da Taberna da Cancela , agardaba á expedición coas cuncas arebosar coas que celebrar o xa mítico bautismo de tinto co que se incia o Barathon Furancheiro

















Un barathon que tivo un coma gran mestre de cerimonisas a Xosé Miguel,  o gran palanador da Faisca que introducíu ista práctica directamente importada da cidade uruguaia de Montevideo  que fai unhas semanas tivo a súa primeira irrupcion na Galiza co Barathon de Trives e que con ista accion furancheira no Xerro acada o seu asentamento defintivo coma desporto de risco nas tascas do país.


















Foron varios baratletas do Faisca , entre os que se atopaba Viana,  un dos grandes referentes do activismo deportivo galego, os que buscaron o calor do mundo animal aloumiñando un gato raxado diante dun dos furanchos tentando conseguir a súa forza e sabedoría mentras moitos dos Baratletas entre os que se atopaban moitos dos membros do polémico grupo de soberanía alimentar  Carnelao que ante isas tenras imaxes se lles ocorreu prantexar a posíbel primeria xornada de degustación da empanada de gato galego.


















Unha parada que deu lugar a unha das que de seguro se convertiran en mìticas imaxes diste Xerro co reencontro de átomos que resumen a durísima história da LNB .  O carón dos barricos , o  impulso da Galiza Mutante e Indíxena , o poder nuclear da necesiadade irracional de camiñar e dirixir os pasos cara o norte obedecendo unicamente o murmuio das tripas e os desexos do urco billardeiro.

















A chegada ó ecuador do Barathon marcouna a irrupción do pelotón de palanadores e palanadoras nun dos Furanchos míticos donde a LNB cunha enorme mesa perfecta para oa abitollamento a base de petiscos de chourizos con que acompañar o exquisito líquido tinguido das tazas.

















Un espazo que xa se comenta e con moita razón que para vindeiras edicions do Xerro acolla o xantar de irmandade a base de empanadas e tortillas para evitar así o desprazamento ó restaurante e poder así desfrutar aínda máis do mergullo no océano do Furanchos

















Apoloxía cantareira co Anti-Koro da LNB entoando cantosgalaiko-norkoreanos dirixidos maxistralmente por Suso dos Remourelle Bulls coma antesala brutal da espectacular apresentacion do Cartaz oficial do Play Off Nacional 2013. 

















Unha xoia de enormes kilates realizado polo fotógrafo experimental Nachok que versa sobre o estado migratorio no que estamos inmersos..

















De Conxo a Marrozos pasando por Xil , unha ecuación que Tonho Randeeira tranquibíu no seu valiosísimo caderno de vaixe no que tranquibíu as sensacion que a vision lle transmitíu xusto no intre de ser destapado por Sak e Franco na cerimonia de presentacion oficial.

















Xantar de irmandade e camiño para a pista de xogo montado toda a expedicion na xa mítica Guagua da LNB , aquí pódese ver ó comandante Viana despois tomando asento despois de felicitar ó chofer-árbitro da Guagua co que entablou unha enorme amizade e que aprobeitou para en nome do Faisca transladar toda a solidaridade ó alcalde da vila da mariña na que está asentada a A.C.D O Varal.

















E coma cando nun marathon se ven ós etíopes que cruzan a meta e seguen correndo cara o hotel , no Barathon tamén hai superdotados que pese a rematar a proba non poden dar á tecla de stop e seguen inmersos na competición ate que a vella peneira a noite.
















Un día ó contrario que noutras edicions amosou unhas condicions metereolóxica inmellorábeis para a practica do desporto nacinal .

















A tribo da Conf. Rías Baixas estivo en todo momento ó pé do canón para que os palanadores e palanadoras de outras conferencias se sentiran confortábeis e cómodos na mítica pista das Angustias.


















Angustioso final para unha espectacular sesion de chistes galego- potugueses na que o seleccionador nacional xunto co palanador local despregaron un espectacular repertorio que nengún dos seguidores do Luar poderán desfrutar por mor do boikote ós palanadores nos casting dise programa que impide que o humor billardeiro asalte os fogares galegos

















E estar como estamos nas terras do homisferio sur non podiamos esquencer ó irmáns da Conf. Andaluza que ollan cara Marrozos para estar canda nós no Play Off Nacional xa que na campo de herba do Toxo Verde de Cádiz se vai desputar ista edición o mítico Aberto da Repesca.
















No ultimo estudo xeral de medios non se calibrou o impacto sobre as audiencias da nova irrupcion de Radio Cabalinho nas pistas da LNB , entrevistas , música galega e deliro a pé de pista como condimentos a unha espectacular nova edicion do Xerro do Salnés.


















