O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 30, 2013

DAS PISTAS DA LNB ÁS FERVENZAS DO ROCK GALEGO, "CORZO-BOI" , O SER MITOLÓXICO DO PUNK-ROCK INDÍXENA IRROMPE EN ESCEA DA MAN DE EX-TENSION AGRARIA!!













[ Pintura : Luis Pirucha ] - Cando a LNB decidíu dar un firme paso á fronte apostando pola Coroza coma inequívoco simbolo da máxima gloria que un palanador ou palanadora pode obter no brutal contexto billardeiro moi poucos ou mais ben naide podía imaxinar que das pistas da LNB o poder da coroza se transladaría ás fervenzas da música galega do século 21 , activistas do palán abrazan sen temor o imaxinario colectivo que se acocha baixo as xestas para artellar un pleninurio ser , Muriego , artista total e indíxena dos Remourelle Bulls é a constelacion da cal surxíu o que só uns privilexiados ollos van poder ver iste sábado ás 21 h no mercado gandeiro de Chantada. Ex-Tension Agraria chega ó Castañazo non para pasar unha tarde senón para marcar un punto de inflexión cunha infernal e alebrestrada opa hostil ó entramado do Rock Galego...Demos , trasnos , Meigas , lobishomes , chucabras, mouras , corvos, urcos e avelaiñas...todos istes seres da mitiloxía galega confúen na arrepiante figura do CORZO-BOI , a metástese billardeiro-carnelao que ó carón dos Gadanheiros no esceario do Castañazo vaise abrir paso entre as trebas para escupirche na cara e activar o teu sentimento indíxena ...PARCELARIA NOM, CORZO-BOI SEMPRE!!

segunda-feira, outubro 28, 2013

NUNHA MAN A NAVALLA DA PONTENOVA E NA OUTRA A DE TARAMUNDI ...A AUTÉNTICA ÁRMASE PARA O 30 DE NOVEMBRO RECUPERAR A COPA CANTÁBRICA!!

















Espectacular análises nos diferentes espazo facebook da rede billardeira , da pota fervendo que describe o face-oficial da NorLeste aferruado o lume polas estelas en forma de atinadas declaracións de Marcos dos Bulls no tocante ás máis que polémicas estratexias de alguns palanadores para acadar os plenos nas 10 carreiras á publicacion no face-oficial da Conf. Sur do calendario refererido a novas xornadas puntuábeis para o ano 2014. Un bombazo de ledicia inmensa que planadores da Sur coma Chefa e Manuel Outeiro transladaron á praza do Fornos da Pontenova., un emprazamento brutal que á par de celebrar novos emprazamentos billardeiros no hemisferio Sur coma A Guarda deu pé para aproveitando o achegamento xeográfico co país asturiano confirmar para o vindeiro 30 de Novembro a desputa da nova edicion da Copa Cantábrica en Piedras Blancas mentras que moi preto da Pontenova se pechaba a primeira gran accion billardeira conxunta entre a LNB e o CNL no tan desexado Aberto de Taramundi que non ten data concreta mais si espazo , será no brutal marco do complexo rural das Veigas donde dende fai centos de anos un cabozo galego e horreo asturiano se desafían .Chegou pois a hora ... nunha man a navalla da Pontenova e na outra a de Taramuindi!!

domingo, outubro 27, 2013

CHARLY E PIRUCHA ...NA PONTENOVA E EN CASTOFEITO CAMIÑANDO POLO LADO MÁIS BESTA DA VIDA!!



Semana de combulsión total na escea musical internacional , dende as polémicas declaracions do referencial cantautor catalá Albert Pla a un xornal asturiano , á morte do autor de soy un hombre del campo que desembocan niste terríbel domingo prateado que se leva por diante ó referencial ex-Velvet Underground Lou Reed.


















Un fin de semana que xuntou no espectacular marco da praza dos fornos da Pontenova a case 70 palanador@s que despois dunha tarde intansa de xogo e emocions compartidas na Norleste catapultou a Charly de Carabullo de Muimenta aferrado a unha espectacular navalla de ferro autoctono ó mais alto do pódium custodiado por Juán de BM na segunda praza e ó palanador local Regueiro de Troitas Bravas no terceiro posto.






















