O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, fevereiro 22, 2014

NO MES DE ¨NON TOMARÁS A BILLARDA EN BROMA¨ ...ADIANTE SALCEDA, MONDOÑEDO E A CRUÑA!!



Despois  duns anos de secano , torna a emoción , o espectáculo , a festa e o licor café ás pista da Conferencia Sur e faino pola porta grande cun incendiario video-estalo made no Faisca acendendo as estelas para quentar as espigas na grella de cara ó explosivo Billarda All Stars Pichorro de Carballo.    

















Unha festa e una Aberto mítico o organizado iste sábado apartires das 16 h. pola referencial franquicia dos Treze Catorce que fará que os disfraces e a billarda de novo se misturen coas formigas avinagradas e o espírito do merdeiro para desembocar ó final do Aberto nunha espectacular festa Hortera amenizada entre outros polo Dj. Croqueta. 


















E simultánea á accion billardeiro-antroideira de Salceda @s activistas da Norleste se darán cita no espectacular marco da Alameda de Alameda de Mondoñedo , un espazo perfecto para apresentar o espectacular certame de curtas que os Carabullo de Muimenta están artellando na igrexa civil da vila chairega , un poco antes de arrincar a loita polas espectaculares Tartas de Mondoñedo feitas no exilio da Pasteleiría do Koreano de Lourenzá, un manxar de moitos kilates que se verá amplificado polo Botelo-LNB coma premio para a franquicia campioa do Aberto .  













Un aberto o da Tarta de Mondoñedo no que ademáis cada inscrit@ recibirá un espectacular exemplar do agardadísimo Almanake-LNB relizado polo palanador dos Bulls e artista multiciplinar Muriego , un paso ó fronte para que en todas os fogares dos palanadores e palanadoras estexa o Almanake-LNB que escorrente os posíbeis meigallos que perseguen ós activistas da Billarda. E como anuncian no facebook oficial da Noroeste, iste domingo xa está marcado tamén no Almanake-LNB da conferencia Atlántica para como é norma apartires das 11 h. desputar unha xonrada dóbel nun punto a determinar da cidade da Cruña...xúnguete ó palán no que resta diste intenso mes de ¨ Non tomarás a billarda en Broma¨!!