O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 20, 2014

BROSAS E BILLARrDAS ... BENVID@S Á FÁBRICA DE PESADELOS!!



















Non pode haber mellor compañeiros de viaxe, se na xungla os machetes abren camiño no medio da foresta as brosas son isa ferramena necesaria que afían cada unha das nosas billardas para facer camiño con cada dos nosos Varados. Durante toda ista tempa a Conferencia Sur amosou de novo os dentes e iste vindeiro Aberto puntuábel que se celebrará o vindeiro 28 de marzo estreando emprazamento na Guardia continuará coa fenda xa experimentada cun exito brutal no Billarda ALL Stars de Carballo da accion billardeira cunha explosiva traca final en forma de festivalinho no centro social O Fuscalho.



Os The Brosas chegarán á Guardia mergullados na xira de apresentacion do seu aclamado pola crítica internacional ultimo album homónimo editado polos mítico selo compostelá Lixo Urbano,  dende o seu zulo de Burela donde xa levan un tempo adestrando cos paláns no Centro Social Xebra que xunto con outros aborixes mariñans xestionan maxistralmente apoiando á cultura autoxestionada nise esquencido recuncho do país . Máis antes que trema o chan e teito do Fuscalho co trash-punk de The Brosas a tribo do hemisferio sur pode ista find. quentar a boneca achegándose ó novo Aberto puntuábel da veciña Conf. Rías Baixas para iste sábado 22 en Cotobade ir entrando en ambinente  cunha inmesion billardeira de moi alto voltaxe... Contra isa laca do Pacifismo , The Brosas e Billarda!!