O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 16, 2014

#AÑO2014 , SÁE DO RABAÑO....APAGA O MUNDIAL E PARROQUIALÍZATE!!

















Unha noite máxica a vivida por varios activistas da seleccion parroquial de Alto-Minho no Pub Gatos de Melide , ate aló foron o sábado para turrar face a facer co elétriko nun episodio máis do retorno dos Rastreros ó escearios. Sen durmir e sen sede ...así chegou Alto-Minho a polo año2014!!

















Un chisco mais centrados e descansados apresentábanse os palandores e palanadoras Ribadenses dos Billardeiros Musicias, a priori eran a equipa a bater ....e xaora que si!!

















E tentando reporse dun fatal remate de tempada os de Remourelle achegábanse a polo Año dipostos a dar a sorpresa e para elo contaban cun par de reforzos cos que contaban desestabilizar a romana , por unha banda Maria a mítica activista asturiana dos Bulls voltaba a defender as cores e sabores de Bulls e facíao xunto ó Palador e Beisboleiro Domincano Pablo cedido pola súa franquicia irmán da EkipA Bítere.

















E coa boneca e as gorxas quentes despois da gran actuacion en Vilaselán os activistas de Compromiso-Carnelao voltaba a por todas nista nova edición da interparroquial . De novo Michael Matos o palanador e Vitillista dominicano collia o palán para tentar axudar a CC facerse co mítico Año2014.



















Arrincaba o #año2014 baixo unha espesa nevoa que acariñaba o campo de futbol do Iberia en San Miguel , o cedo do arrinque do torneo fixo que alguns activistas lle frouxeaban as pernas xa que almorzaran tan só o mítico leite bebido...

















Non era o caso dos palanadores de Alto-Minho que pese ó espeso do seu inicio con palanadores gatexando tipo Casillas no terreo de xogo pouco a pouco segundo avanzaba o torneo foron facendose donos da pista coma os Ulan Bator Trío cos seus vinilos cor merda se fixeron donos da nosa Mongolia interior...

















Cun trato sutil Pablo , o reforzo dominicano dos Remourelle, tentaba apoiar a galopada dos Bulls no espectacular campo de xogo do Iberia , unha Iberia que pese ó empeño das equipas en lota se vía cada vez máis sumerxida baixo a tutela dos poderosos Billardeiros Musicais de Ribadeo.


















E como xa se foi anuncioando nas redes anti-sociais da LNB Paco de Mafia Galega, chegado directamente dende Xenebra,  aproveitando a súa estancia no país coleu tamén o palán para sustituir a Maria nos Bulls un luxazo do que desfrutaron tamén os de Remourelle ó igual que a participacion da mítica Carmiña sustituindo despois a Paco.


















E despois dun super-intenso día de Billarda e Loita a culler de pau do #Año2014 caeu nas mans dos Remourelle que colleron o trofeo dun dos representantes dos anterirores posuidores Bretonha que ista vez participaba inmerso en Alto-Minho , unha equipa que pese a comezar renqueante rematou facéndose coa segunda praza pasando por riba dos Compromiso-Carnelao que de novo o seu turmalet particular foi o espectacular xantar de irmandade no ultimo cuple .

















E unha vez mais os pronóstico no #año2014 non fallaron , eran a equipa a beter pero unha vez máis deixaron a todo o resto de selección parroquiais abatidas e case sen respiracion no terreo de xogo . Un luxazo competir con istes xenios da billarda... Noraboa Billardeiros Musicais.e adiante co Año Mouro da LNB!!