O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 29, 2013

AUTÉNTICA_2013...A POLA SÉTIMA!!






















Todo listo e disposto para que os Lirius e Billardas comecen a bruar iste sábado 30 apartires das 11:30 h. na Praza de Europa de Piedras Blancas no novo gran reto internacionalista que unha vez máis o Conceyu Nacional del Liriu e a Liga Nacional de Billarda afrontan de xeito totalmente autoxestionado . Unha presada de Autentic@s serán os que desafiando todo o establecido crucen a ponte dos Santos para porse ás ordes de Flores e deixar o pelexo na pista de xogo para encastrar o orgullo galaiko conseguindo a victoria nista Sétima edición da Copa Cantábrica de Liriu-Billarda...Auténtica2013 a Pola Sétima!!













E se iste fin de semana decides pasar polo Culturgal tampouco alí poderás desconectar do universo billardeiro xa que alí está o espectacular Stand da LNB emitindo informacion para tratar de captar activistas entre @s culturs, e atencion poque ademáis da panatalla xigante para seguir á Auténtica , o sábado no lusco e fusco sobrevoa sobre o stand a amiaza dunha burtal sesion de Pincha (Discos).... Imperdíbel se estás por Pontevedra!!






















E que mellor ca antes de pasar polo stand do Culturgal quentar o corpo nun novo e de seguro excitante Aberto puntuábel na Conf. Sur que dende as 15:30 h se vai celebrar no Pavillón Maria Soliño de Cangas coordiando pola referencial franquicia dos Corredoiras . Ista find. combate a friaxe e represión sociodeportiva co palán e billarda no ar...#SeguimosSendo!!

quarta-feira, novembro 27, 2013

SE VAS POLO ATLANTICO ATRANCA O BATUXO NO STAND DA LNB NO CULTURGAL E SE VAS POLO CANTÁBRICO ÚNETA Á AUTÉNTICA NO DESAFÍO INTERNACIONALISTA EN ASTURIES!!

















Unha nova marca de camisolas con sotaque galego está a deixarse ver pola rede , NikisGalicia é o seu nome comercial e polo que xa se lles coñece popularmente, nun amplo abano de deseños-brincadeira referidos ás xentes e cultura do país atopamos iste titulado Baeta Galicia Style , no que podemos ver a un xogador de beisbol sobre unha batea golpexando algo que sobrevoa o horizonte. Lementabelmente os responsábeis distes Nikis coma o resto das empresas do sector seguen sen decatarse do potencial comercial da Billarda e de todo o seu entramado socio-cultural e prefien ollar cara outro lado...
















Mais ista find. igual temos sorte e algún dos reponsábeis de NikisGalicia se pasan polo espectacular Stand da LNB  no Culturgal de Pontevedra, alí atará toa a informacion sobre a LNB , o noso deporte e a nosa competicion para que todo o que que o desexa se informe e se conciencia de primeira man da magnitude da tsunami billardeiro que asola Galiza e o mundo enteiro ... xa que se está incluso tentando conseguir unha pantlla xigante para instalar no stand dende a que seguir e apoiar á Auténtica no seu desafío en Piedras Blancas contra Asturies na mítica engancha internacionalista da Copa Cantábrica 2013


















Todo listo pois , incluida a sidra e licor café ambos refrixerios indispensábeis para entender a mgnitude dista competición histórica , as botellas a enfriar no Eo  metras os Asturianos comezan a quentar o ambiente convencidos que coma o ano pasado de Xixón a Auténtica voltará "escocida" e sen a Orelleira Cantábrica para a casa...- A Auténtica vestida coma sempre coa súa mítica camiseta , alonxada das brincadeiras de Nikis , Caramuxadas e Zentoladas , un ano máis asume o desafío brutal da autoxestion a da alinaza internacionalista.... Liriu e Billarda Sempre, Adiante Copa Cantábrica 2013!!

segunda-feira, novembro 25, 2013

REGOS DE SIDRA E LICOR CAFÉ ATEIGAN OS CORPOS DOS PALANADORES E PALANADORAS DA AUTÉNTICA...FLORES XA TEN ÁS SÚAS ORDES ÓS CONVOCAD@S PARA A CANTÁBRICA_2013!!