Un Aberto do Xerro que de novo rematou en victoria dunha gran palanadora , o Xerro viña dende Ribadeo en poder de Geni e rematou nas mans da xoven promesa da LNB chamada Sofía. Non é unha casualidade que no Xerro se reivindiquen os productos da canteira en vista do colapso motriz que produce a inmersion furancheira, @s que si que deberan porse a tremer son todos ises palanadores e palanadoras que alteran a competición do Xerro manténdose alleos á anti-lei seca e deciden coller o palán sen inxerir as tres cuncas mínimas estipuladas como xesto de compromiso e apoio ó comercio local. Xerro , Furanchos e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

domingo, abril 21, 2013

E DESPOIS DA XIRA FURANCHOS DO XERRO....A NOROESTE ABRE A LATA DE SARDIÑAS!!

















Espectacular poema visual coa que a tribo da LNB iste domingo invadíu de fronte a mítica pista da sardiñeira da Coruña. A lata de sardiñas co bonito-billarda obra do gran palanador dos Bulls Muriego dentro converte niste cartaz nunha imprencidíbel xoia artística que de seguro formará parte da futura exposicion itinerante "fiestras da liberdade" xunto ó brutal cartaz oficila do Play Off Nacional que iste sábado
se apresentou durante o Barathon de Furanchos no Xerro do Salnés...

















Un xerro que veu polo Norte....
















E quedou ó agoiro nas cálidas terras do sur ...Atent@s á reportaxe do barathon de Furanchos e á apresentación do cartaz do Play Off Nacional 2013-

sexta-feira, abril 19, 2013

...REGOS DE VIÑO ISTE SÁBADO EN XIL NO XERRO DO SALNÉS E SIDRA Á ESGALLA EN XIXÓN POLO LIRIU E A OFICIALIDÁ!!


































Todo preparado para unha edición máis invadir Xil de sedent@s activistas da LNB dispost@s a secar os Furanchos que arrodean a mítica Pista das Angustias da parroquia de Meaño , unha xornada que arrincará ás 8 da mañá diste sábado coa partida da Guagua da LNB de Ribadeo con paradas técnicas para recoller Baratletas no Bar Cruceiro do Pino e na estación de Autobuses de Compostela. A chegada á zoa cero ou punto de encontro está marcada coma en anteriores edicons na Taberna de Cancela de Xil a iso das 12 do medio día donde arrincará o Barathon de Furanchos donde ademàis se apresentará o espectacular cartaz do Play Off Nacional de Billarda realizado pol fotógrafo experimental galego Nachok. o Xantar de irmandade realiarase no Restaurante Abuelo Peón moi preto da pista das Angustias donde a iso das17 h. se desputará en tre os palñanadores e palanadoras que aínda manteñas o equilibrio a nova edición do Aberto do Xerro do Salnés donde só poderán participar aqueles xogadores e xogadoras que antes do incio do Aberto inxeriran un mínimo de 3 cunsas de viño , excluídos menores e doentes. E atencion porque a Taberna da Cancela para quentar motoes prepara para iste venres  un explosivo concerto do cantautor urbano Raúl que pode facer que moitos dos nativos acudan áchamada do Xerro de reenganche sen deitarse... / Contacto: 619.570976























E se aínda quedache con sede e folgos iste domingo 21 os irmáns da tribo Liriu realizan a súa primeira gran accion do ano na que estarán os artífices da gran victoria da seleccion asturiana na ultima Copa Cantábrica , será no céntrico Colexu púbicu d´el Llano donde se realizará ista enganchada con diversas actividades que desenbocarán nun Abiertu de seguro bañado coa mellor sidra nacional asturiana. Un punto de encontro no que de seguro de falará da imprensentábel decisión do Centru Niemeyer de Avilés de negar a súa explanada para a celebracion da XXV edición do mítico Conciertu pola Oficialidá , un simbolo da música asturiana e da reivindicacon lingüistica que os responsábeis do centro avilesín pasan polo forro. Dende a LNB toda a solidaridade cos irmáns Xunta Pola defensa de la Llingua ....Liriu Sempre , Asturiano Lingua oficial Xa!! / Contacto: 610.804551

quinta-feira, abril 18, 2013

CARABULL@S POLO AR DE IRLANDA, A VICTORIA DA IRMANDE E SOLIDARIDADE INTERNACIONAL E INTERNACIONALISTA DA AUTÉNTICA!!

















Unha billarda disparada cara Londres en solidaride cos irmáns da Irlanda do Norte invadida,  a Auténtica invadiu a fin de semana pasado o xa mítico Botanic Gardens de Belfast para celebrar o xa histórico Aberto Internacional Eire-Galiza , unha brutal acción coordinada polos fenómenos de Carabullo de Muimenta que acudiron en apoio do seu palanador lanzadeira exiliado na cidade do Ulster para unicamente armados coa ilusión , os palán e billardas da militancia Billardeira xestar iste estalo  internacional á marxe de calquer axuda e apoio institucional.


















