O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 11, 2014

COLLE O PALÁN E ESCUPE NA ALFOMBRA , CINEMA E BILLARDA INDEPENDENTE SEMPRE!!


















69 participantes no gran Aberto puntuábel de Figueirido e 25 anos da terríbel matanza de Paulino na aldea de Surribas  en Chantada , contradicions macabro-sexuais que achegaron inconcinetemente ista fin de semana máis ca nunca o sur galego co sur da salvaxe provinzia de Lugo.

















Estreando as primeiras raiolas de sol do 2014 , os palanadores e palanadoras das Rías Baixas desfrutaron coma lagartixas a ceo aberto dunha tardiña de festa e billarda coma xa se botaban de falta, Xavi de Gharabotos no máis alto do podium custodiado por Xan de Lúa de Forza no segundo posto e Felipe de Zume de Vimbio  no terceiro andar pecharon ista gran xornada previa ó agardísimo Billarda All Stars 2014 de Caraballo.
















E cara ista fin de semana no horizonte ó caron das estrelas da LNB que se darán cita en Caraballo xa brilan tamén no horizonte as explosivas citas audiovisuais que servirán de previo de luxo antes de que o Varal sinta os arrepíos ante  o bruar dos mates dos palanadores. Sundance NON , iste venres festival de Curtas de Muimenta organizado pol@s indomábeis Carabullo vai extendar unha alfombra de toxo e lama para recibir a explosiva nómina de anti-estrelas que alumearan a noite chairega , e naturalmente entre as fitas haberá un espazo para o univero contra-cultural billardeiro con tres brutais estalos agrupados nun marco denominado TELE-VARAL Experiance. Mais non será o única puñetazo audio-visual dista find, ise mesmo venres 14 no Xebra de Burela proxectarase o documental O Sorriso Insubornábel no que se narra a vida e obra do activista galego Martinho amigo e referente absoluto para toda a tribo LNB. E por se non fora pouco noutro punto da xeografía billardeira aínda que en secano dende fai unhas tempadas, arrincará iste sábado o Festival de Cinema de Alfoz. Colle o palán e escupe na alfombra, billarda e conema independente sempre!!