Simultáneo á Pontenova as estornelas en Castrofeito da Conf. Centro saíron tamén desafiar á podredume futbolística do Camp Nou , alí o pintor , escritor e Gharaboto Luis Pirucha conquistou o seu agardadísimo varado 100 á par que se fixo co triunfo no Aberto do Chourizo na mítica pista da Madalena. As espectaculares bolsas da Centro que gardan os agasallos foron ademáis de para o palanador de Portonovo para Basilio de Trouleiros no segundo posto e Toño de Furabolos de terceiro...

sexta-feira, outubro 25, 2013

A PONTENOVA E CASTROFEITO ....FERRO E CHOURIZO A PROL DA SOBERANÍA ALIMENTAR E BILLARDEIRA!!






















Camiñando sobre o fío da navalla ...así se sinte en cada Aberto a serpe multicor da LNB e cando a accion  descorre no espectacular marco da praza dos fornos da Pontenova o perigo métese mesmo nos ósos dos palanadores e palanadoras que dende as 15:30 da tarde diste sábado van estar desputando iste referencial Aberto do Ferro cuxo vencedor levará non unha mortal navallada non fígado senón unha espectacular e euténtica navalla da Pontenova no peto .
















E unha hora máis tarde na pista da Madalena en Castrofeito as estornelas da Conf. Centro desafiarán de novo a gravidade a chuvia na desputa dun novo Aberto puntuábel na Conf. Centro - porque non hai pan para tanto CHOURIZO ..Estornela e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

quinta-feira, outubro 24, 2013

ISTE SÁBADO AS NAVALLAS NA PONTENOVA E AS ESTORNELAS EN CASTROFEITO ABRIRANLLE O PASO ÁS GADAÑAS EN CHANTADA!!























Espectacular imaxe das xá míticas navallas coa inscripcion  III Aberto do Ferro , será na Praza dos Fornos da Pontenova un dos marcos máis impresionantes de todos cantos se teñen pisado pola serpe multicor a que apartires das 15:30 h. acollerá ista de seguro multitudinaria accion da Conferencia NorLeste que terá á mesma hora e na pista da Madalena en Castrofeito un espectacular Aberto paralelo puntuábel para referencial Conferencia Centro .


















Navallas e Estoenelas que iste sábado sairán ás rúas para o próximo sábado 2 de novembro converterse en Gadañas no esceario do mercado gandeiro de Chantada ...Chanta os ollos no espectacular programa de actos previo á saída dos Gadanheir@s da LNB antesala brutal ó tsunmi indíxena de ósos , berros e tripas sobre os esceario...Carnelao, Billarda e Indixenismo Sempre!!

terça-feira, outubro 22, 2013

CONTRA OS TABÚS NO DESPORTO E NA LITERATURA...ADIANTE A LNB E A CANDIDATURA CARVALHOCALEIRIANA PARA AS LETRAS GALEGAS!!


















Parello ó descurrir do Aberto da terra Non se Venda ista pasad o sábado en Outeiro , varios palanadores decidiron apoiar o berro co seu palán que os irmáns de Artabria levan reivindicando dende xa hai varios anos , Día das letras galegas para Carvalho Calero xa!! . Nun intre ademáis no que a polémica sobre as medidas de billardas e paláns utilizadas polos planadores e palanadoras na NorLeste voltan a saltar á palestra , a LNB sen dúbida recrudecerá na pista de xogo os controis de medias do materail utilizado ó par que exixirá como amosa Martinho dos Remourelle Bulls á RAG a figura do profesor Carvalho coma homenaxeado no días das letras 2014.



Simultáneo ó abrazo ó Carvalho , na Conf. Rías Baixas desputábase un novo Aberto puntuábel no Parque Eguren de Marin. Aquí un espectacular video-estalo resume da xornada guindado no seu web-blog oficial.


















