O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, maio 31, 2014

ISTE DOMINGO ABERTO DA FILLOA XOTRAMU-MUIMENTA .. O BRAVÚ ESTOURA EN CADA VARADO!!



















No referencial galiñeiro do festival de Cans os Diplomáticos voltaron bruar cunha espectacular Sesion Bravú , un brutal e incendiario espazo alternativo análogo á pista de terra batide de Conxo donde a LNB celebraba a explosiva edicion 2014 do Play Off Nacional , alí no peito do gran palanador dos Carabullo de Muimenta , Ismael de Outeiro , e no resto dos centos de activistas do palán que estaban alí estouraba en cada golpexo da madeira contra a madeira a raiba e carraxe dos Rastreros e do movemento bravú todo.


















Foi unha tempada iste na que varios palanadores sufriron contratempos deribados do seu paso por diferentes ingresos hospitalarios e precisamente será o gran Ismael Outeiro quen por un contratempo dunha pequena intervencion quirurxica non poderá estar no gran Aberto da Filloa na súa vila mae de Muimenta. Será pois iste domingo 1 de Xuño no marco da gran festa de xogos tradicionais Xotramu donde de novo apartires das 16 h. as billardas voltarán bruar na procura das filloas ...Colle o palán e fura o Nordeste cun seco Varado!!