O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 13, 2014

MUNDIAL NON , CEREIXAS EN VILASELAN , FOLK IN RÍO DE TOURO E AÑO MOURO DO INTER-PARROQUIAL SIIII!!


















Arden as rúas do Brazil e os carreiros de lama na Galiza contra a inxuria e o despilfarro que supón unha nova farsa desportiva chamada mundial de fútebol. Mais nista nosa República Indíxena temos dúas boas vacinas contra ise cancro , por unha banda a posta en marcha da primeira edicion da Copa Galizia de Futbol Gaélico e por outra a nova edicon do xa mítico torneo por equipas da LNB coñecido popularmente coma o Año Mouro do Interparroquial, punta de lanza dunha nova find. a lume da carozo que de seguro eclipsará á mafia da FIFA. as equipas de Muimenta All Stars , Ribadeo, Remourelle e Compormiso-Carnelao dende as 11:30 invadirán o campo de adestramentro do Iberia en Barreiros para loitar polo prezado Año Mouro e liscar coma un gato raxado da augas fervendo do temida Culler da Pau da LNB.
























E simultaneamente ó torneo do Año en Barreiros , nas poderosas terras da área estornela no explosivo marco do Folk In Río de Touro celebrarase unha nova edicion do Aberto de Billarda co luxado dunha apertura protagonizado polas Treboadas de Muimenta.

















E coma gran aperitivo de todo iste asedio billardeiro na parroquia Ribadense de Vilaselán celebraráse iste venres no lusco e fusco unha nova edicion do Aberto de Billarda no marco das festas parroquiais do San Antomio. A quen non lle prestan unhas cereixas para ter unhas caguñas na boca coas que escupirlle á television cando salten ó campo os señoritos da roja??