O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 27, 2014

...OU SECAN AS FONTES OU RACHAN AS PONTES!!

















Desamoblando as cabezas para amoblarmos o futuro con mobles , paláns e billardas construidos a brosa con madeira pillada directemente do monte ...


















E se ise monte é o do Incio xusto ó carón da pista LNB donde se celebrou a segunda edición do Aberto do Terra Brava mellor que mellor porque segundo as espeluzantes crónicas , vendo que os portadores do material desportivo se retrasaban os bravos activistas do Incio botéronse ó monte con machadas para preparar os paláns e billardas cos que conquistar o futuro..



















E con noite pechada de novo sobre o esceario do Terra Barva escenificouse a explosiva entrega de premios , porque xa se sabe que en agosto e no Incio e coa billarda polo medio... ou secan as fontes ou rachan as pontes!!