O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 20, 2014

O FINISTERRAE E AS TERRAS DE BERGANTIÑOS ....OS DOUS GRANDES RETOS NO RETORNO BRUTAL DA CONFERENCIA NOROESTE!!
















Unha das grandes novas que toda a LNB estaba agardando estourou ista pasada fin de semana nos nosos fuciños disparada dende o facebook oficial da Conf. NorOeste , era o anuncio ós catro ventos da posta en marcha da competicion regular nista mítica confererencia atlantica que arrincará o vindeiro domingo e terá coma grandes retos nistas súas 12 xornadas puntuábeis a expansion polas terras de Bergantiños e polo finisterrae. Nista nova andaina 14-15 a Noroeste consolida o seu día de competicion o domingo e en horario matutino das 11 h...ide pois aguzando as billardas e preparando os paláns, Billarda Sempre , Avante NorOeste!!
















E donde non afloxan o ritmo nen a tiros é no hemisferio sul se fai unha semana se exprimían ate o límite as mazas da sidra de San Tomé de Piñeiro na bipolariade que sustenta Marin ista find unha multitude tomou o Parque Eguren da vila para afrotnar unha nova enganchada puntuábel da Conf. RíasBaixas na que o palanador e maratoniano Ricar arrasou de novo con todo o que se puña por diante...