Todo en marcha a un e outro lado da Ponte dos Santos para un ano máis deputar a Copa Cantábrica que xungue fronte a fronte ás seleccions nacionais de Asturies e Galiza , unha competicion que invadirá de novo Piedras Blancas de Lirius e Billardas famentos de gloria e do respeto da equipa rival...sidra e licor café correrán a regos polas veas dos palanadores e palanadoras asturianos e galegos que iste próximo sábado 30 de Novembro apartires das 11:30 na praza de Europa se o tempo o permite e senón no pavillón da vila do concello de Castrillón desputen na modalidade de castru-CNL  iste gran torneo de nacións que  despois do xantar de irmandade nun restaurante ó carón da pista de xogo ( fabada + carne asada + postre + café / 15 euros ) terá unha explosivo epílogo coa celebracion dun gran Abiertu a prol da oficialidá da llingua asturiana e do deporte do liriu e da billarda.


















Iste medio-día na hora Carnelao das 14:30 h. a máis de un se lle atrangaban os ósos de churrasco na gorxa ó coñecer mediante o Facebook do Varal a lista que o Seleccionador Nacional Flores facía pública para que o páis coñeza o nome dos palanadores e palanadoras que a Auténtica vai utilizar para tentar recuperar a Copa Cantábrica e a honra perdida fai un ano na pista da Llaboral de Xixón:

- Billardeiros Musicais: Daniel, Juan, Coedo e Geni
- Carabullo de Teixo: Charli, Isma, Santi e Javi Morán
- Troitas Bravas: Carme, Maricarme e Regueiro
- Remourelle Bulls: Suso, Martinho, Lucia e Milio
- Tropa Lixeira: Richard, David e Pepe
- Extensión Billarda: Lola, Adrián, Diego e Rodrígo
- Ekipa Bítere: Xermán, Ana, Servando, Toño e Flores
- Carabullo de Buxo: Irea e Tomás
- O Cadaval: Mario e Pepe Vidal
- Carabullo de Toxo: Andrea e Paula
- Cruzados: Alejandro e Tonecho
- Gharabotos: Luis, Cristian e Luis Caminha
- Corredoiras: Outeiro, Chefa e Carolo
- Cochikeiros: Alberte e Berdillo
- Filloas de Sangue: Roi e Lois Fontán
- Furabolos: Toño e Xosé Antón
- Trouleiros: Carmela e Basilio

                       A pola Cantábrica, Adiante coa Auténtica !!!

domingo, novembro 24, 2013

DE COSPEITO A PASAIA E DE DONIBANE A PIEDRAS BLANCAS...



















Espectacular imaxe do pódium no Aberto de Pasaia de Txirikila-Billarda donde reapareceu a gran palanadora Ana de Cospeito asestando un brutal golpe de efecto proclamándose campioa absoluta diste gran aberto que abre a fenda internacionalista que iste luns en horario Carnelo das 14:30 h. terá a súa continuidade coa publicacion no facebook do Varal da lista de convocados polo seleccionador Nacional Flores para iste vindeiro sábádo 30 en Piedras Blancas loitar pola conquista da Copa Cantábrica . E atención porque a ista gran embestida billardeira os irmáns da LNB-Bierzo tamén se unen e van deixar pegada cun brutal aberto no mes de Decembro que vai obrigar ó Apalpador a incluir Ponferrada no seu mapa de distribucion de brinquedros

Crónico dos irmáns do Fato Castelao de Pasaia

Xa rematado o Aberto de Billarda "Bahia de Pasaia 2013".

CAMPIONA/TXAPELDUNA: Ana Jouiknwjsya

SEGUNDO CLASIFICADO/ BIGARRENA: Joseba Campano Etxarri

TERCEIRO CLASIFICADO / HIRUGARRENA: Donibane Azkarate

PARABÉNS!!! ZORIONAK!!!

E agora toca terceiro tempo.



sexta-feira, novembro 22, 2013

FIND. DE TRÁFICO DE TXIRIKILAS , BILLARDAS E LONCHAS EN PASAIA , CERCEDA E NO HOTEL DE CONCENTRACION DA AUTÉNTICA!!

















Brutal imaxe-canelao do gran percusionista e atleta LNB  Markitos dos Billardeiro Musicias trabando no espectacular Xamón de Flores para celebrar a súa victoria o pasado sábado no multitudinario Aberto de San Miguel de Reinante que leva o nome do selecionador nacional. Un xamón que se convertirán en centos de lonchas xa que hai un ruxe-ruxe polas esquinas que sinala un brutal tráfico de alimentos de varios palanadores e palanadoras ( con agallos caninos incluso para  Pinto o preparador físico da Auténtica ) para tentar que o seu nome apareza na lista de convocad@s que Flores vai facer pública para conquerir a Copa Cantábrica iste vindeiro sábado 30 en Piedras Blancas.

