É obrigado recurir á máis fonda tradicion Irlandesa para atopar referentes nos que enmarcas iste gran Aberto Internacional , co Comandande Ismael  exercendo de Bobby Sands da LNB traducindo ó gaélico as maxistrais indicacións antes do inico do partido impartidas por Martín, o activista musical e billardeiro que nos impulsan a recitar o pomea do século XVIII cando os pobo nativo irlandés sufríu as derrotas fronte ó exército da raiña , pobreza , sumision e tala masiva dos montes para o desenrolo das mariña inglesas foi a súa consecuencia.  Caoine Cill Chais  .describe a desolacion niste fantástico poema titulado O Lamento de Chilcash >> ¿Qué faremos agora sen madeira? / desapareceu o  derradeiro bosque. / Non hai máis Kilcash en queda nada da súa granda  casa / E as badaladas non volverán sonar.
















Unha madeira e unha forza coa que a Auténtica selou en Belfast o seu compromiso de irmandade co pobo do Ulster , impresionante e imprescindíbel para entender a magnitude do acontecido adentrarse no espectacular crónio verquido no incendiario web-blog de carabullo e sumerxirse no seu impactante album de fotos do Aberto internacional guindado no seu facebook.....Carabullo e Ulster Sempre , Adiante coa Auténtica!!

quarta-feira, abril 17, 2013

O "ALCALDE ESTORNIJA" DE VILLENA , A REFERENCIA ABSOLUTA PARA CALQUERA ALCALDE OU ALCALDESA QUE QUEIRA APOIAR REALMENTE O DEPORTE DA BILLARDA!!



De novo volta a tediosa cantinela do despilfarro dun concello galego ò apuntarse á moda de  construír pistas de padel coma se o mundo se acabase, iste vez é Melide que apoiado polo deputacion da Coruña , bota a casa pola fiestra para apoiar ise deporte . Xa se escribiron ríos de tinta sobre ise afan padelista dos nosos dirixentes máis pola penínsua adiante aínda podemos atopar honrosas excepcions entre o denostado gremio de alcaldes , falamos do referencial alcalde de Villena, concello do Pais Valenciano do cal sen sabermos en impornos a a súa adcripción temos que abrazar a súa filosofía de compromiso total coa billarda á atreverse a nunha entrevista en television a lanzar a idea de utilizar a praza de toros da vila para xogar á estornija , denominación do deporte da billarda nisas terras , que nise concello goza dunha exelente saúde.



Ogallá que algún alcalde ou alcaldesa do país tivese isa forza , empurre e compromiso co deposte da billarda , lamentabelemente ise elemento non parece estar no ADN de nengún dos nosos dirixentes , é un feito que actos como o apoio do concello de Barreiros para a viaxe dos activistas da Conf. Norleste á desputa do Xerro do Salnés é xesto que todos os concellos nos que se deputan Abertos deberían de cando menos imitar. Sexa como for non podemos máis que sentirnos orgullosos do Alcalde Estornija de Villena mentras agardamos a irrupción do noso Alcalde Billarda...Estornija e Billarda Sempre!! 

terça-feira, abril 16, 2013

O TERREMOTO GILLI-DANDA SACODE GALIZA NO PRIMEIRO CUMIO INTERNACIONAL BILLARDEIRO GALAICO-INDÚ DA HISTÓRIA!!



















O terremoto de magnitude 7´8 graos na escala Ritcher que fai unhas horas asolagou Irán e Pakistan iniouse en realidade o venres pasado cando nun punto da Galiza , mentras a Auténtica se aclimataba en Belfast, se producía o primeiro e histórico encontro entre representantes da LNB e membros da Gilli Danda India , un feito de consecuencias impredecíebis na que se intercambiaron  billardas galegas e indús despois da celebracion da xa histórica carreira de irmandade Galiza-India que pon a primeira pedra para nun futuro tentar o gran chimpo cara o partido internacional entre ambas seleccións nacionais que podería ter como sede ou Bombai ou Compostela....



Unha irmandade que non vai quedar só nas pistas de xogo senón que o palanador indú Arif Fatehi púxonos tamén sobre a pista diste auténtico bombazo de estética Bollywoodiense titulado "Gilli Danda Song" un título que o di todo para un temazo que formará parte do explosivo coctel sonoro de músicas galegas e intenacionais  de apoio á oficialidade do noso deporte nacional....Billarda e Gilli Danda Sempre , Adiante co Varal!!

segunda-feira, abril 15, 2013

XERRO DO SALNÉS 2013 ....CUNCAS, CHURRASCO, VARADOS , BERROS E FURANCHOS!!


















