O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 12, 2014

38 METROS , O NOVO RECORD MUNDIAL DO VARADO IDENTITARIO DE MARCEL PERIS EN BESCANÓ RESOA EN BEGONTE , CHANS E EN TODA A GALIZA BILLARDEIRA!!



















Foi iste pasado fin de semana no que o desporto catalá unha máis unha vez nos envía unha chamorosa sinal que pon en alerta vermella todos os nosos sentidos coma palanadores e palanadoras comprometidos cos nosos rasgos , caracteres e carnets reais de identidade . Na vila de Bescanó no marco das festas maiores diste localidade xerundense , celeboruse por primeira vez a competicion de lanzamento de DNIs que viña precedida de anteriroes competicions celebradas en   Tavèrnoles e la Garriga   polo que xa había marcas precedentes que sinalaban un primeiro record mundial da especialidade que o xa referencial atleta local Marcel Peris dinamitou co seu lanzamento de 38 metros que o catapultou coma novo record-man da especialidade. A espectacular imaxe que temos diante é dun participante no torneo de Bescanó e semella a figura dun palanador sen palán que incia unha carreira... será pois iste estalo quizais o inico da carreira tamén para que unha primeira competicion de lanzamento de DNI teña lugar tamén na Galiza???

























El aínda non o sabe pero o pasado sábado en Begonte iste rapaz ó igual que o resto de participantes no explosivo Aberto de Billarda do festival 27371 do Castiñeiro Milenario estiveron posicionándose para de seguro dentro de moi pouco arrebatarlle o record mundial de lanzamento de DNI español ó gran atleta catalá , unha misión que os referenciais activistas da LNB estiveron inxectando en todos os participantes no Aberto durante e despois da desputa do mesmo...















E ó día seguinte ó igual que os DNIs voaron nas terras irmáns de Bescanó as Cachizas da LNB tamén sobrevoaron a névoa de Chans na celebracion do xa clásico Aberto de verán que guiadas polos Corredoiras alumearon máis unha vez unha AlterNativa estival na vila de Bueu..