Será pois unha find intensa de tráfico de lonchas que se conxugará coa celenración en Pasaia do gran Aberto Txirikia-Billarda iste sábado apartires das 11 h. na espectacular praza de Santiado dista referencial vila euskaldun e cunha nova enganchada regular na Conf. NorOeste en Cerceda no Pavillón do Pieñeiro como é costume apartires das11 h . iste domingo as billarda bruarán de novo na Cochiqueira na procura de paixón e liberdade....Txirikila e Billarda Sempre, Adiante co Varal!! 

quinta-feira, novembro 21, 2013

TOD@S SOMOS SITO...










Os negociados como ten que ser nun deporte serio e responsábel como a billarda fanse na sobremesa mentras se soben usn grolos de licor café despois dun bó arroz caldoso mollado con viño do páis...porque polo andar e polo comer xa se vé cando un "Palaneiro" coma Sito apunta maneiras de estrela ou de estrelado...


















Na precision do Bicheiro co bolígrafo e do Txirikilari en cada golpexo ...iste sábado en Pasaia na nova edicion do Aberto de Txirikila-Billarda estará toda a esencia e condensacion internacionalista do noso desporto unindo loitas e desexos comúns cara un horizonte de billarda e liberdade.

















E canda o evento billardeiro en EuskalHerria xa comeza a ferver tamén no facebook a nova edicion da Copa Cantábrica de Liriu-Billarda que iste vindeiro sábado 30 de novembro enfrontará en Piedras Blancas ( Asturies) ás seleccions nacionais de Asturies e Galiza . Atencion porque o seleccionador galego Flores está a punto de facer pública a lista de convocad@s para un partido que será transcendental tanto para o futuro do seleccionador coma da Auténtica xa que de non recuperar a Copa Cantábria de seguro que a afeccion agardartá na Ponte dos Santos con sachos e gadañas afiadas para facer que alguén pague coa salú dúas derrotas consecutivas..máxima tensión pois ante a nova irrupcion internacionalista da Auténtica!!

segunda-feira, novembro 18, 2013

GÓSTANOS QUE CHE GUSTE ...A BILLARDA , O GALEGO , A TXIRIKILA , O LÍRIU, O PANDOLO , O BÉLIT, O GILLI DANDA....

















Á LNB gústalle a xuventude alegre e combativa coma o gran palanador de Gharabotos Cristian quen foi quen de puxar con toda a forza twitter para que a billarda apareza nos carteis disa gran campaña nacional de apoio e promocion da lingua. Unha forza que se transmite a toda serpe multicor da LNB que ergue a ollada e xa alvisca no horizonte varios dos  grandes retos do futuro inmediato , por unha banda a nova edicion do Aberto de Pasaia ( EH ) de Txirikila-Billarda diste sábado coordiando polos irmáns do Fato Castelao , e unha semana mais tarde o sábado 30 de novembro en Piedras Blancas ( Asturies ) a celebracion dunha nova edicion da Copa Cantábrica na que a Auténtica tentará recuperar o trofeo e a dignidade perdida fai un ano na Praza da Llaboral de Xixón .



E para coller forzas , ponte cómodo, abre unha Menduiña e transládate á festa malandrómika  do novo video-estalo resume da  sexta xornada da Conf. RíasBaixas , unha conferencia que está a ultimar a coordinacion para a instalacion dun stand LNB no Cultural 2013  na find do 29-30 D e 1 de Novembro en Pontevedra ...colle o palán e #faitedaLNB!!

