O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 26, 2014

MADIA-LEVA EN LUGO E O FUSCALHO NA GUARDA ....BILLARDA , POLBO E CACHIZA SEMPRE!!















Un dos logos mais impactantes e cruamente máis realistas que podes porte no peito é iste que situa ó noso país mais preto dunha irracional ración ca dun futuro estado europeo naturalmente fóra dista europa que masacra a nosa cultura , ecomomía e realidade social. Tres elementos básicos nos que se estructura a realidade nataural galega que emerxen das pistas de xogo de cada Aberto de billarda coa mesma forza que cada petisco de polbo vóa do prato de madeira pinchado na punta dun pauciño na procura da boca e do dente do comensal famento.  
















Iste sábado de billarda e loita a LNB escenifica a súa fortísma pegada en alianza cos centros social Madia-Leva de Lugo e O Fuscalho da Guarda. Co precendente do mítico Aberto do Polbo da pedra que a LNB celebraba no Concello de Xove , a Conferencia Norleste de LNB e os MadiaLeva recuperan pois a exaltación do cefalópodo para reivindicar o seu sabor e denominación natural galega ultimamente atacada e aldraxada de xeito intolerábel dende o mesmísimo concello do Carballiño. E  por se non fora pouco iste sábado é o elexido tamén pola Conferencia Sur para estrear en colaboracion do Centro Social o Fuscalho a irrupcion billardeira na vila de Guarda e para que a Cachiza rexurxa coa forza dun xabrin ferido despois do Aberto puntuábel explosiva festa concerto cos bureleses The Brosas e o aborixes Viven ...Polbo e Cachiza Sempre!!