No anti-fotokol pro Carvalho coordianado polo Varal.Facebook participou o mesmísmo campion actual da Norleste que ña postre foi tamñen o campión do Aberto de Outeiro , Charly compartíu Carvalho con Joam de Madia-Leva que estreábase maxistralemente na competicion niste multitudinario torneo.




















Iste luns facíase público a nómina de profesor@s que imparirán aulas na Universidade Rural de Barreiros , Xosé de Tropa Lixeira que posou a prol da inciciativa Carvalho da LNB, ó gual ca Suso dos Remourelle Bulls e Bernardo de Xebra formarán parte do profesorado da UR donde por desfraza existe analoxía co resto das univerdiades galegas que marxinan sistematicamente a Semente Billardeira.



















E outros que arrimarion o palán ó Carvalno en apoio da candidatura ó profesor ferrolán foron membros de Ex-trension Agraria , falta lles fará toda a forza e sabedoría do autor de Vieiros para afrontar o reto brutal de rachar o xeo no esceario do Castañazo Rock 2013...Carvalho Sempre, Adiante co Varal!!

segunda-feira, outubro 21, 2013

POBO QUÉ CARALLO ESPERAS?? , TRANSMUTA , COLLE O CARABULLO E ADIANTE CO VARAL!!


















Sementes de victoria en cada varado indíxena , a LNB reivindízase en cada Aberto e faino parello ó amor e respeito á terra que pisa ó ar que respira, foi ista nova accion celebrada iste sábado na Ponte de Outeiro en Muimenta donde se constatou a ecuacion brutal que fixo xermolar fai un tempo nas pistas da LNB a Ex-Tension Agraria a banda de Punk-Rock Indíxena que iste vindeiro 2 de novembro estará en Chantanada asaltando o esceario do CastañazoRock grazas ó impulso dos paláns da LNB , das figueiras e das esculturas atoxestionadas dos Carabullo e naturalmente ó espírito indomábel e Resistente do Gardarríos presente cada acorde imposíbel do grupo de Bretonha.

















Ó mediodía as Maulas de Mondoñedo amiazaban chuvia como acontecera o día anterior na ciade do Rei das Tartas , o suspensión dos concertos do venres nas San Lucas pula chuvia inxectabas a besta que a LNB leva dentro para superar calquera adversidade metereolóxica e abrazar a lóxica de desputar o Aberto nun marco tan potente e brutal como o do Campo da Festa de Outeiro donde ó final se celebrou o embite.

















Un embite que algun palanador utilizou para estear as espectaculares sudadeiras da Universiaade Rural de Barreiros , Xose de Tropa Lixeira lucia explandoroso e comantou polo miudo os pormeros dista gran iniciativa posta en marcha polos compañeir@s de Ollomao , a sociacion con sede en Celeiro de Mariñaos é a que xestona e coordiana ista gran proxecto ubicado na antiga Escola de Celeiro que ten a todo o país cos ollos chantados e para o cal a LNB ten a Tonho Randeeira coma catedrático billardeiro á disposicion do comité universiatario para cando así o estimen oportuno comezar a repartir paus entre os alumnos e alumnas nas Sementes Billardeiras da Universidade Rural.

















E simuláneo á deputa do Aberto da Terra Non se Vende de Outeiro en Vigo elexíanse os premios da Crítica de Galizia 2013 cuxo galardón na cetegoría de poesía recaeu na obra "Transmuta" creada por ise gran referente billardeiro chamado Xabier Cordal . Transmuta cando se editou chegou ás pistas da LNB e dahí ós premios nacionais , ás billarda cárgaas o diaño polo que de xeito alebrestrado varios palanadores e palanadoras arrimarion os seus paláns ós carballos ó carón da pista para reivindicar o día das letras para Carvalho Calero. Atencion ó impactante fotocol apoiando a candidatura de Caravalho que vai estoural no VaralFacebook.


