30.000 NEN@S VÍTIMAS DO DESAFIUZAMENTO DEPORTIVO DA XUNTA ...NON CHOREDES XOGADE Ó FUTBOL GAÉLICO E Á BILLARDA!!
















Cando un tifón en Flipinas ou na Galiza marcha  representado pola LNB está en marcha non hai pavillón nen pabellón en Bayona ou Baiona que poida resistir o trebón, de pronto xa se levou por diante  30.000 nen@s que formaban parte do entramado do futbol base galego  ó que a xunta paralizou a competicion por mor da negativa a custear o seu seguro validaba a súa competencia

















E mentras deportes coloniais e represivos coa cultura galega coma o futebol esmorecen ....a billarda e toda a súa bola de lume contra-cultural que envolve cada a aberto continúa a medrar e facerse mais potente en cada recuncho do país como aconteceu o pasda sábado en San Miguel de Reinante donde setenta palanadores e palanadoras invadiron o pavillón da vila para desputar o xa mítico Aberto de Flores donde ó carón do carismático e referencial selecionador nacional estivo tamén a mítica Carmiña desfrutando dun Aberto no que os Billardeiros Musicais pasaron o rodillo para facers cun pleno no pódium presidido por Mrkitos que recollou o espectacular Xamón de Flores custodiado por Geni e Coedo respectivamente.


















E como sóe pasar nistes fervedoiros de paixón mentras as billardas bruaban as cabexiñas traballan tan rápidas e precisas coma as mans do palanador Dominicano-Galego da Ekipa Bítere Michael Matos que foi quen artellou o espectacular modelo de Galadnha Móbil desmontábel para que os gadanheir@s de Ex-tension Agraria poidan sempre abrir os concertos dista impactante banda indíxena de PunkRock xermoalada nas pistas da LNB.


















Acudirá algun día Ex-tension Agraria coas gadanhas de Michael ó plató do Luar apresentar os seus incendiarios temas? iso non se sabe , o que de momento si se puido escoitar foi o paso venres o anuncio da festa dos callos no que o gran Aberto puntuábel da Conf. RíasBaixas estaba inmerso , un sucesso brutal que tivo o seu desenlace na listaxe de clasificados que tendes diante dos fuciños.

















E despois dos Callos rebaixar a tripada ó día seguinte no Aberto de Salcedo , alí a gran palandora e cociñeira Bero puxo a tixela a funcionar e a lume lento fíxose co triunfo na clasificacion absoluta amosando unha vez máis a potencia e precision das palanadoras da LNB.

















E para ises 30.000 nen@s que choran porque non teñen fútebol pola incompetencia do governo galego , que non se preocupen que collan o palán e xoguen á billarda e se teñen mono que faigan coma Marta a palanadora do faisca que estivo en San Miguel no Aberto de Flores e que iste semana xa se incorpora ó adestramentos de futbol gaélico da franquia viguesa, unha equipa ademáis adestrada por un dos grandes da LNB Rubérn Otero....Contra o desafuizamento desportivo futbol gaélico e billarda!!

sábado, novembro 16, 2013

CEO DE CARNEIROS...CHUVIA A CALDEIROS!!




















Iste domingo no pavillón de Cabanas en Salcedo espectacular Aberto de Billarda coordiando pola referencial franquicia dos Gharabotos que apostan firmemente pola integración billardeira total e radical de tódolos sexos , razas . idades e condicion física e psíquica ...A Billarda é para Tod@s e o feixado de pinchos e tapas que haberá ó final do torneo tamén!!

















Un día antes , iste sábado 16 en San Miguel de Reinante na Conferencia Norleste , a tribo toda da Norleste se reunirá de novo entorno a ise gran referente vital e billardeiro chamado Manolo Flores. A primeira opcion era realizar o xa mítico Aberto no campo de futbol mais as durísimas condicions metereolóxicas fan que de novo se recurra ó pavillón de San Miguel donde tantas máxicas tardes de billarda se levan realizado ...A cita será apartires das 15:30 h. e por mor do tempo tampouco se poderá realizar a ten desexada Ceiba de Pombas do Tandem Condadés mais si que se poderán adquirir boletos da Cesta da Apalpador co que Lotaría da Galiza vai alumear a nosa sorte nista Natal radioactivo e é moi posíbel tamén que os Ex-tension Agraria apresenten a súa espectacular gama de gadañas para os directos realizada polo palanador da Ekipa Bítera Michael Matos.

















E simultaneo ó bruar de billardas no pavillón do San Miguel no campo de festas de Castelo a Conferencia RíasBaixas dará unha vez a callada por resposta....























Chanta os ollos e desfruta co espectacular programa da Festa dos Callos de Castrelo no que está mergullado iste de seguro multitudinario Aberto no que de seguro os palanadores e palanadoras deixarán as tripas na pista para posteriormente inxerilos no prato .. callos , billarda e indixenismo Sempre!!

quinta-feira, novembro 14, 2013

ZËNZAR E TANDEM O CONDADES...OS SEGREDOS DOS VOOS DA LARGA DISTANCIA!!



