O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 28, 2014

OS PREMIOS GASTRONÓMICOS MILLO CORVO - CARNELAO Á MELLOR E PEOR TORTILLA DO PLAY OFF NACIONAL INCENDIAN DE NOVO #CONXO2014!!















Carnelao-Facebook ofreceu en exclusiva mundial a brutal imaxe do podium do MilloCorvo-Carnelao á mellor e peor tortilla do Play Off Nacional de Billarda . Carmela de Trouleiros foi a encargada de recoller as mazorcas de MilloCorvo e a botella de Likor Café de mans do Komandante Viana que acredita a súa Tortilla coma a mellor do Play Off Nacional e Xermán da Ekipa-Bítere recibíu o MilloCorvo "Montserrat García" á peor tortilla do Play Off Nacional #Conxo2014.....porque outro xeito de rebelarse e facer tortillas é posíbel!!



















A irrupcion das billardas en Conxo como xa é tradicion troixo tamén consigo a  visibilizacion do conflicto alimentar que ano coa celebracion dun uin ano máis do impresindíbel concurso MilloCorvo-Carnealo que premia á mellor tortilla do Play Off Nacional que iste edicion deu un brutal paso ó fronte premiando tamén a peor creacion de #Conxo2014.  No referencial espazo facebook de Carnelao xa se poden ver nun espectacular primeiro plano as espectaculares tortillas que entraron en concuso.

















Un cualificado Xuri formado por palanadores da LNB percorreu as mesas para catar e desfrutar das diferentes creacions ás que lle foron asignando unha puntuacion . O anti-percorrido gastronímica na procura do MilloCorvo arrincou na mesa dos Billardeiros Musicais de Ribadeo.


















Posteriormente o xuri chimpou cara o salnés para probar a tortilla coa que a tribo da Conf. RíasBaixas se estaban alimentando , o que a posteriori sería o Coroceiro Nacional e o seu rival na final estaban alí , comerían da tortilla istes dous Luas de Zorza??

















E do Salnés á área estornela , os membros do xuri chegaban ó Pino dispostos a probar unhas tortillas que xa coa vista se facía a boca auga .


















Xusto a sensacion totalmante oposta que experimentaron os xuices do MilloCorvo - Carnelao cando chegaron á cata da tortilla de Ras do Eo con ovos de Remourelle que apresentaba un dos membros da decana das franquicia LNB "Ekipa-Bítere".

















E a tension mascábase no ambiente cando o xuri chegou ós territorios gastronómicos da Conf. Sur , alí agardaban as creacions  de Bego de Corredoiras , tan só un par de horas antes proclamada Campioa Nacional Feminina que defendía o título MilloCorvo-Carnelao Marrozos-2013 .

















E dende a Coruña ó igual que fixeron na pista de xogo de Conxo ó conseguir o terceiro posto por equipas no MilloCorpo os Filloas de Sangue tamén querían reivindicarse cun conxuro de patacas e ovos mollados polas brisa atlántica e a forza e compromiso infranqueábel da Laracha alegre e combativa

















E no medio dista boráxine de tortillas o xuri pasouse pola mesa da referencial Conf. Andaluza para saborear a imprescindíbel Manzanilla directmente traída dende o campo base do Toxo-Verde de Cádiz. Nengún Play Off Nacional sen MilloCorvo nen Manzanilla-

















O pesadelo instalouse no corpo dos membros do xurado cando se decataron que gran anti-chef da LNB Pinto estaba exercendo como asesor da gran Dego de Corredeiras mais nen o alento do palán do palanador da Faisca na caluga dos xuices fixo tremar o pulso á hora de puntuar a tortilla da campioa nacional feminina.


















Co corazón e o estómago partido retaron a súa andaina gastronómica os membros do xuri Millo-Corvo Carnelao 2014, foi na mesa dos Gharabotos que compartían coa equipa Andaluza donde o degustaron a creación dos indíxenas de Marín. A  puntacion das creacions do MilloCorvo #Conxo2014 no referencial Carnelao-Facebook!!