O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, junho 27, 2014

PIARNU , ORDES , O BIERZO E MARÍN .... CATRO PARTES DUN MESMO TODO!!


















Aterrador é a primeira verba que suxire a espectacular cracion artística do Komandante Hevia para anunciar ó mundo a gran nova edicion do xa mítico Abierto Pitu Caleya de Piarnu , todo un clásico no calendario de verán do universo Liriu que unha vez máis contará coa presenza dun comando LNB con pel de ovella pero subconciente de raposo que tentará cruzar a Ponte dos Santos co Pitu Caleya de volta debaixo do brazo. A cita iste sábado apartires das 12 h. no espectacular marco do campo de futbol de Piarnu ( Castrillón ) - Asturies.

















E simultnáneo á loita polo Pitu Caleya na estacion vella da Pontraga en Ordes as billardas da LNB darán o pistoletazo de saida a unha xornada de festa e loita pola República Galega. A hora como marca o cartaz serán tamén as 12 h. do mediodía unha opcion perfecta para abrir as gorxas cara o explosiva Sesion Vermú que comezará nada máis rematar o Aberto a cárrego do Comboio Republicán.



















E no noso explosivo collage de estalos billardeiros dista gran fin de semana Kamikaze estoura no hemisferio Bierzo uha nova accion que iste domingo vai incendiar a festa dos concellos de León. Será apartires das 17 h. na área deportiva de Columbrianos donde as billardas do Bierzo continarán portando o facho de lume que un día se acendou no campo de futbol de Viladepaus















Lume , paus ese tes sorte algunha sardiña vai ser o que á mesma hora se reparta tamén na Cañota no marco das festas de San Xoan. Coordinado polo referenciais Gharabotos o doimngo pola tarde arrincará a segunda edicion do Aberto Lipi-Lape , Marin e toda a Conf. Sur e Rías Baixas quentan xa os paláns para atizarlle ó lume e de paso roubar uns carros e carretillas...Non imos parar ate xogar en todas partes!!