E quen se reivindicaron dun xeito pleno e total foron os palanadores locais, nistes dous primeiro Abertos da Norleste pleno de presenza chairea no máis alto do podium. En Outeiro Charly de Carabullo acadou a victoria acompañado no pódium por Kiko de Cadaval e Noé de Troitas Bravas , premio tamén para a mellor equipa que fai para os lokais Carabullo . Segue a raibosa actualidade no facebook da Norleste e no da Conf. Rías Baixas donde iste sábado a tribo Lipi Lape voltou tomar Marín- Pobo que esperas , Transmuta e adiante co Varal!!

sexta-feira, outubro 18, 2013

NEN A TERRA NEN A BILLARDA SE VENDE!!


































Fin de semana de intenso olor a besta e sabor a polbo , co impulso do bafo dos burros , cabalos e machos empurrando dende o campo dos paxariños de Mondoñedo co facho das San Lucas a LNB iste sábado voltará ó campo da Festa de Outeiro para celebrar unha nova edicion do referencial Aberto e Foliada organizado polos poderosos Carabullo de Muimenta . Aberto puntuábel da Conf. Mae cuxo final via ser dises que deixan pegada xa que despois da entrega dos espectaculares premios ó cales se unen as xa inseperábeis botellas de semente de victoria " Fabas do Gardarrios" carrexadas dende as leiras sitiadas polo aramios de espiños de Lourenza.
















Festa e Foliada coas Billarda´s Girls creadas polo gran Muriego dos Remourelle Bulls coma grandes anti-raiñas do lusco e fusco con pinchos e queimada gratis para celebrar entre outras cousas que a forza do pobo unido e ceibe foi a que paralizou o xenocidico mineiro de Corcoesto e se non che aguanta o corpo , apartires das 11 h. da mañá no Zulo de Bretonha estarán os Ex-tension Agraria preparando a pota que estourará enriba do esceario do CastañazoRock en Chantada , e atencion porque no Aberto de Outeiro se reservarán xa as prazas para subir á Anti-Guagua que levará á banda indíxena e ós anti-fans que queiran viver ista histórica viaxe á terra brava.

















E simultaneamente ó campo de Outeiro no Parque Eguren de Marín realizarase unha nova enganchada Lipi-Lape puntuábel para a Conf. Rías Baixas , se chove ademais da zocas os irmáns de Gharabotos teñen localizado o pavillon do Illa de Tambo , alí tamén haberá moitos palanadores e palanadoras que en cada golpexo ollen cara ó horizonte no que se atopa a Praza do Cantón de Chantada donde un golpe co coitelo e co palán na mesa do Restaurante Mogay será realizado

quarta-feira, outubro 16, 2013

A ANTI-GUAGUA DE EX-TENSION, CARNELAO E DA LNB...UN VERME QUE SE CONVERTE NUNHA AVELAIÑA NA BUSCA DA LUZ!!
















Ö remate do xa mítico primeiro concerto de Ex-Tension Agraria no Rockuncho de Ribadeu , un activista Carnelao achegouse a un dos membros da banda indíxena e entr egrolos e petiscos de ar cometou emocionado..a LNB recupereou a Billarda e agora con iste grupo ides recuperar o Bravú!! E rumbo á salvacion dixíxese pois a Anti-Guagua que partirá iste vindeiro sábado 2 novembro dende Ribadeo ate Chantada con Ex-tension Agraria e os Anti-Fans que queiran compartir e desfrutar dista expereicia única de salvacion indíxena . A saía será entorno ó medio día para no caso que se confirme realizar o xantar de irmandade Carnelao e posteriormente dirixirse á desputa do Aberto de Billarda que iste ano posíbelmente se realice na Praza do Cantón no corazón da zoa vella chantadina no epicentro ademais do percorrido cantos de taberna , e o retorno da Anti-guagua será ó remate dos concertos que arrincarán con Ex-Tension Agraria riba do esceario.



















