O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 07, 2014

O CERCO , AS PALANADORAS E A BILLARDA...PROTAGONISTAS ABSOLUTOS NO ABERTO PUNTUÁBEL EN VILABOA DA CONF. RÍAS BAIXAS!!



















Se tocan a un mariñeiro galego, tócannos a tod@s , a LNB e Carnelao na defensa do traballo na Galiza e contra o cerco policial e institucional que oprime e desgarra o cerco galego. O Xoves foi Vigo no porto pesqueiro do Berbes donde se produciros os actos de represion brutal ás accions dos mariñeiros que remataron cun mozo de Cambados por suposto dlito de atentado contra un axente da autoridade.























Moi preto da vila natal do activista do cerco en Vilaboa detido no mesmo corazón da Conferencia RíasBaixas apartires das 16h no Chan de Vilar en Figueirido celebrarase un novo Aberto puntuábel diste referencial conferencia que estará especialmente dirixido a realizar unha apoloxía billardeira das nosas palanadoras disa e todas o resto das conferencias dio país no día como ben se afirma no cartaz anunciador do evento da muller traballadora e billardeira.




  • E se os mariñeir@s de Vigo aparcaron o barco no peirao o xoves para saír á rúa , os seus compañeiros da Coruña o fixeon o venres tamén nunha espectacular acción de protesta contra a persecución ó cerco galego , nengunha cámara da galega e dúcias de antidisturbios adoecendo por apretar o gatillo coma se A Coruña fora o mar de Ceuta e os mariñeiros inmigrantes fuxitivos da miseria, naturalmente alí estiveron os irmáns de GzVideos para informar e desenmascarar o novo aldraxe ó mar galego nas rúas da Conferencia NorOeste...Cerco Sempre , adiante co Varal!!