Iste pasado fin de semana no Bobber Café os irmáns de Zënzar voltaron coller o palán para realizar unha espectalar interpretación do seu temazo Billarda pertancente ó xa mítico disco República Billarda e escrito polo puño e letra de Tonho Randeeira. Unha coctel molotov que estourou na referencial sala de Bertamiráns e en cada un dos recunchos do país donde os padriños levan celebrando por todo o alto ó carón dos seus milleiros de fans os seus 25 anos en ruta ó pé do canón.

Unha carreira de longa distancia a dos Zënzar que ó igual que as atletas aladas do Pombal O Condadés tiñen nisa disciplina de resistencia a mellor das súas armas , unha caracterísitca que os palanadores e palanadores da Conf. NorLeste van poder apreciar xa que durante o Aberto de Flores se realizará a primai Ceiba de Pombas da história na LNB relizada pola xente do "Tandem Condadés" cuxo pombal está situado  en San Miguel de Reinante. No pasado Aberto da Pontenova debutaba "Jacinto " o nova gran fichaxe dos EkipA Bítere cuxa gran paixón dende neno é a colombofilia á que adicou tempo e esfrozo para acadar unha brutal nómina de campións estatais e internacionais ...Desafiando a rapiña, Pichóns e billarda sempre!!

terça-feira, novembro 12, 2013

NA PROCURA DUN POLÍTICO PARA A ENTREGA DOS CHOURIZOS DA LNB NO GRAN ABERTO DE FLORES!!



















Espectaculares trofeos os que iste pasado sábado en Teis a Conf. Sur outorgou ós primir@s clasificados , unha filosofía a da autoxestión e da imaxinacion que está presente en todas as pistas da LNB e que vai brilar especialmente no próximo Aberto de Flores na NorLeste donde o Xamón de San Miguel vai ser o impresionante trofeo-Carnelao ó que o campión ou campioa se leve para a casa para meterlle o dente mais tamén a LNB está intensificando os contactos cos estamentos oficiais para tentar que un político do concello de barreiros , da deputacion de lugo ou de calquer outro estamento oficial entregue as restras de chourizos ós primeiros clasificados diste xa mítico trofeo da conferencial mae.














Un Aberto o de Flores que a gran franquia dos Billardeiros Musicais elexiron ademáis para estrear a súa nova e espectacular equipacion de inverno patrocinada polo Café Bar NEVADA de Ribadeo que con iste xesto apuntala aínda máis o seu apoio e cobixo ós indomábeis palanadores e palanadoras da LNB.
















Haberá de seguro , xunto con outras sorpresas no campo de futbol de San Miguel donde se desenrolará o gran Aberto de Flores unha foto de famila dirixida polo mesmísimo seleccionador nacional ó igual que se sacou o pasado sábado ó finalizar o Aberto da Sur en Teis donde misteriosamente non saíu a imaxe dise novo gran ídolo billardeiro chamado Canceliñas...Billarda e Fuxitivos Sempre!! 

segunda-feira, novembro 11, 2013

O CARNELO STYLE INVADE AS MAÑÁS , TARDES, NOITES E MADRUGADAS DA LNB!!

















Impresionante amiaza Carnelao no Magosto celebrado iste pasado sábado en Ribadeo donde palanadores de varias equipas da Norleste se retaban para o vindeiro Aberto de Flores , unha accion festivo-reivindicativa a prol da soberanía deportiva e alimentar á beura do Eo simultanea á remate do gran Aberto en Teis na Conferencial Sur do que saíu vencedor o palanador de Gharabotos e artista multidisciplinar Luis Pirucha , seguido de Carolo e Lito.






















Unhas castañas e un viño que foi clave para que tan só unhs horas desppos do Magosto de Ribadeo o palanador dos Billardeiros Musicias e actual Coroceiro Nacional " Daniel" batira na final ó gran Alberte de Cochikeiros no pavillón de Piñeiro no arrinque da tempada regular na referencial Conferencia NorOeste. Carnelao e Cochikeira Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, novembro 08, 2013

ISTA FIND. O GORE INVADE A LNB!!















