O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 16, 2014

LORENA DOS CRUZAD@S E O COROCEIRO NACIONAL....A CATARSE BILLARDEIRA EN CASTRELO E NO ABERTO DE FLORES!!

















Unha edición máis o mítico Aberto de Flores encheu a cubiteira de xeo do pavillón de San Miguel de Reinante para transformalo  nunha auténtica ola de caldo galego a presión na que coma sempre acontece na LNB coas rabizas , o touciño e os chourizos-billarda desafíar o imperialismo gastronómico e desportivo que azouta a cada segundo e en cada recuncho do noso país.


















Con cada golpexo unha nova alianza , a pé de pista o Círculo Indíxena tecendo estratexias con Carminha coma gran referente para tomar por asalto unha cervexa e con ela na man o poder municipal en cada unha das reservas do noso país ... e xusto ó caron do Círculo a seleccion Itatiana de Lippa-Billarda artellando estratexias para explosiva irrupción da futura Copa Corleone que enfrontará a Italia e Galiza nun mesmo campo de xogo..    



















E coa pega internacionalista da inminente Copa Cantábrica sobrevoando o teito do pavillón de San Miguel xa que iste 29 de novembro a Auténtica voltará a Piedras Blancas para defender a gloria que emerxe do "Castru" dos irmáns do Conceyu Nacional del Liriu


















E tan só a unha presada de km. do pavillón de San Miguel no campo da festa de Castrelo desputábase en Cambados un novo Aberto puntuábel na Conf. RíasBaixas que encorozou aínda máis ó actual coroceiro nacional Xan Rodiño que á continúa enchendo de forza a súa particular lúa de éxito billardeiro



















Un podium que se ben en Cambados se puido axustar ás posíbeis apostas da Quinibillarda en San Miguel todas os condicionantes previos estouraron polos aires cando Lorena dos Cruzad@s fixo estourar a casa de apostas co seu poderoso barreno na pista de xogo co que reivindicou o Palanadora Power no mítico Aberto de Flores acadando o triunfo absoluto cun espectacular único pleno nas cinco carreiras . Noraboa a Xan ,  Lorena e a todas as indomábeis palanadoras da LNB!!