Coa Auténtica añinda celebrando a histórica victoria no Aberto Internacional Eire-Galiza de Belfast a sepre multicor da LNB que iste sábado acadou outro novo exitazo na enganchada da Conf. RíasBaixas celebrada en Poio , prepárese xa para afrontar outra nova e imprescidíbel parada técnica imprescindíbel no tramo final da tempada. Iste sábado 20 ás 8 da mañá partirá de novo da estacion de Ribadeo a mítica Guagua da LNB rumbo a Xil con paradas no Bar O Cruceiro do Pino e na Estación de Buses de Compostela para que os activistas da estornela , pincha e cachiza se unan á tripulación para desfrutar dunha nova edicion do sempre soprendente e impredecíbel XERRO DO SALNÉS . / Contacto: 619.570976





















Todo listo e disposto en Xil para acoller unha vez máis no seu seo á gran e sedenta tribo da LNB que a iso das 12 h ten pensado chegar á mítica Taberna da Cancela de Xil dende donde partirá o explosicvo Barathon de Furanchos . Despois xantar de irmandade e no será Aberto do Xerro donde coma nas anteriores edicións a inscripcion virá precedida da inxestion previa  de mínimo tres cuncas de viño. Un Xerro no que durante o Barathon de furanchos se apresentará o espectacular cartaz do Play Off Nacional 2013 creado polo referencial Nachok e unha xira de furanchos na que dependendo do teu grao de compromiso ou embriaguez tamén poderás incribirte como miliciano internacionalista ....Xerro Sempre , adiante co varal!!

A AUTÉNTICA ASALTA O PODIUM EN BELFAST E SEMENTA AS RÚAS DO ULSTER E DA GALIZA COA IDEA DA GRAN " COPA DAS NACIÓNS CELTAS DE BILLARDA"!!






















Foron unhas horas de intensidade máxima e incertitume as dista tarde de domingo 14 de abril na que o país enteiro viveu pegado ás pantallas dos computadores e dispositivos móbiles , a Auténtica estaba a centos de Km. da terra defendendo o orgullo e a dignidade dun pobo aldraxado polos seus dirixentes que olla para a Seleccion Galega de Billarda coma o único referente posíbel . Un xeito de actuar o da Auténtica e de tod@s os que forman ista gran serpe multicor da LNB que olla cara a cara e sen complexo os desafíos do presente e do mais raiboso futuro , un futuro que no Botanic Gardens de Belfast deu un novo e brutal paso á fronte para conformar a tan desexa "COPA DAS NACIÓNS CELTAS". Unha competicion que pese a estar moi lonxe iste domingo deuse un paso de xigante grazas á gran acción do comando carabullo da Auténtica . Cun pódium do Aberto de irmandade Eire-Galiza copado polos xogadores galegos Tino e Ismael terceiro e segundo custodiando no máis alto a Ana , a palanadora da Auténtica que inscribíu o seu nome no gran libro de ouro da história do deporte da Billarda. Asturies , A Bretaña e agora as poderosas terras da Irlanda do Norte son xa territorios da irmandade billardeira ....a Auténtica cuspe nas mans e berra dende Belfast: Adiante a gran copeticion de billarda das nacións Celtas!! 



















Foron horas de tension máxima nas que Ismael Outeiro , o elexido por Flores para dirixir a Auténtica no Botanic Gardens , foi transmitindo ó país dende Beltast o minuto a minuto do histórico I Aberto Internacional Eire-Galiza, iste foi o xa mítico micro-crónco en tempo real do gran sucesso da Auténtica en Belfast:  

Despois de unha suculenta comida regada de unhas Guines. A Auténtica direxesese ao Botanic Gardens de Belfas para dewputar o seu primeiro aberto en terras Nort-irlandesas!

O Comenza o I Aberto de Belfast!
Na primeira carreira Lian de Belfast cede ante o empuxe de Tino que consegue os primeiros puntos do histórico Aberto de Irmandade Galiza-Eire.

Gran papel da Auténtica no Aberto Internacional de Belfast metendo a dous palanadores, Tino e Ismael e duas palanadoras, Noelia e Ana na gran final. Esta completana Oli, que chegou dende Cataluña e un representante da selección de Eire, Carlos


















A nosa selección recupera o seu sitio no olimpo da billarda copando os tres primeiros postos no I Aberto Internacional de Belfast! Tino foi o terceiro clasificado. Ismael quedou en segunda posición e Ana foi a campiona absoluta sobre a herba do Botanic Garden de Belfast!  A cuarta posición foi para un dos representantes de Eire, Carlos.  Cando teñamos algunha maneira de subir todas as imaxes, poderedes ver como transcurriu esta xornada de irmandade. Adiante co Varal! Billarda sempre!