Non podía haber un sitio mellor ca Chantada para durante a desputa do xa mítico Aberto do CastañazoRock os activistas LNB apresentaren a súa faixa Gore que tan só unhas hora máis tarde sería desplegada sobre o esceario durante a actuacion do grupo indíxena Ex-Tension Agraria . Dende o concello de Lourenzá xa se puxeron en contacto coas institucions Carnelao no Exilio para tentar dalle as chaves da vila ó palanador e membro de EA nativo dise terra das fabas , e unha vez entregadas facelo anti-fillo predilecto , unha distincion que se fará extensíbel ó concello de Cerceda que iste domingo 10 de Novembro apartires das 11 h. da mañá no pavillón do Piñeiro acolle a primeira xornada da Conferencial NorOeste na que moi posibelemente Gende , o palanador da Cochikeira que sosten a faixa gore , sexa tamén distinguido polas autoridades locais pola súa gran laboura coma raggaman e palandor polo mundo enteiro.

















Alguen comentou que iste espectacular cartaz semellaba que a pé de pista estalara unha guerra e todos os palanadores e palanadoras tiveran que saír liscando protexerse dos bombardeos , na conferencia sur ,  coma no resto da LNB , naide está libre de pecado e moito menos que de lle caia un xostregado mentras agarda o seu turno para lanzar a pincha , a cita iste sábadoapartires das 16 h. no centro cívico de Teis nun Aberto a fume de carozo coordiando pola referencial Faisca.


















E donde o sangue e as visceras de seguro que van saltar afeito vai ser no explosivo Sam Martiño Canibal de Louseiro ( Sarria )  donde apartires das 18 h. se vai celebrar un impredecíbel Aberto de Billarda. Se gosta do Gore e da Billarda en Louseiro iste sábado tes unha cita...Canibalismo e Billarda Sempre!!

quinta-feira, novembro 07, 2013

VERBAS , CARABULLOS E BILLARDAS!!



Espectacular curta-documental protagonizada polos palanador@s de equipa Carabullo de Muimenta nun dos seus tempos mortos nun dos seus adestramentos,  dirixido por Andrea Maseda iste peza ralizada para elentar a defensa do noso idioma está a rachar a rede e demostra ás claras que a ista nosa tribo e iste noso pobo non gosta da sesta e si de mollar a palabra ...Está clarísimo , Nós queremos Galego e Billarda!!

quarta-feira, novembro 06, 2013

CONTRA A PROHIBICIÓN DO TRÁFICO DE GUÍAS....BILLARDA E CANIBALISMO EN LOUSEIRO ( SARRIA ) !!


















A emisión de berros e grolos compartidos atroou o mercado gandeiro de Chantada nista edición do Castañazo Rock donde o único que se prohibía era o paso ou tráfico de guías entre os porcos dise espazo cara calquer outro recinto feiral , mais como é norma a LNB unha vez máis desafía o imperio da lei emitindo unha guía polo cal todos os porcos e porcas que así o desexen poderán particiar iste sábado en Sarria no espectacular Aberto do San Martiño Caníbal de Louseiro apartires da 18 h. Contacto > 687.055065



















Porcos foi tamén un dos temas que o grupo de Punk Rock Indíxena arrebolou canda ós Bocadillos de Cartón reivindicativos , Ismael de Outeiro , o gran palanador dos Carabullo de Muimenta encapuchado foi quen de perpetar ista impactante  accion dende o esceario que deixou a contra as cordas ó público do Castañazo mentras soaba o gran hit " pagaralo coa salú" 
















Un collage de berros brutal que resumen o grao de compromiso total dista banda indíxena formada por activistas da LNB con iste terra , iste tempo e ista sociedade do malestar..
















Restos dun lume sobre o chan do mercado gandeiro que estourou no esceario e que xunto ás proclamas contra os xenocidas económicos tamén pedían a oficialidade do noso desporto nacional ó carón do apoio ós irmáns comuneiros que loitan contra o aldraxe no Porto Cabral.. A billarda coa Terra e co Monte Sempre!!

segunda-feira, novembro 04, 2013

SÚMATE ...FAI PARTE DA NOSA EQUIPA , FAI PARTE DA NOSA REVOLTA!!
















Iste sábado en Vigo continúa a competición regular na Conferencia Sur , un esceario perfecto para que a sangue torne ó rego nista gran conferencia da LNB que xa ten a unha das súa franquiias históricas facendo campaña de captación de activistas en Marin e Komarca. Coma @s Almuinha todo o resto das equipas da sur afían as pinchas e acariñan o palán para iste sábado en Vigo abrir a fume de corozo.



















