O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 13, 2014

ANATOMÍA DUN ESTOURIDO BILLARDEIRO NA CADEIRA E EN SAN TOMÉ DE PIÑEIRO!!

















Unha das novas franquicais que debutan iste ano na conferecia mae rachou o xeo e as previsions todas coa maxistral xestion dun Abertazo que arrincou os chantos e invadíu de billardas e da filosofía insulxente da LNB a Cadeira e os concello de Trabada , Barreiros e Ribadeo donde os activistas de PenaVerde teñen os seus paláns enxergados...















Enxergados os paláns e as mazas da sidra tamén as teñen os Gharabotos e o resto de palanadores e palanadoras da Conf. Sur que iste domingo en San Tomé de Piñeiro desputaron un novo Aberto puntuábel na indomábel Conf. Sur por donde como as crónicas xornalísticas apuntan a que a billarda volta a estar de moda

















Mazás , sidra e serpes abrazando os carabullos sairon ista fin de semana dos seus furados para afrontar unha nova e emocionate find. de intensiade billardeira nos polos Norte e Sur do universo billarda

















Escearios da emoción e carraxe afastados por anos luz da podredume da Panorama que viron esnaquizado o seu silencio perpértuo pola irrupción do insaciábel verme indíxena
















O mesmo verme indíxena que a centos de km . aparcaba do seu carro ó carón da pista de xogo en San Tome de Piñeiro para mergullarse na mazá da sidra que bañaba cada un gopexos da sepre multicor da Conferencia Sul.


















A terrorifícia e aterradora panorámica do Varal ,  un pesadelo que atormentou a cada un dos palanadores e palanadoras ó carón do San Marcos na Cadeira ...

















... e cada un dos Chupinazos que en Marin desequilibrou a cesta das mazás e a caixa de sidra no Aberto en San Tomé de Piñeiro...



















E a romaría rematou na Cadeira cos Billardeiros Musicais riba do esceario recitando a súa xa tradiconacional sintonia da victoria con Markitos coma campión absoluto e a súa franquicia como dominadora absoluta ó igual ca Chupi dominou en San Tome de Piñeiro co seu certeiro golpexo do palán no vaso de sidra



















E  así remoutou unha gran  xornada máis na gran guerra que a LNB libra de xeito incesante contra os elementos , gañamos unha batalla na que as billardas se misturaron unha vez máis cos casquillos de bala , así queda cada un dos campos de xogo nos que os que os que semella que gañaron non gañaron de todo nen os que a priori semella que perderon o deron todo por vencido...Billarda Sempre , Adiante co Varal!!