O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 09, 2014

SIDRA E TERRA VERDE....O ANDACIO BILLARDEIRO ESPÁLLASE ISTA FIND. NA CADEIRA E EN SAN TOME DE PIÑEIRO!!

















A primeira vista semella un sanitario preparandose para atender un doente de ábola , mais en realidade trátase dun palanador ou palanadora da LNB probando o uniforme co que xogar na Cadeira iste sábado no incendiario e impredecíbel Aberto puntuábel da Conf. NorLeste , as prediccion metereolócicas apuntan cara unha tarde de crudeza histórica que obrigará ós activistas da LNB acudir ó terreo de xogo ben abrigados e prevenid@s ante os bafos de auga e vento que se poden producir e máis cando a nova franquicia LNB aborixe da Cadeira PenaVerde tentou ate a extenuacion conseguir o pavillón de Trabada coma altentiva indor para celebrar o Aberto mais incribelmente a nula colaboracion e os continuos atrancos do concello disa vila luguesa fixeron imposíbel isa opcion polo que se apurará ate o máximo a opcion da Cadeira e só en caso extremo se utilizará o Pavillón de San Miguel ( Barreiros ) xestionado iste polo Remourlle Bulls.




Unha semana ista marcada polos continuos abarares da máis raibosa actualidade que desembocou no brutal asasinato do can de palleiro da enfermeira de Becerreá Excálibur , coma o ébola nas rúas e hospitais de Madrid os espectaculares cartaces do Aberto da Cadeira e do Aberto da Sidra de San Tomé de Piñeiro espállanse polas redes antisociais da LNB coa forza dos ouleos de excálibur!!