O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 07, 2014

A DOCE PEGADA DA LNB NA PROCURA DA SOBERANÍA DESPORTIVA E ALIMENTAR!!
















Todo listo e diposto na cociña do Toxo Verde para un novo golpe de tixola da referencial Conferencia Andalucía , coincidindo co incio da semena santa e para animar aínda máis a vindeira xornada na primeira Conf. externa da LNB dispóñense a realizar un espectacular concurso de "Torrijas" que paralelo ás billardas na pista de xogo competiran nas categorías da máis rica, bonita e orixinal.

















Son niste tramo da tempada as Torrijas máis necesarias ca nunca xa que as enerxías cando a loita se recrudece cada vez máis para facerse un sitio no Play Off Nacional de Morrozos un intre clave no que temén os xornais fartos da saturacion de azúcares industriais saturados dos deportes coma o futbol torcen a ollada cara ás pistas da LNB na procura disa autenticidade que o pobo esixe nistes tempos de podredume e miseria moral. Ista find. a terra tremeu cunha dóbel xornada na Sardiñeira  da Coruña e coa abordade do Casino mercantil de Pontevedra.

















Unha invasion a das billarda nos xornais que xa comeza a ser alarmante para ises círculos de porder que ollan cara as pistas da LNB con desacougo cara ista imparábel involucion desportiva en cada un dos recunchos do país . É por elo que seguindo a doce pegada das Torrijas da Conf. Anadaluza en Bretoña xa se preparan as cuncas para o Aberto das Freces e no Porriño as pedras súan ante o que se lles ven enriba ista vindeira fin de semana...Torrijas, Freces , Granito e Billarda Sempre!!