É o momento, aquí e agora. Tomemos o testigo! O Castañazo 2013 comezou realmente iste pasado luns coa reafirmacion do xurado á vontade popular  e continuará a xestarse iste sábado no de seguro multitudinario Aberto da Terra Non se Vende da Ponte de Outeiro ( Muimenta ) coordiando polos referenciais carabullo , a Terra xa ferve agardando ás novas franquicias que como os Cruzados da Chainza van debutar na pista de herba ceive , un berro o dos nosos paláns que van por a banda sonora ó espectacular percorrido histórico que o gran palanador e activista total Ismael Outeiro realizou no brutal artigo "Que se repita a história ...Volve o bravú" Fai uns anos. Ismael formou parte da equipa Madia-leva en furgo-ambulancia  que chegou a Mongolia , iste sábado estará co carabullo preparado para xestar iste referencial Aberto e xestionar os pasaxes da metamorfose do verme en avelaiña ...

terça-feira, outubro 15, 2013

EX-TENSION AGRARIA DAS PISTAS DA Liga Nacional de Billarda Ó ESCEARIO DO MÍTICO FESTIVAL CASTAÑAZO ROCK DE CHANTADA!!

















Un caso único para un grupo único...Isa noite do 2 de Novembro en Chantada a túa vida vai cambiar , Ex-Terminio ou Ex-Tension, Indixenismo ou Ex-tension , Ex-terminio ou Carnelao  Billarda , Patria ou Morte ..isa e todas noites!!



















Non se trata dun xogo . senón que é a base para moitas outras cousas...ise é o titular que encabeza a espectacular , ilustrativa e premonitoria entrevista que a anti-presidenta do clube de Anti-Fans de Ex-Tension Agraria concedeu ó xornal el progreso antes que a gran nova da incursion da banda inxenista no cartaz do Castañazo Rock  se fixera pública . De Lucía , a palanadora dos Remourelle Bulls e de  toda a brutal anti-rede internacional de apoios que ela coordiana emerxeu iste gran espíriti xíbaro que iste vindeiro sábado 2 de novembro vai estourar ó carón dos Gadanheir@s da LNB no mercado do gandeiro de Chantada.



Porque donde comen 5 comen 1018...e xunt@s morreremos de gusto!! 

segunda-feira, outubro 14, 2013

IMPRESIONANTE CAMPAÑA EX-PANSIVA DE BILLARDA , ROCK E EX-TENSION!!
















Iste sábado a tribo estornela estreaba espazo na piste de Boqueixón ó carón do Bar Portugués , un Aberto puntuábel no que venceu e convenceu a forza emerxente das palanadoras da LNB , Raquel de Furabolos asaltou o máis alto do pódium coma mesma forza que tan só uns poucos km da pista de e tan só unhas horas mais tarde activistas da LNB acompañados por palanadores tamén da Conf. Centro se abalanzaban sobre todo ser vivinte no festival Trazo Rock para esixir e ó xurado do Castañazo Rock a eleccion de Ex-tension Agraria para encabezar o explosivo cartaz diste 2013.



















Porque no esterco nacen as mellores flores ...en todos os Abertos da LNB iste fin de semana foi un brutal estrondo que acompañou ó golpexar da madeira contra a madeira a esixencia do Castañazo Rock Indíxena, para mostra a impactante imaxe dos 13-14 sostendo na man a imaxe de Carnelao e de Ex-Tension Agraria.



















Non será na sintonía dise pozo mouro de sons que chamamos radio galega a que déa a gran nova no caso que os Ex-Tension sexan os elexidos para asaltar ó esceario e realizar a súa chuvia de óso de churrascos , senón que serán os irmàns da Radio Música en Galego , emisora oficical da LNB , os que transmitan a terríbel nova nova ó mundo atraveso da súa emisión dixital de música en galego 24 h. ó día.














Brutal a imaxe da posíbel cartaz oficial do Castañazo 2013 xa rotulado e sostido polos irmáns John Deeres...medo , pánico , terror ante un posíbel futuro Castañazo Indíxena!!   

sexta-feira, outubro 11, 2013

LUGO , BUEU , BOQUEIXÓN, CÁDIZ , CAMBADOS E SAN TOME DE PIÑEIRO ...ISTA FIND.COLLE O PALÁN E FAITE INDÍXENA!!










