O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 20, 2014

#8f45anos PALANADORES ATRAPADOS NA PODREDUME DA ARAÑEIRA XUDICIAL ANTI-GALEGA!!









Aquela mañá a LNB tamén estaba en Compostela , activistas da LNB nas rúas fronte á manifa do odio destilado polos manifestantes de GaliciaBilingüe e no palacio de congresos donde o daquela o governo bipartito supostamente ía crear unha infraestuctura global de accion para todo o deporte tradicional galego , unha chafullada máis que rematou  esfumandose coma todo o resto daquelas patrañas... Mais ise mesmo día pola tarde nun pavillón de Compostela a LNB celebrou un xa mítico Aberto dos Represariados , en homenaxe ós encausados pola súa activiade de compromiso co país. Así foi aquela xornada de loita e billarda e así ten que ser cada Aberto da LNB porque como expresa o voceiro dos encausados pola defensa da lingua á saida dos xulgados non pode ser que os que atacan e lapidan a lingua de seu estexan okupando postos institucionais e os que a aman e a protexen esteñan sendo xulgados por elo.











Todos os encausados son recoñecidos impulsores da accion da LNB mais un deles , o mítico palanador da Conf. NorOeste Jano , é dos que deixaron fonda pegada nos diferentes abertos nos que participaron , e para mostra ista espectacular imaxe do podium nun Aberto das Letras na Coruña no que Jano acupou o segundo posto e imborrábel tamén a participacion diste activista nun explosivo  Aberto Zoqueiro do día da Patria no mítico espazo de Belvís...Defender a Lingua e Billarda Non pode ser Delito!!