O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 13, 2014

Á HORA DO VERMÚ CALVETE EN REMOURELLE E NA NOITE ESTRELADA ROMASANTAS EN POIO!!




















Na fronte unha estrela e nunha man o palán e na outra un vermu , isa é a filosofia brutal coa que os activistas da Norleste afrontan o inminente e incendiario inicio de tempada na conferencia mae , ca imaxe do gran mito da billarda Calvete no horizonte a serpe multicor iste domingo atópase en Remourelle para inxerir o año mouro 2014 , obra e graza dos billardeiros musicais , para coller forzas e coa forza do carneiro enfurecido berrar elato e claro...nen un paso atrás , nen para coller impuso!!



















E coa noite coma aliada de novo os activistas da Billarda 21 arrincaron ista find. botándose á rúa en Poio para desafiar os lobos e raposos da contorna . Unha accion que coa Coroza da LNB descansando no Restaurante Gata Meiga de Poio ofrece todos os ingredentes para que nunha distas , cando o aberto sexa con lua chea , apareza o Romasantas da LNB esixindo o seu palán e billarda...Homes e Mulleres Lobo nas noites billardeiras xa!!