Co punto de mira das nosos paláns posto na caluga dos membros dun xurado en Chantada as billarda da LNB afrontan unha vez máis un intenso find. de emocions compartidas , coa oforza dos irmáns do balón pesado que o pasado sábado arrincaron a Liga Gallaecia en Lugo cuxo crónico da histórica xornada en Nadela sinala á Liga Nacional de Billarda , incísase unha xeira que ten o seu punto de partida na polvada contra a Hispanidade dos MadiaLeva , alí ó calor dos petiscos e do viño do país artellarase a inmersion billardeira da franquia LNB impulsada polos berros á hora do brinde anti-colonial de "Viva o Indixenismo Galego"  , unha celebracion contra o xenocidio colonial que se espallará no Local dos Madia ate ben entrada a noite..






















E para amoasarlle á metrópole o poder ó que se enfronta a referencial Conf. Sur bota a andar ista tempada e faino en Bueu , unha terra sementada que vai recibir cos brazos abertos e a paus a tribo Pincha que de seguro vai saír do Campo da Estacada cos forza e vitalidade dun can de palleiro na procura do estrano que se achega á casa. A cita iste sábada ás 16 h.


















E simultaneo a Bueu celebrarae no Campo de Festas do San Benito , detrás do Bar Portugués ,en Boqueixón a segunda enganchada regular na Conferencia Centro , organizado polos Trouleiros iste Aberto puntuábel leva o espectacular nome de "Abero do Portugués" un claro exemplo de como a billarda se apoia no comercio local para que ambas actividades totalmente aldraxadas e esquencidas polos poderes públicos collan forza e se disparen ó futuro .


E se ó día seguinte quedaches con fame de billarda depois do asalto de Bueu , preto da Estaca no Castelo en Cambados tes a opurtinidade se madrugas ou non te deitas apartires das 10 h. de participar nun Aberto de Billarda que se organiza no marco da Festa da Colleita. Mágoa que os cabalos só sexan para montar e non se lles poida meter o dente ...



















Donde de seguro se lle vai poder meter o dente a algun maxistral petisco para acompañar uns grolos de manzanilla e vermuth vai ser na conferencia máis galega , é dicer a Andaluza que converteu o Toxo Verde nun lugar de culto e peregrinacion para toda a comunidade indíxena-billardeira que olla pasmada todo o que alí acontece.
















E tan só unhas horas despois que as ostilidades billardeiras cesen no Toxo Verde no Campo de futbol de San Tomé de Piñeiro en Marin arrincará unha nova edición do Aberto da Mazá e da Sidra Galega, Apoloxía Carnelao da Pataca da árbore que apartires das 16 h. vai mazar os corpos na procura do máxico churume de varado. Ate o luns paus ergueitos ...Parcelaria NOM , Billarda Sempre!! 

quinta-feira, outubro 10, 2013

"1018 GÚSTAMES" PASAN A PATACA FERVENDO Ó TELLADO DO XURADO DO FESTIVAL CASTAÑAZO ROCK 2013!!









Iste xoves ás 18 h. pechouse o prazo de votacions de "Gustames" para que a público de todo o mundo elixa as súas preferencias entre as máis de 30 bandas supostamente "emerxentes" para que unha delas suba ó esceario do festival Castañazo Rock que se celebra en Chantada. De entre o grupo das 5 máis votadas serán as que un Xuri elixa a banda que arrinque o festival , tal e como evolucionaron os acontecementos ista semana o que sen dúbida será o grupo estrela do Castañazo2013 vai ser a banda elexida entre os cinco escapados do pelotón...
















