O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 13, 2014

COLARES DE BUXO BUSCAN PESCOZOS!!



















Non hai ouro no mundo que poida competir cos espectaculares colares de buxo cos que os activistas da Conf. NorOeste agasallan ós palanadores e palanadoras que parcipan por primeira vez nun Aberto , dende logo a febre amiaza extenderse polo que ide preparando os pescozos en todos os frontes LNB...



















E uns pescozos que buscan buxo son o dos activistas da por agora equipa pantasma Xiber, os activistas de Barreiros levan tempo escudriñando a súa entrada na zoa de combate , ista semana , vimos no seu campo base situado no Bar Moderno , unha espectacular municion billardeira preparada para saltar á pista ...atentos porque igual deciden realizar o seu incendiario debú no Aberto de Flores diste sábado en San Miguel de Reinante- Pon o colar de buxo e #faitedaLNB!!