O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 05, 2014

"PENA-VERDE" E "POLKA" SELAN NA CADEIRA E EN POL A SÚA PETICION DE ENTRADA COMA EQUIPAS OFICIAIS NA LNB!!




















Así se entra pola pola porta grande na LNB , esculpindo o nome a sangue e lume nun vaso de sidra polo que beben os indomábeis palanadores e palanadoras da nova equipa que dende o monte raso da Cadeira patrimonio de raposos , corvos , pegas e perdices lanzan a súa billarda embeleada pola carraxe para conquistar a universo billardeiro todo.














Coa capela do San Marcos ó fondo , coas as perdices e a figueira coma implacábeis trofeos e testigos mudos da traxedia para o inimigo , unha foto ó final de familia do Aberto na Cadeira inmortalizou a fazaña histórica que situou a Pena-Verde na  órgita colosal da Liga Nacional de Billarda

















Criadas en Sante , ó calor dos fornos que esculpen un dos mellores pans artesáns da Galiza , as perdices do Aberto da Cadeira foron as que dende o palco Vip da LNB análogo ó que deberían ter os estadios de futbol para acomodar ós políticos e banqueiros que asisten de balde ó partidos ... Perdices fóra da Gaiola , políticos e banqueiros á cadea!!

















Moi preto , en Viveiro , simultaneo ó Aberto das pedrices se celebraba o ResuretionFest , alí metaleiro de medio mundo se daban cita para escoitar a bandas coma NOFX ou Megadeth mais na Cadeira andaba tamén a cousa a fume de carozo , tanto que ate as brigadas contra incendios tiveron que facer aparicion alertado ola dimension e intensidade dos golpexos....





Pena-Verde , unha equipa da que comoa os lóstregos na noite emerxen  os golpes das súas poderosas palanadoras ....
















Un Aberto no que Peña , unha das estrelas de Pena-Verde e de seguro nun futuro moi próximo de toda a LNB , deu un puñetazo na terra batida da Cadeira para deixar na cuneta feridos de morte a dous veteráns activistas do palán como son Suso dos Bulls e Xermán da EkipA para deixar de marear as perdices e levalas coma campión absoluto diste xa histórico Aberto na Cadeira.
















E no medio da emoción compartida para celebrar o exitazo niste inicático Aberto das Perdices coordinado polos irmáns de Os Tres Pés como guinda do pastel a unha gran xornada , realizouse a primeira foto de Pena-Verde coma equipa oficial da LNB.

















Mais a brutal corrente de adresións increbantábeis á LNB non arrincou na Cadeira senón que o fixo unha semana antes no explosivo marco do Festival Pol Kultura Aberta donde se realizou o primimeiro Aberto de Billarda da história . Un Aberto coordiando por activistas de Ex-Tension Billarda e alguns membros de equipas chairegas da LNB que certifican que Polka tamén quere coller e oficializar a súa entrada na primeiro liña do fronte da LNB.




















Collaretes billardeiros de Polka participando no Aberto de Pol demostraron desexando dar o chimpo á grande liga e codearse coas estrelas diste desporto que arrinca chantos e invade leiras...


















E foi o mesmísimo Campión Nacional de Varados , Xosé Regueiro , quen estivo en Pol participando niste gran Aberto e apoiando co seu puño e letra dibuxada no ar polo trazo da súa billarda no seu camiño cara ó Varal , a oficialidade de Polka coma nova equipa LNB ....Billarda Sempre, Adiante Polka e Pena Verde na LNB xa!!

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home