Dende fai xa uns anos a LNB coordina o xa mítico Aberto de Billarda do Castañazo , unha accion que ano a  colle máis forza e impulso e para o que incluso a LNB estuda se todo camiña polo cauce establecido , darlle o caracter de puntuábel para a Conferencia Canóns do Sil ( que englobaría as terras de ouriense e o sul de lugo )


















Unha implicacion máxima a que a xente da Billarda demostra co festival e cos actos paralelos do mesmo é a victoria da equipa da LNB nos pasados xogos bravús, un triunfo que a LNB levaba perseguindo dende varios anos e que foi no décimo aniversaio do festival cando se abrazou a gloria-carnelao. Galletas Mariñeiras e Licores Auga Vella ambas empresas asentadas en Chantada e que por medio da LNB son as que dotan de licor café e pan salgado ós vencedores diste gran evento anti-deportivo.

















Coas billardas afiadas a inciciativa do Festival diste ano de por a proba o apoio popular para impulsar unha banda ó esceario do mercado de gando de Chantada , supuxo o gran e inesperado reto para toda a comundidade billardeira galega e internacional que víu como a banda surxida nas pistas da LNB con todos os seus membros militando en diferentes franquicias asumía o desfío e se puña no desfiladeiro para que o público disparase os seus "gustames".














Mais non foi só a LNB senón que foron varios os colectivos os que dende o principio da loita polos "gustames" tomaron decididamente partido para apoiar a Ex-Tension Agraria no seu gran asalto ó esceario do Castañazo, os coitelos , culleres e garfos de Carnelao ( colectivo a prol da soberanía alimetar galega ) situáronse dende o arrinque do desafío ó carón das Gadañas sendo os máis firmes aliandos nista gran marathon indíxena que ogallá culmine cos Gadanheiros da LNB sobre o esceario custodiando a brutal chuvia de ósos de churrasco co que  o grupo obsequiará ó público.









Baixo a friaxe no décimo aniversario os activistas da LNB entre os que se atopaban varios membros de Ex-Tension Agraria participaron e vencerón no gran desafío dos xogos bravús actuando coma un equipo firme, rexo e sen fisuras..
















A mesma actitude de compromiso total cunha filosofía LNB amosou toda a Comunidade Indíxena que dende un primeiro intre apoiou a Ex-Tension Agraria catapultando a banda ó primeiro posto con nada menos que "1018 gustames" a case 100 do segundo clasificado. A pataca quente non, fervendo está agora no tellado do Xurado que ten agora que selar a proposta elexida polo público ou senón contradecir á vontade popular e sacar da manga unha das bandas perdedoras e apanadar con todo o que iso vai supor para a credivilidade do festival bravú.  









Foi naquela noite no Cabaleiro de Viana cando o Bravú naceu , daquela chuvia de licores emerxeu algo que fixo retemblar a terra cuxo olor a bravío e espírito indomabel sobrevide intacto en cada Aberto da LNB.- Iste luns saberase a deliberacion do xurado mais ogallá que non sexa o bravú quen tente pecharlle as cancelas ó Punk Rock Indíxena!!

quarta-feira, outubro 09, 2013

AS BILLARDAS DO FERVEDOIRO LEVAN A LUZ E A ESPRANZA ÓS OLLOS DOS VECIÑOS DE CUNTIS E DO PAÍS ENTEIRO!!



Considerarase delito no xurispurdenza billardeira non darlle ó play do videio estalo xestiaod polos irmans do Quinteiro do Umia e atoparse fronte fronte coa referencial República do Fervedoiro de Cuntis, eles fan que o lume arda nos nosos ollos ó igual que a luz asoma na ollada dos seus veciños cando albiscan as estornelas sobrevoando o Albariños . O fervedorio aperta firme o palán niste III Aberto de Cuntis e con el empurrado fai unha brutal apoloxía da filosofía de accion LNB ...Sons , Letras e Actitudes e Xose Constela coma voz ó ar contra unha Banda Sonora Establecida en Cuntis e na Galiza toda!!  














