O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 24, 2014

CARA A CARBALLO NO BILLARDA ALL STARS 2014 ..15 LABIRINTO DE BILLARDA E PAIXÓN!!


Diferentes correntes se entrecruzaron en Mondoñedo , Salceda e Culleredo para que o leirón da LNB puidera penetrar no labirinto co palán na man para confirmar que o vindeiro 15 de marzo saltarán as espigas na grella no Billarda All Stars Pichorro 2014 que coordiando pola semente da Conf. Bergantinhos se celebrará na poderosa vila de Carballo.  Un All Stars que coma o anterio en Muimenta contará cun explosivo terceiro tempo que arrincará cunha foliada no lusco e fusco para a posteriori na mítica Sala A Reserva desenterrar as brosas de guerra nunha noite que promete ser histórica coa celebracion do I Festival LNB coas actuacions dos Vacalouras, o palanador e beatboxer Xenderal e a presentacion mundial dos 12 Labirinto , a banda paralela de dous históricos de Zenzar...

















Mais o leiron da LNB ademáis de Carballo tamén profetizou na súa inmersion no labirinto do Aberto das tartas de Mondoñedo que as billardas tirarán cara o Eo-Navia xa que a presenza dun neo-activista naviego no aberto Mindoniense acende a chama para apoiar máis accions de apoio á tribo liriu . Unha conexión brutal como se pode ver no espectacular especial sobre a Copa Cantábrica no programa La Bolera da televisión pública asturiana .