E co frío pegado nos ósos coma indicador inequívoco o comboio imposíbel da LNB xa quenta motores para iste vindeiro sábado 23 de Novembro volta invadir Pasaia da mans das Txirikilas dos irmans do Fato Castelao que xa teñen o evento funcionando e reventando o facebook . Un comboio que unha semana despois , 30 de Novembro,  voltará a coller rumbo pola costeira cantábrica para desputar en Piedras Blancas ( se chove ) ou Piarnu se o tempo o permite unha nova edicion da Copa Cantábrica Liriu-Billarda. Un reto que subxace no ar é tentar que nun futuro Euskalherria-Asturies-Galiza confúen xuntas e enfrontadas nunha mesma pista no que sería a gran edicion da Copa Cantábrica de Txirikila-Liriu-Billarda..Súmate , fai parte da Auténtica!!.

NADA PODERÁ SER XA IGUAL NA LNB DESPOIS DO DESPROPÓSITO E LAMENTÁBEL ESPECTÁCULO DO ABERTO DE CHANTADA

















O Castañazo2013 diste pasado sábado era o marco perfecto para a LNB realizar a perfecta cuadratura do círculo. A implicación total e absoluta de todos os colectivos paralelos e afíns á billarda para catapultar ós Ex-Tension Agraria , grupo nado nas pistas da LNB , ó esceario principal do Castañazo ía ter na pista de terra ó carón da Praza de Santa Ana e no propio esceario do mercado gandeiro de Chantada o seu gran esturido de celebracións compartidas polo acadado co esforzo de tod@s. Mais algo inesperado tronzou de pleno todo o ate entón realizado, forón centos e miles de veces as que denunciamos o acoso externo para tentar exterminar a billarda mais nunca puidemos imaxinar que o trebón ía vir dende dentro e de xente que ate iste pasado sábado 2 de novembro foi un referente absoluto para toda a xente da LNB. É inconcenvíbel para alguén que ademáis vestíu a Coroza da LNB poida ser quen de tomar a broma iso que e é absolutamanete sagrado para tod@s os pisamos unha pista de billarda "O Respeto total e absoluto ós participantes" . Foi o sábado 2 de Novembro para min o día máis triste da miña vida coma palanador , mentras no mercado gandeiro pensabamos que na pista de billarda se estaba desfrutanto dun Aberto Histórico , "eu persoalmente" cunha ilusion brutal e coa emocion a flor de pel colocaba axudado por outro pioneiro , Tonho Randeeira, a bandeira da LNB no esceario donde unhas horas máis tarde Ex-Tension Agraria ían realizar o seu gran Varado impulsado polos 1018 paláns. Sobran as palabras , feitos e actitudes coma ás do Aberto de Chantanda faltando ó respeito e insultando á xente na pista a palanadoras e palanadores e incluso fóra dela lixan á LNB, a nosa história e cangrenan o noso futuro . Só de nós depende!!

sexta-feira, novembro 01, 2013

17 H. Ó CARÓN DOS PENDELLOS DA FEIRA VELLA DE CHANTADA....ABERTO DE BILLARDA DO CASTAÑAZO-ROCK 2013!!






Iste sábado tes unha nova cita coa história en Chantada , ás 21 h. da noite diste sábado 2 de Novembro as luces do mercado gandeiro brilarán nas follas das gadañas dos Gadanheiros da LNB que abrirán a brutal descarga de punk rock Indíxena dos Ex-Tension Agraria , unha miguiña antes ,  apartires das 17 h. , no campo de Terra da Feira Vella de Chantada ó carón dos "Pendellos" moi pretiño da Praza de Santa Ana ( epicentro dos cantos de Taberna ) celebrarase unha nova edición diste mítico aberto que estrea ubicación . Para calquera consulta de urxencia:  627262174 / Xavier.  Parcelaria NOM, Billarda Sempre!!


















Un R4 que sen dúbida sería o medio perfecto para a aventura indixenista de Chantada mais que foi o vehículo utilizado polos activistas da Conf. Rías Baixas para visualizar a accion billardeira simultanea ó Aberto que se vai celebrar na vila de Paulino. Será pois apartires das 15-30 h. na área recreativa do Barreiro en Meaño donde se desputará un novo Aberto puntuábel nas Rías Baixas .