O Fervedoiro converteu a Cuntis en zoa quente billardeira e un dos activistas da LNB que o ano pasado desputaron o xa mítico Aberto de Cuntis , Cristian Puente de Gharabotos , está tamén botando mais leña ó lume nisa outra zoa quente que é a universiadade galega , coma billardeiro e membro da Liga Estudantil Galega participou na rolda de prensa convocada por varias organizacion nacionais para o 24 de outubro realizar unha greve xeral contra a LOCME ...Palanador@s e Estudantes á rúa a loita continúa!! 

terça-feira, outubro 08, 2013

DESPOIS DO SUR SÁE Ó FACEBOOK O ESPAZO DA CONF. MAE E FAINO ESTABLECENDO IMAXE CORPORATIVA PARA TODA A MARCA LNB!!











O incendiario arrinque de semana veu alumeado pola brutal irrupción na rede do espazo facebook da Conferenia Sur, un instrumento que de seguro vai darlle moita axilidade e dinamismo á tribo Pincha que iste sábado en Bueu vai ter o seu arrinque. E foi a embestida do gran boi da Chega Carnelao o que acendeu a chama para que tremera a terra na leira da mesmísima Conferencia Mae que despois do seu impactante arrinque en Burela bótase tamén con espazo oficial na república fo "f azul" e faino cunha espectacular imaxe corporativa amosando as equipas participantes sobre nun fondo negro de plastico de silo. Con ista incorporacion todas as conferencias teñen xa o seu espazo facebook , estase tentando que todas elas amosen a mesma imaxe corporativa polo que os coordinadores de conferencia que envíen un correo cos logos das equipas participantes para que dende a oficina de Anti-deseño do Varal se poida facer o plego de portada >> nacho.eiros@gmail.com 













Un facebook que istes días funga como un porco bravo co narigón posto para que os indíxenas de Ex-Tension Agraria invadan o festival Castañazo Rock de Chantada coma banda emerxente , o grupo formado nas pistas da LNB cuxos membros son todos palanadores alineados en varias equipas da Conferencia Mae está a lideras a listaxe de "Gustames" nengun palanador ou palanadora da LNB pode quedar fóra do apoio porque apoiar a Ex-tension é apoiar a filosofía da LNB , ate iste xoves ás 18 h podes darlle ó "Like" ... o gran reto agora é acadar os 1.000 para que o xurado sinta o alento.dos paláns e das billardas na caluga!!

O FERVEDORIO COLAPSA CUNTIS COA NOVA EDICION DO SEU ABERTO BILLARDEIRO NO ALBARIÑOS!!


















Iste sábado os irmans do Fervedoiro invadiron de novo o xá mítico espazo dos Albariños de Cuntis , coincidía en data e hora co gran aberto puntuábel na Conf. RíasBaixas en Dorrón mais pese a non poder estar presentes as grandes estrelas do hemisferio Sul da LNB as billardas bruaron e fíxérono co firme impulso dun colectivo e dun activistas de puños pechos como cantou a pé de pista  Pepe Constela o cantautor que puxo a súa voz e talento a ferver.


















O Xantar de irmandade servíu para quentar os corpos e ialmas de cara ó gran desafío da tarde , niste tramo da xornada os dasafíos , os retos e apostas de cara ó rendemento na pista comezaron a saír ó ar ó mesmo ritmo que as botellas do máxico licor café comezaban a baixar.



















Xa poden ir as grandes estrelas da LNB pondo as barbas a remollo , segundo o espectacular crónico guindado no web-blog  do Fervedoiro a autoxestion na coordinacion do Aberto polos activista da comarca do Umia e a participacion plena de palanadores e palanadoras da comarca reforzaron os fíos cara unha inmersion billardeira futura ó mais alto nivel competitivo.


















Dende Compostela Luis Pirucha aportou  infraestructura billardeira que reforzou o propio equipamento de seu do Fervedorio que apresentarion nista III Aberto uns espectaculares Varais made in Cuntis.


















No horizonte queda unha nova victoria colectiva do activismo Billardeiro cuxa imaxe exemplifica o veciño do Gallo Xavi Garrido que venceu na espectacular final a Fran Escariz...o crónico ó completo akí e o impresionante mosaico de imaxes. Se os irmáns de Cuntis puideron ti tamén podes....Fervedoiro Sempre Adiante co Varal!!